Skip to Content

VISITA AO CIAR

Este 5 de febreiro os alumnos de primeiro curso de STEMbach visitaron o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (Castro de Rei), impulsado polo INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial), a Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación. Este centro é pioneiro na integración das Plataformas Aéreas de Investigación e no desenvolvemento de avións remotamente tripulados.

Visitaron as súas instalacións, recibiron información sobre as súas investigacións pasadas e en curso, así como dos congresos e xornadas alí realizadas.

Ademais, informáronos da iniciativa Civil UAVs (de sistemas aéreos non tripulados) da Xunta de Galicia para impulsar unha industria aeroespacial na rexión, onde xa están instaladas compañías como Indra, Babcock e Boeing. Estas empresas atopan en Rozas o apoio do INTA e un emprazamento privilexiado dada a obriga actual para os avións non tripulados de voar só nun espacio restrinxido.

Álbum: Sen categoría -> Visita INTA


album | by Dr. Radut