Selector rápido de contidos

Validacións

Normativa sobre validacións e exencións

Validacións de módulos profesionais

1. GUÍA BÁSICA DE VALIDACIÓNS:

2. XENERALIDADES:

Calquera estudante que se matricule nun ciclo formativo e que teña superados módulos profesionais noutros ciclos ou que teña acreditadas unidades de competencia, pode solicitar a validación dun ou máis módulos nos que estea matriculado.

3. PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:

  • Requisitos:

    • O solicitante debe estar matriculado nun centro docente autorizado e presentar a solicitude de validación perante a dirección do centro educativo dentro dos primeiros 20 días de inicio das clases

  • Documentación necesaria:

    • A solicitude formalizarase no modelo de instancia establecida na Orde do 12 de xullo de 2011. Acompañarase de: 

      • Fotocopia compulsada do DNI.
      • Certificación académica oficial dos estudos cursados, segundo o anexo X da Orde do 12 de xullo de 2011 ou de certificado de profesionalidade ou da acreditación parcial a que se refire esta orde.
      • O alumnado que teña estudos universitarios debe achegar os programas daquelas materias cursadas que podan ser validables polos módulos profesionais. Neste caso tanto o certificado de estudos como os programas deben estar en castelán posto que hai que remitiñlos ao Ministerio

4. RESOLUCIÓN:

Antes do día 5 de decembro de cada ano, a dirección do centro público debe resolver ou, se é o caso, remitir ao órgano competente as solicitudes de validacións.

Mentres que non se resolven as validacións, o alumnado debe asistir ás clases en tanto non se lle comunique a resolución favorable destas.

 


Documentos asociados:

Powered by Drupal - Design by artinet