Skip to Content

Índice, Conferencias, Documentación, Eventos, Notas de prensa, Prácticas

PLANTANDO CARA AO LUME

Charla impartida por Agustín Merino, profesor da USC do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola. Ademais interviñeron Beatriz Omil, doutora deste Departamento e coordinadora de medios aéreos e terrestres para a extinción de incendios na nosa provincia, e Lucía Díaz, alumna do Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza da Facultade de Formación do Profesorado da nosa cidade. 

Presentaron datos do número de incendios en Galicia nos últimos anos, o seu tipo, a súa orixe, intensidade, consecuencias e actuación tanto por parte de particulares como da administración.

Este 18 de decembro asistiron os alumnos de primeiro curso de STEMbach e ao longo deste curso realizarán prácticas de campo. O alumnado de segundo curso deste centro recibiu unha charla formativa e realizou prácticas de mostraxe dentro deste programa de innovación educativa para loitar contra os incendios o pasado curso.

Álbum: Sen categoría -> Plantando cara ao lume

APLICACIÓNS DA REGRESIÓN AO TRATAMIENTO DE DATOS EXPERIMENTAIS

Os profesores do departamento de matemáticas do noso IES, José Luis Iglesias e María José Macía, impartiron un seminario de estatística aplicada para tratamento de datos experimentais ao alumnado de primeiro curso de STEMbach.

Este 4 de decembro explicaron a regresión lineal, polinomial e exponencial empregando o método de mínimos cuadrados. Recordaron os exemplos de axustes lineais e polinomiais xa vistos para os datos de axustes lineais e non lineais. Para o axuste exponencial empregaron datos de presión e temperatura de ebulición e fixeron a regresión tanto coa ecuación linealizada como coa exponencial. Os alumnos de segundo curso de STEMbach realizaron o curso pasado prácticas similares impartidas polo mesmo profesorado.

 

Álbum: Sen categoría -> prácticas matemáticas

A TÁBOA PERIÓDICA: SERVE HOXE

 

Charla maxistral impartida por Manuel Bermejo Patiño, profesor emérito da USC do Departamento de Química Inorgánica.

O investigador e divulgador destacou a vixencia da táboa periódica na aula para facer predicións da reactividade e propiedades dos elementos. Tamén destacou a contribución da química ao estado de benestar actual e falou dos retos dos futuros químicos: ambiente, enerxía,…

Este 27 de novembro asistiron os alumnos de STEMbach, xunto con outros alumnos, profesores e ex profesores de diferentes centros e niveis educativos. Tamén se fixo a presentación ao público da lámina da táboa periódica segundo Mendeleev atopada no noso IES de finais do século XIX, restaurada polo Mupega e que se exporá no museo do Lucus Augusti.

 

 

Álbum: Stembach2019/21 -> Conferencia de Bermejo

Aos tesouros pedagóxicos que custodia o instituto Lucus Augusti únese desde este mércores unha lámina da táboa periódica de Mendeléyev de finais do século XIX e que formaba parte da valiosa colección educativa do primeiro instituto de Galicia.

Ler máis.

 

 

 

 

 

 

 

 

PRÁCTICAS DE LABORATORIO: AXUSTES LINEAIS E NON LINEAIS

Xoán Carlos Rodríguez explicou o funcionamento dun esclerómetro ou martelo de Smith nunha probeta de formigón para obter a súa resistencia á compresión.

Este 20 de novembro os alumnos de primeiro curso de STEMbach fixeron a media e desviación típica dos seus datos para a probeta de formigón e mediante un axuste non lineal (polinómico) obtiveron a partir do índice esclerométrico medio a resistencia á compresión do formigón.

Realizaron tamén axustes lineais empregando as rectas de calibración de datos de refractometría e polarimetría, obtidas por eles o pasado 13 de novembro. A  partir deste axuste lineal determinaron a concentración de azucre dos mostos de concentración descoñecida.

Álbum: Stembach2019/21 -> Prácticas de axustes

PRÁCTICAS DE LABORATORIO: MEDIDAS DE AZUCRE EN MOSTOS MEDIANTE REFRACTOMETRÍA E POLARIMETRÍA

Xoán Carlos Rodríguez dirixiu estas prácticas empregando as disolucións de sacarosa preparadas o 30 de outubro polos mesmos alumnos de primeiro curso de STEMbach (que foron gardadas por conxelación e previamente desconxeladas).

Este 13 de novembro mediron o índice de refracción e a polarización das mostras de diferente concentración de sacarosa para obter as rectas de calibración correspondentes. Tamén mediron un mosto de concentración descoñecida de sacarosa do que, empregando os datos da calibración anteriores, determinaron a súa concentración de azucre.

Álbum: Stembach2019/21 -> Prácticas de refractometría
Distribuir contido


by Dr. Radut