Validación de módulos profesionais
Validación de módulos profesionais
Coa publicación do Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema da formación profesional e do Real decreto 500/2024, do 21 de maio, polo que se modifican determinados reais decretos polos que se establecen títulos de formación profesional de grao superior e se fixan as súas ensinanzas mínimas, modifícase o Real decreto 1085/2020, do 9 de decembro, polo que se establecen as validacións de módulos profesionais dos títulos de formación profesional do sistema educativo español e as medidas para a súa aplicación e se modifica o Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo español.
Anexos do Real decreto 1085/2020, do 9 de decembro:
- Anexo I. Validacións de módulos profesionais LOXSE achegando estudos LOXSE.
- Anexo II. Validacións de módulos profesionais LOE achegando estudos LOXSE.
- Anexo III. Validacións de módulos profesionais LOE achegando estudos LOE.
- Anexo IV. As validacións de módulos profesionais de títulos LOE publicados a partir do 5 de marzo de 2017, están recollidas nos reais decretos dos títulos que regulan as súas ensinanzas, agás as que figuran neste anexo (validacións adicionais).
Información sobre validacións na formación profesional. Guía
Modelos de solicitude de validación de módulos profesionais
Solicitudes resoltas pola Dirección do centro educativo
Solicitudes resoltas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes
Normativa relacionada
- Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema da Formación Profesional
- Orde do 12 de xullo de 2011, pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial.
- Resolución do 10 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o de-senvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2024/25.