Skip to Content

Índice, Conferencias, Documentación, Eventos, Notas de prensa, Prácticas

NANOCIENCIA NO ANO INTERNACIONAL DA TÁBOA PERIÓDICA

Charla maxistral impartida no edificio multiusos da Xunta de Galicia por Luis Liz Marzán, profesor Iberbasque e director científico de CICbiomaGUNE en San Sebastián, co gallo do día da ciencia en galego.

Partindo da táboa periódica e dos elementos químicos descubertos por españois, este lucense falou dos elementos máis importantes para a nanociencia. Concretamente, falou do carbono (grafeno, nanotubos, fullerenos,…), do silicio (e a lei de Moore) e do ouro (tanto da súa investigación, que permite axustar a morfoloxía e cor de nanopartículas deste metal, como dunha síntese sinxela destas partículas que podería facerse nun laboratorio de secundaria).

Este 8 de novembro, despois do recreo, asistiron os alumnos de segundo A de BAC e STEMbach.  Os veteranos do STEMbach xa asistiron o curso pasado a outra charla semellante deste poñente e distinguido científico a nivel internacional, que tamén foi alumno do noso instituto.

Álbum: Stembach2019/21 -> Liz Marzán

VISITA A FRILEA

 O 7 de novembro os alumnos de primeiro curso de STEMbach visitaron o matadoiro de Castro de Ribeiras de Lea, que presta os seus servizos tanto para animais de particulares como de empresas. Visitaron a cadea que nel seguen os animais á inversa, partindo dende as salas de despezar ata ás cuadras de animais vivos (concretamente ese día houbo matanza de porcino e bovino). A razón desta visita invertida foi por razóns hixiénicas, para non lixar as zonas máis limpas.

 Ademais de recibir diferentes explicacións sobre a seguridade alimentaria, puideron ver a trazabilidade da carne en todo momento dende a súa orixe. Presenciaron diferentes probas dentro e fóra do laboratorio. Por exemplo, no laboratorio viron facer a análise da enfermidade coñecida como triquinose porcina, que non se analiza nas matanzas clandestinas. A visita durou ata o remate do recreo da mañá.

 

Álbum: Stembach2019/21 -> Visita a Filea

PRÁCTICAS DE LABORATORIO: PREPARACIÓN DE DISOLUCIÓNS

 O profesor dos ciclos da familia profesional de química do noso IES, Xoan Carlos Rodríguez, dirixiu a preparación de disolucións a partir dun sólido por parte do alumnado de primeiro curso de STEMbach para facer determinacións cuantitativas nun día posterior.

 Este 30 de outubro prepararon disolucións de diferente concentración de sacarosa despois de repasar as unidades de concentración de disolucións e facer os cálculos precisos.

 

Álbum: Stembach2019/21 -> Prácticas laboratorio2

 

 

Entrevista a Silvia Goy pola súa conferencia no IES Lucus Augusti para o alumnado do Stembach.

Ler máis.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut