Skip to Content

Eventos

PRESENTACIÓN DE PROXECTOS STEMBACH 2019/21

Hoxe, 11 de marzo de 2021, tivo lugar no salón de actos do noso IES a defensa de proxectos STEMbach da promoción 2019/21. Os 5 proxectos presentados, dirixidos por titores universitarios da USC, foron: “uso de plataformas software aplicadas á programación de robots” por David Díaz López e Paula Vázquez Tello; “caracterización quimiométrica de leite ecolóxica” por Diego Piñeiro Lage; “deseño dunha solución que facilite a creación de proxectos de domótica avanzados para espazos intelixentes” por Raquel González e Silvia Vázquez; “drons: realización dun modelo 3D cun DJI Mavic Mini” por Anxo Losada Fernández, Carmen Pérez Varela e Dulce Melody Vila Pérez e “indución dunha mutación en peixes cebra” por Yago Somoza García-Losa, Laura Besteiro Corral e Lucía Álvarez Brito.

O tribunal avaliador estivo formado por Xoán Carlos Rodríguez García, Paulino Martínez Portela e Carlos Cazón Rivas. Un ano máis, tódolos alumnos obtiveron a máxima cualificación e recibiron os seus diplomas de asistencia e aproveitamento.

Álbum: Sen categoría -> proxectos 19/21

VISITA AO CIAR

Este 5 de febreiro os alumnos de primeiro curso de STEMbach visitaron o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (Castro de Rei), impulsado polo INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial), a Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación. Este centro é pioneiro na integración das Plataformas Aéreas de Investigación e no desenvolvemento de avións remotamente tripulados.

Visitaron as súas instalacións, recibiron información sobre as súas investigacións pasadas e en curso, así como dos congresos e xornadas alí realizadas.

Ademais, informáronos da iniciativa Civil UAVs (de sistemas aéreos non tripulados) da Xunta de Galicia para impulsar unha industria aeroespacial na rexión, onde xa están instaladas compañías como Indra, Babcock e Boeing. Estas empresas atopan en Rozas o apoio do INTA e un emprazamento privilexiado dada a obriga actual para os avións non tripulados de voar só nun espacio restrinxido.

Álbum: Sen categoría -> Visita INTA

ASISTENCIA Á PRESENTACIÓN DE PROXECTOS STEMBACH 2018/2020

Este 29 de xaneiro os alumnos de primeiro curso de STEMbach albiscaron o que lles espera o vindeiro curso. Concretamente, asistiron á presentación de proxectos da primeira promoción de bacharelato STEM do noso IES. Foron 5 os proxectos presentados, dirixidos por titores universitarios da USC, cos seguintes temas: “parentesco no rodaballo” “rendemento dun motor”, “estructuras de agregación de sistemas coloidais”, “determinación de cobre en auga” e “microbiota”. Todos os alumnos avaliaron positivamente a súa primeira toma de contacto coa universidade.

O tribunal avaliador estivo formado por Xoán Carlos Rodríguez García, Laura Sánchez Piñón e Carlos Cazón Rivas. Tendo en conta a nota dos titores e a da presentación, tódolos alumnos STEMbach de segundo curso obtiveron a máxima cualificación. Para rematar, recibiron os seus diplomas de asistencia e aproveitamento.

Álbum: Sen categoría -> Proxectos STEMbach

VISITA A FRILEA

 O 7 de novembro os alumnos de primeiro curso de STEMbach visitaron o matadoiro de Castro de Ribeiras de Lea, que presta os seus servizos tanto para animais de particulares como de empresas. Visitaron a cadea que nel seguen os animais á inversa, partindo dende as salas de despezar ata ás cuadras de animais vivos (concretamente ese día houbo matanza de porcino e bovino). A razón desta visita invertida foi por razóns hixiénicas, para non lixar as zonas máis limpas.

 Ademais de recibir diferentes explicacións sobre a seguridade alimentaria, puideron ver a trazabilidade da carne en todo momento dende a súa orixe. Presenciaron diferentes probas dentro e fóra do laboratorio. Por exemplo, no laboratorio viron facer a análise da enfermidade coñecida como triquinose porcina, que non se analiza nas matanzas clandestinas. A visita durou ata o remate do recreo da mañá.

 

Álbum: Stembach2019/21 -> Visita a Filea

 

 Acto de presentación do STEMbach ao alumnado do IES Lucus Augusti.

O dous de outubro no IES Lucus Augusti tivo lugar a presentación, por segundo curso, do bacharelato de excelencia. Asistiron doce alumnos de primeiro de BAC e outra ducia de segundo curso, seleccionados por expediente académico. Ademais dos profesores desta institución implicados, acoderon tres titores universitarios da USC do campus de Lugo: Aida Jover Ramos, Carlos Herrero Latorre e Paulino Gómez Puertas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut