Skip to Content

Índice, Conferencias, Documentación, Eventos, Notas de prensa, Prácticas

Prácticas de laboratorio: A vida nunha gota de auga

A profesora dos ciclos da familia profesional de química do noso IES, Ana Rodríguez, guiou ao alumnado de primeiro curso de STEMbach para observar diferentes microorganismos de augas acoradas.
Este 23 de outubro atoparon, entre outros, Microcystis Aeruginosa, bacteria tóxica moi resistente presente en moitas augas da nosa comunidade (concretamente do encoro das Conchas da praia fluvial de O Corgo de Muíños, Ourense). Mentres, os alumnos de segundo curso xa están a traballar nos seus proxectos cos titores da USC.

Álbum: Stembach2019/21 -> Prácticas laboratorio 1

A física de partículas e a miña experiencia no CERN

Charla maxistral impartida por Silvia Goy López, doutora en física do CIEMAT, que traballa no detector de partículas CMS do CERN.
Partindo do descubrimento das partículas por orde cronolóxica, esta lucense contou a súa experiencia nesta organización europea para a investigación nuclear.
Este 16 de outubro asistiron os alumnos de primeiro e segundo curso de STEMbach. Os alumnos veteranos deste bacharelato xa recibiron no curso pasado tres charlas sobre a física de partículas, impartidas polos poñentes Alejandro Vilar López, Alexandre Brea Rodríguez e Néstor Armesto Pérez.
Ler máis.

Álbum: Stembach2019/21 -> Conferencia Silvia Goy

Unha visión científica da luz. O método científico

Charla maxistral impartida por Carlos Herrero Latorre, profesor da USC do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía.
Partindo da explicación do método científico, o profesor presentou a teoría da dualidade onda-corpúsculo para explicar a natureza da luz. Tamén explicou outros fundamentos e aplicacións actuais de técnicas espectroscópicas.
Este 9 de outubro asistiron os alumnos de primeiro curso de STEMbach, xa que os de segundo curso deste centro recibiron no outono do ano pasado unha charla similar do mesmo poñente, que abriu as actividades deste bacharelato.

Álbum: Stembach2019/21 -> Conferencia Carlos Herrero

 

 Acto de presentación do STEMbach ao alumnado do IES Lucus Augusti.

O dous de outubro no IES Lucus Augusti tivo lugar a presentación, por segundo curso, do bacharelato de excelencia. Asistiron doce alumnos de primeiro de BAC e outra ducia de segundo curso, seleccionados por expediente académico. Ademais dos profesores desta institución implicados, acoderon tres titores universitarios da USC do campus de Lugo: Aida Jover Ramos, Carlos Herrero Latorre e Paulino Gómez Puertas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut