Selector rápido de contidos

Novas de FP

Recursos para a docencia en liña. Licenza gratuíta de autoSIM-200

Novas de FP - Mér, 01/04/2020 - 07:55

SMC International Training ofrece, sen custo, unha licenza de autoSIM-200 válida ata o próximo 1 de xullo de 2020. Este software permite deseñar e simular circuítos pneumáticos, electroneumáticos, hidráulicos e electrohidráulicos, así como crear máquinas virtuais controladas polo PLC virtual que inclúe.

A Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será o 7, 8 e 9 de xullo

Novas da Consellería - Lun, 30/03/2020 - 17:42
Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG)acordaron hoxe fixar nos días 7, 8 e 9 de xullo as datas da convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia para este ano. Trátase das datas nas que estaba prevista –con anterioridade á crise sanitaria– a proba extraordinaria en Galicia.

Deste xeito, cúmprese co prazo establecido a semana pasada en conferencia  sectorial para facer estas probas, que quedara fixado entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo. No caso da proba extraordinaria, as partes acordaron agardar para a súa fixación, tendo en conta que –segundo o proposto polo Ministerio na conferencia sectorial – debería celebrarse antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.

A conselleira reiterou a necesidade de que as probas deste ano garantan de forma especial a igualdade de oportunidades e a equidade no acceso á Universidade. Neste sentido, trasladou aos representantes da CIUG que na conferencia sectorial o Ministerio propuxo un modelo de exame similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e cunha maior opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

Tanto a Consellería como a CIUG coincidiron en que un modelo de exame como o que estaba previsto contribúe a dar tranquilidade ás familias e, sobre todo, ao alumnado, que vén traballando sobre un determinado tipo de exercicios para preparar as probas.

Acceso á universidade Bacharelato Universidade Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Secretaría Xeral de Universidades Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo Profesorado Alumnado Familias Centros

Mañá abre o prazo para que as familias soliciten as axudas de comedor escolar mentres estean suspendidas as clases presenciais

Novas da Consellería - Lun, 30/03/2020 - 11:04

Summary: 

Poderán acollerse a estas axudas as familias que durante o curso teñen o comedor de balde ou pagan 1 €/día por menú nos comedores escolares xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Tal e como se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, o prazo para solicitar as axudas estará aberto ata o día 6 de abril As solicitudes deberán tramitarse de xeito telemático na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://.sede.xunta.gal ), e no caso de que as familias non dispoñan de acceso electrónico, poderán solicitar a colaboración do seu centro educativo A Consellería de Educación destina un total de 3 millóns de euros para asumir a compensación do custe diario por comensal ás familias Idioma Gallego

A partir de mañá e ata o vindeiro día 6 de abril, permanecerá aberto o prazo para solicitar as axudas de carácter directo dirixidas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar cuxo servizo xestiona a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, mentres estean suspendidas as clases presenciais.

Deste xeito, a Consellería de Educación aboará os menús escolares de todos os días lectivos mentres estean suspendidas as clases presenciais a aquelas familias que durante o curso son beneficiarias dunha bolsa de comedor gratuíta (que non pagan nada polo servizo) ou semigratuíta que pagan 1 euro/día, naqueles centros públicos cuxo servizo de comedor está xestionado pola Consellería.

Presentación de solicitudes

Tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, a solicitude formal deberá presentarse de xeito obrigatorio a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (httos://sede.xunta.gal). Naqueles casos nos que as familias non dispoñan de acceso electrónico, poderán solicitar a colaboración dos equipos directivos dos centros de ensino onde estean escolarizados os seus fillos.

Cada familia presentará unha única solicitude na que incluirá a totalidade dos fillos e fillas (cada un deles debidamente identificado) que sexan comensais gratuítos e semigratuítos de 1 € no comedor escolar xestionado pola Consellería nun centro de ensino público; así como a información da conta bancaria onde realizar o ingreso da compensación.

Segundo os datos da Consellería, a xaneiro do presente curso, o número de beneficiados por esta medida son preto de 45.000 alumnos, a razón de 40.480 usuarios con comedor gratuíto e 3.813 semigratuíto que pagan 1 euro. Así, no caso dos usuarios de comedor gratuítos a Consellería aboaralles 2,5 euros/día, e no caso dos usuarios semigratuítos recibirán 1,5 euros/día durante os 14 días lectivos computados durante a vixencia da declaración da situación de Emerxencia Sanitaria.

Para tal fin a Consellería de Educación vén de habilitar un crédito de 3 millóns de euros, que é o estipulado para atender os 14 días lectivos que van entre o comezo da suspensión da actividade lectiva presencial e dos servizos educativos complementarios o pasado 16 de marzo ata o día 12 de abril; así como unha previsión no caso dunha eventual segunda prórroga da situación de alarma.

Bolsas Comedores escolares Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Servicio de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes non Universitarios Alumnado Familias Centros

Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19

Novas da Consellería - Lun, 30/03/2020 - 09:34
Idioma Gallego

Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).

  • Tendo en conta a especial vulnerabilidade do colectivo beneficiario e a inmediatez con que debe de ser atendido, establécese un prazo especial de presentación de solicitudes para atender o pagamento das compensacións que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o 6 de abril, ambos os dous incluídos.
     

File: 

Orde do 27 de marzo de 2020 (DOG)

Tema: 

Bolsas Comedores escolares

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Secretaría Xeral Técnica Subdirección Xeral de Recursos Educativos Complementarios Servicio de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes non Universitarios

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros

Os contidos dixitais do proxecto E-Dixgal xa están a disposición dos centros educativos galegos

Novas da Consellería - Lun, 30/03/2020 - 09:00
Idioma Gallego

Dende o luns, 30 de Marzo, grazas á colaboración das empresas provedoras de contidos educativos dixitais do proxecto E-DIXGAL, estarán a disposición dos centros educativos galegos os contidos dixitais empregados en dito proxecto. Os centros que desexen empregar ditos recursos, deberán solicitalo a cada unha das empresas a través do seguinte procedemento:

 

aulaPlaneta

  • Mediante este formulario de solicitude
  • Posteriormente, para habilitar dito acceso gratuíto ata finais do curso, aulaPlaneta contactará co centro para realizar o proceso de rexistro dos usuarios (docentes e alumnado), mediante unha folla de cálculo.
  • Pódese solicitar acceso aos contidos de 5º e 6º de Educación Primaria, e de 1º a 4º da ESO.
     
  • Adicionalmente, para facilitar o uso didáctico dos recursos, o profesorado poderá acceder a diario a webminars e propostas didácticas a través do seguinte formulario

Edebé

  • Mediante o formulario de solicitude accesible no enderezo https://links.edebe.com/licencias
  • Ou chamando ao teléfono 902 44 44 41 de luns a xoves de 8:00 a 18:00 e os venres de 8:00 a 14:00
  • Pódese solicitar acceso aos contidos de todos os cursos de Educación Primaria, ESO e Bacharelato

Netex Smart

  • Mediante un correo electrónico ao enderezo  oficinatecnicantx@netexlearning.net  indicando o nome completo do solicitante, o teléfono ou correo electrónico de contacto, o código e nome completo do centro para o que se efectúa a solicitude, e os cursos e materias para os que se solicita o acceso  (de  5º e 6º de Educación Primaria, e 1º e 2º de ESO).

Pearson

 

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias Centros

“Servizos dixitais educativos”, novo temático no portal espazoAbalar

Novas da Consellería - Sáb, 28/03/2020 - 14:23
Idioma Gallego

Xa está dispoñible un novo apartado no portal espazoAbalar no que se recollen os principais servizos dixitais educativos que están a disposición da comunidade educativa para organizar o seu traballo: páxinas web dos centros en Webs dinámicas, aulas virtuais, app de comunicación abalarMóbil para familias, servizo de comunicación espazoAbalar para profesorado e centros, servizo de videoconferencia, ferramenta de portfolio Agueiro, rede social do profesorado Redeiras, libro dixital E-Dixgal, e Escolas Na Nube.

Ademais, a partir da vindeira semana, iranse incluíndo neste espazo videotitoriais que expliquen de forma sinxela o uso destas ferramentas ao profesorado que o necesite.

O enderezo de “Servizos dixitais educativos” é:

 

 

Tema: 

Sitio web

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias Centros

Materiais e recursos didácticos nas ensinanzas de FP

Novas de FP - Ven, 27/03/2020 - 17:32

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, coa finalidade de facilitar e garantir a mellor formación posible ao alumnado de formación profesional nesta situación de illamento creada pola pandemia do COVID-19, pon a disposición de todo o profesorado que imparte docencia nas ensinanzas de formación profesional materiais didácticos de apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe.

Seguindo as instrucións do vídeo, pódese acceder aos recursos educativos elaborados polo propio profesorado de formación profesional, no marco de licenzas de formación convocadas durante os últimos oito anos.

Progresivamente iranse incorporando os materiais didácticos que se están a utilizar nos ciclos que se ofertan na modalidade de formación profesional a distancia en Galicia e posteriormente doutros ciclos formativos.

Nota: Para acceder aos recursos é necesario identificarse na aplicación Programacións.

Outros recursos:

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Sedes e listaxes definitivas de solicitudes e exencións. Convocatoria 2020

Novas da Consellería - Ven, 27/03/2020 - 14:36
Idioma Gallego

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes, a resolución definitiva de exencións e a asignación de centros e sedes para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2020.

 

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado Centros

Probas de acceso grao superior. Sedes e listaxe definitiva solicitudes e exencións. Convocatoria 2020

Novas de FP - Ven, 27/03/2020 - 13:38

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2020.

Publicada a asignación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2020.

- Máis información sobre a convocatoria

Consenso xeneralizado entre Ministerio e CCAA en manter o calendario escolar e aprazar a ABAU

Novas da Consellería - Mér, 25/03/2020 - 15:31

Summary: 

Carmen Pomar participou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación Avaliarase o segundo trimestre co traballo feito e modificaranse os contidos e competencias do terceiro A ABAU desenvolverase antes do 10 de xullo, no caso da convocatoria ordinaria, e antes do 10 de setembro, no caso da extraordinaria Ministerio e comunidades coinciden na necesidade garantirlle a equidade ao alumnado e de reducir incertezas Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central. No encontro houbo consenso xeneralizado de manter o calendario escolar, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de continuidade e normalidade respecto ao ámbito académico.

Nesta liña, acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril. Ademais, decidiuse suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica. Carmen Pomar agradeceu o esforzo que están a facer tanto docentes como familias para manter a poboación escolar activa e contribuír así á normalidade nesta situación excepcional.

Na súa intervención, a conselleira tamén reiterou a conformidade de Galicia co aprazamento da ABAU e co modelo de exame proposto polo Ministerio, como medidas necesarias para garantir a equidade a todo o alumnado que se presente ás probas de acceso á universidade. 

Así, na xuntanza consensuouse que as datas para a convocatoria ordinaria se sitúen entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo, e para a extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes. Canto ao exame, acordouse manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

Neste sentido, a conselleira avanzou que convocará proximamente a CIUG para abordar este tema e indicou que os tres reitores do Sistema Universitario de Galicia xa lle manifestaron a súa total colaboración para garantirlle ao alumnado a equidade no acceso á universidade.

Formación Profesional

Canto á Formación Profesional, insistiuse na necesidade de garantir que todo o alumnado titule, para o que o Ministerio anunciou a publicación dunha norma que vai fundir nun único módulo os actuais de Formación en Centros de Traballo (FCT) e de Proxecto. No caso dos ciclos de grao medio e na FP Básica, onde non existe módulo de Proxecto, establecerase un traballo final.

Na Conferencia analizouse tamén a convocatoria das oposicións ao ensino en cada Comunidade. Este tema, dada a heteroxeneidade de situacións, abordarase a vindeira semana nunha xuntanza específica.    

Cómpre sinalar tamén que a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, demandoulle ao Goberno central un plan que permita a distribución de recursos para acabar coa fenda dixital nas comunidades con maior dispersión xeográfica, como é o caso de Galicia. A petición foi realizada por outras CCAA, como Asturias, Cantabria e Castela León. Trátase así de garantir o acceso de toda a poboación escolar á educación en liña.

 

Acceso á universidade Bacharelato Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Profesorado Alumnado Familias Centros

Posposto o 12º Concurso de Prototipos "Dixitalización na Industria 4.0"

Novas de FP - Mér, 25/03/2020 - 14:14

O 12º Concurso de Prototipos "Dixitalización na Industria 4.0", convocado por Siemens, foi posposto debido á crise sanitaria do COVID-19. En principio, o concurso volverá a ser convocado en outubro deste ano.

A conselleira de Educación, os reitores e a ACSUG reúnense para coordinar a acción universitaria durante a suspensión das clases

Novas da Consellería - Mar, 24/03/2020 - 17:38
Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e os reitores das tres universidades galegas, Antonio López (USC), Manuel Reigosa (Uvigo) e Julio Abalde (UDC) reuníronse esta mañá por videoconferencia para coordinar as actuacións en materia universitaria durante o período de suspensión das clases.

Entre outros asuntos abordouse a necesidade de estudar polo miúdo as posibilidades para a realización das prácticas dos estudos de grao e máster, así como o desenvolvemento e seguimento das clases no ensino universitario, cuestión que as universidades están a abordar desde a súa propia autonomía.

A conselleira aproveitou o encontro para agradecerlles aos reitores o compromiso das universidades para colaborar na loita contra o COVID-19, tanto no referido á actividade investigadora como á posta a disposición de material e persoal.

Por outra banda, a conselleira informou de que mañá está convocada a unha videoconferencia coa ministra de Educación, Isabel Celaá, e cos responsables dos departamentos de Educación do resto das Comunidades Autónomas, xuntanza na que espera que se aborden cuestións como a celebración da ABAU.

Así mesmo acordouse manter contactos semanais con representantes das universidades. O obxectivo é facer un seguimento da situación e tomar as decisións oportunas para adaptarse ás circunstancias cambiantes, así como avanzar en cuestións que permitan, no seu momento, retomar a actividade universitaria con normalidade.

Información xeral Universidade Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Secretaría Xeral de Universidades Profesorado Alumnado

Educación traballa co Ministerio para asegurar o remate do curso e a continuidade dos itinerarios formativos ao alumnado de formación profesional

Novas da Consellería - Mar, 24/03/2020 - 15:36

Summary: 

O director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, participou esta mañá nunha reunión por videoconferencia coa secretaria general de Formación Profesional do Ministerio, Clara Sanz, e os seus homólogos das outras Comunidades Autónomas Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e o Ministerio de Educación y Formación Profesional, xunto co resto das Comunidades Autónomas, están a traballar de xeito conxunto e coordinado co obxectivo de asegurar tanto o remate do curso como a continuidade dos itinerarios formativos a todo o alumnado de FP (isto é, que os de grao Medio poidan acceder a grao Superior e os de Superior á Universidade).

Este foi o eixe de debate da reunión de traballo de hoxe por videoconferencia entre a secretaria general de Formación Profesional do Ministerio de Educación y FP, Clara Sanz,  e os representantes de todas as CCAA, e na que por parte de Galicia interveu o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira.

Na xuntanza houbo un consenso en canto á necesidade de habilitar os mecanismos necesarios para garantir a finalización do curso a todo o alumnado de FP en xeral e, sobre todo, no que atinxe aos que cursan a modalidade de FP Dual ou a FCT (Formación en Centros de Traballo).

No que atinxe á FCT (que consta dun módulo de formación en empresa e outro de proxecto supervisado polo centro), a proposta é que, sempre que sexa posible, se realice nos centros de traballo o mínimo de horas establecido pola normativa para cada caso, segundo se trate de grao medio, de grao superior ou de FP Básica.

De non ser posible completar as horas en empresa debido ás circunstancias actuais de Estado de Alarma, a opción que se baralla é que esas horas queden compensadas a través do proxecto. É dicir, favorecer a integración dos dous módulos (empresa e proxecto) nun único, de xeito que as horas que non se poidan executar en presencial en empresa se compensen coas de proxecto, no caso dos ciclos de grao superior. Para ciclos de grao medio e FP Básica, que non teñen módulo de proxecto, acordouse artellar fórmulas análogas.

En todo caso, o Ministerio de Educación comprometeuse coas Comunidades Autónomas a remitirlles as medidas a compensar nesta modalidade de Formación Profesional co fin de elevar un documento normativo consensuado ao Consello de Ministros, que é o órgano competente para aprobar dita regulación.

Respecto á modalidade de FP Dual, debido á grande variedade que existe nesta modalidade de formación segundo a comunidade autónoma de que se trate, o Ministerio comprometeuse a elaborar un documento xeral no que se recollan todas as casuísticas, aínda que sempre mantendo a premisa de garantir o remate do curso escolar para todo o alumnado.

No caso concreto de Galicia, a Consellería de Educación vai facer un seguimento individualizado destas ensinanzas xa que, por exemplo, nos ciclos ordinarios, hai grupos que xa remataron a formación en centros e outros estana facendo con normalidade, posto que o seu sector non está afectado pola declaración de Estado de Alarma. No caso do alumnado que veu interrompida a súa formación de prácticas en empresas, a Consellería tamén vai garantir o remate do curso escolar a través de mecanismos que se irán perfilando e que poden ser, segundo os casos, aplicar os mesmos mecanismos que para os FCT, ou ben permitir a incorporación á empresa unha vez que deixe de estar en vigor o decreto, e con reforzo académico se fose o caso.

Por outra banda, tamén se abordou o tema das probas de acceso a grao medio e superior, unha cuestión que en Galicia non afecta nestes momentos posto que o proceso de inscrición xa estaba rematado e pechado. Polo tanto, a Consellería ten capacidade e dispoñibilidade para organizar con normalidade as probas unha vez que se levanten as restricións actuais.

 

Información xeral Formación Profesional inicial Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Formación Profesional Profesorado Alumnado Centros

Vixilancia da Saúde Persoal Centros Curso 2019/2020

Novas da Consellería - Mar, 24/03/2020 - 15:18
Idioma Gallego

Informámoslle que nestes momentos de incertidume xerada pola crise sanitaria do COVID-19, e polo que respecta ao desenvolvemento da campaña da vixilancia da saúde do persoal de centros educativos do curso 2019/2020, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional co gallo de garantir o dereito ao recoñecemento médico solicitado con carácter voluntario pola persoa interesada, manterá o servizo médico alleo contratado para os efectos, sempre que se manteñan as recomendacións das autoridades sanitarias.

Non obstante, ante a prioridade de previr e minimizar calquera posible afección e así poder continuar coa campaña, para aquelas persoas que quixeran modificar a súa cita analítica por verse afectada por estas circunstancias excepcionais dende a declaración do estado de alarma do pasado 14/03/2020, amplíanse as axendas médicas ata finais do curso. A dita modificación poderase facer a través do aplicativo no que solicitaron o recoñecemento médico, sen aplicación do límite de 5 días previos para o caso, e mentres dure o mentado estado de alarma.

Para calquera incidencia técnica deberase poñer en coñecemento para a súa solución ao soporte técnico establecido (UAC) nos teléfono ou correo que a continuación se indica:

881 99 77 01

uac@edu.xunta.es

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Secretaría Xeral Técnica Servizo de Prevención de Riscos Laborais

Colectivo: 

Profesorado Centros

Suspensión da formación dos Cursos de Prevención de Riscos Laborais en materia de primeiras axudas, alerxias varias, intolerancias alimentarias e riscos varios específicos

Novas da Consellería - Mar, 24/03/2020 - 15:15
Idioma Gallego

As edicións formativas presencias que se vexan afectadas pola situación actual xerada pola crise sanitaria do COVID 19, e co obxectivo de que a dita formación poida manterse coa máxima calidade, quedarán suspendidas ata novo aviso, no que se comunicarán as novas datas dispoñibles.

Tema: 

Información xeral

Departamento: 

Secretaría Xeral Técnica Servizo de Prevención de Riscos Laborais

Colectivo: 

Profesorado Centros

Novas instrucións a equipos directivos de presenza en centros

Novas da Consellería - Dom, 22/03/2020 - 16:41
Idioma Gallego

Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de máis de seis unidades permanecerá, a partir do luns 23 de marzo, unha persoa do equipo directivo do centro o tempo que considere preciso para atender ao alumnado e as familias, así como para a verificación do funcionamento das infraestruturas tecnolóxicas do centro e do estado do propio edificio educativo.

Tema: 

Información xeral

Departamento: 

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Colectivo: 

Centros

Resolución definitiva do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos e PES, PT, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores de Educación para o 2020

Novas da Consellería - Ven, 20/03/2020 - 12:01
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos e PES, PT, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores de Educación para o 2020

Publicadas:

Resolución do 20de marzode 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as vacantes definitivas que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

Resolución do 20 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm.200, do 21 de outubro)

 

Servizo relacionado: 

CXT

Tema: 

Concurso de traslados

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Suspensión dos prazos das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG para o ano 2020

Novas da Consellería - Ven, 20/03/2020 - 11:15
Idioma Gallego

Orde do 13 de marzo de 2020 pola que se suspenden prazos da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento ED431H e ED431I)

Anuncio principal: 

Axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG para o ano 2020

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Planificación e Estruturación de Investigación

Colectivo: 

Alumnado

Educación publica unha guía para a aprendizaxe a distancia durante a suspensión das clases polo COVID-19

Novas da Consellería - Xov, 19/03/2020 - 11:25

Summary: 

O Centro Autonómico de Formación e Innovación do Profesorado (CAFI) porá esta información a disposición dos docentes O departamento educativo da Xunta conta con ferramentas TIC propias suficientes para o desenvolvemento do ensino a través da rede AbalarMóbil incorpora un servizo de mensaxes para facilitar o contacto das familias cos centros Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de difundir, a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación do Profesorado (CAFI) e da súa rede de formación permanente, unha guía para facilitarlles aos docentes a aprendizaxe a distancia durante o período de suspensión das clases polo COVID-19.

A guía (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30573) recomenda facer unha planificación preliminar desde a titoría e non por materia, co obxectivo de non sobrecargar con tarefas o alumnado e de establecer rutinas que permitan un esquema de traballo similar ao habitual, na medida do posible.

No referido ás ferramentas que se poden usar, a guía recomenda empregar as institucionais, como as que proporciona a Consellería, que permiten enviar os contidos, recibir as tarefas e traballar en equipo. En calquera caso, indica que se seleccionaran outras diferentes sería recomendable consensualas entre todo o profesorado para facilitarlles o acceso ás familias.

Neste sentido cómpre lembrar que o departamento educativo da Xunta de Galicia pon ao dispor de cada un dos centros educativos unha aula virtual creada no entorno Moodle así como outras plataformas institucionais coma Agueiro (ferramenta corporativa de creación de portafolios dixitais educativos), Redeiras (rede social do profesorado galego), Espazo Abalar (repositorio de contidos educativos da Xunta de Galicia) e abalarMóbil.

Esta última aplicación permite, ademais, que as familias consulten información dos seus fillos a través do teléfono móbil desde calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Así, van poder consultar os posibles avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo a través dun servizo de mensaxes que  ten como obxectivo prioritario facilitar a comunicación das familias co centro educativo.

Tamén se lles ofrece aos docentes orientacións técnicas para a creación de vídeos e materiais (arredor das licenzas axeitadas, limitación de espazos), así como unha descrición do posible desenvolvemento dunha xornada lectiva a través da rede.

Doutra banda, o documento relaciona diferentes espazos virtuais con recursos educativos de diferentes materias e niveis, unha listaxe de ferramentas específicas con diversas aplicacións (de debuxo técnico, software matemático, deseño 3D, aprendizaxe de linguas, etc). Así mesmo recorda que as webs de institucións como museos e pinacotecas (como o Museo do Pobo Galego, o MUPEGA ou o Museo do Prado, entre moitos outros) ofrecen percorridos virtuais e materiais didácticos.

Formación e asesoramento

Por último, a guía recorda as opcións do profesorado galego para a teleformación e asesoramento, tanto a través da plataforma da Rede de Formación do Profesorado, Platega, que continúa a desenvolverse con normalidade, como a través dos contidos en aberto que anuncia o CAFI a través das súas redes sociais.

En calquera caso, todos os docentes que  precisen resolver dúbidas poden contactar  co persoal asesor da Rede de Formación.

Información xeral Formación Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Profesorado Alumnado Familias Centros

Powered by Drupal - Design by artinet