Skip to Content

Índice, Conferencias, Documentación, Eventos, Notas de prensa, Prácticas

PRÁCTICAS: DISECCIÓN DUN CORAZÓN

Este 12 de febreiro os alumnos de primeiro curso de STEMbach realizaron a disección dun corazón de porco, dirixidos pola profesora de Bioloxía do IES Ánxel Fole Lourdes Novoa Álvarez, que xa o ano pasado impartiu esta práctica aos alumnos da primeira promoción deste bacharelato do noso instituto.

Con batas novas, observaron a anatomía externa (aurículas, ventrículos, arterias e venas) e interna (válvula mitral, tricúspide, semilunar…) deste órgano vital. Distinguiron as tres capas do corazón: pericardio, endocardio e miocardio e as súas funcións. Finalmente, repasaron as causas de importantes enfermedades relacionadas co aparato circulatorio: soplos, tromboses, varices, insuficiencias renais, hipertensión, etc.

Álbum: Sen categoría -> Disección corazón

VISITA AO CIAR

Este 5 de febreiro os alumnos de primeiro curso de STEMbach visitaron o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (Castro de Rei), impulsado polo INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial), a Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación. Este centro é pioneiro na integración das Plataformas Aéreas de Investigación e no desenvolvemento de avións remotamente tripulados.

Visitaron as súas instalacións, recibiron información sobre as súas investigacións pasadas e en curso, así como dos congresos e xornadas alí realizadas.

Ademais, informáronos da iniciativa Civil UAVs (de sistemas aéreos non tripulados) da Xunta de Galicia para impulsar unha industria aeroespacial na rexión, onde xa están instaladas compañías como Indra, Babcock e Boeing. Estas empresas atopan en Rozas o apoio do INTA e un emprazamento privilexiado dada a obriga actual para os avións non tripulados de voar só nun espacio restrinxido.

Álbum: Sen categoría -> Visita INTA

ASISTENCIA Á PRESENTACIÓN DE PROXECTOS STEMBACH 2018/2020

Este 29 de xaneiro os alumnos de primeiro curso de STEMbach albiscaron o que lles espera o vindeiro curso. Concretamente, asistiron á presentación de proxectos da primeira promoción de bacharelato STEM do noso IES. Foron 5 os proxectos presentados, dirixidos por titores universitarios da USC, cos seguintes temas: “parentesco no rodaballo” “rendemento dun motor”, “estructuras de agregación de sistemas coloidais”, “determinación de cobre en auga” e “microbiota”. Todos os alumnos avaliaron positivamente a súa primeira toma de contacto coa universidade.

O tribunal avaliador estivo formado por Xoán Carlos Rodríguez García, Laura Sánchez Piñón e Carlos Cazón Rivas. Tendo en conta a nota dos titores e a da presentación, tódolos alumnos STEMbach de segundo curso obtiveron a máxima cualificación. Para rematar, recibiron os seus diplomas de asistencia e aproveitamento.

Álbum: Sen categoría -> Proxectos STEMbach

PRÁCTICAS: PROGRAMACIÓN CON ARDUÍNO 2

Este 22 de xaneiro Carlos Cazón continuou dirixindo aos alumnos de primeiro curso de STEMbach nas súas prácticas de programación con software libre.

Concretamente, programaron cunha placa Arduíno o funcionamento de diodos LEDs de diferentes cores e frecuencias de acendido/apagado. Estes diodos combináronse de diferentes maneiras, empezando polo acendido do LED da propia placa e despois construíndo incluso un semáforo e unhas luces de emerxencia.

Álbum: Sen categoría -> Practicas arduino 2

PRÁCTICAS: PROGRAMACIÓN CON ARDUÍNO

O profesor de Tecnoloxía e director do noso IES, Carlos Cazón, dirixiu aos alumnos de primeiro curso de STEMbach nestas prácticas de programación con Arduíno.

Este 15 de xaneiro empregaron placas de hardware libre para realizar prácticas sinxelas de control de LEDs con software libre. Para realizar estes circuítos revisaron conceptos teóricos e prácticos de electricidade, como resistencias, voltaxes e intensidades. Ademais, viron as múltiples aplicacións posibles destas placas, desde robots a impresoras 3D. Por último, tomaron contacto coa ampla comunidade de usuarios e proxectos dispoñibles.

A vindeira semana este alumnado continuará con outra sesión de prácticas de Arduíno impartidas polo mesmo docente.

Álbum: Sen categoría -> Practicas arduino

PRÁCTICAS: ENSAIOS DE PROPIEDADES MECÁNICAS DA MADEIRA

Despois dun merecido descanso, os alumnos de primeiro curso de STEMbach retomaron a súas prácticas. O profesor de ciclos, Xoán Carlos Rodríguez, e o de Tecnoloxía, Demetrio Hermida, guiaron os ensaios físicos da madeira no laboratorio de ensaios do noso IES.

Este 8 de xaneiro realizaron ensaios estáticos de dureza Brinell e de resistencia á flexión estática, e dinámicos de resistencia ao impacto. Posteriormente, realizaron cálculos segundo as distintas normas destas propiedades mecánicas a partir dos datos experimentais dos seus ensaios.

Os alumnos de segundo curso de STEMbach realizaron o curso pasado prácticas similares impartidas polo mesmo profesorado.

Álbum: Sen categoría -> Practicas madeira
Distribuir contido


by Dr. Radut