Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Admisión
Admisión a ciclos formativos.
O PROCESO DE ADMISIÓN EN FORMACIÓN PROFESIONAL
Para estudar formación profesional, tanto no réxime ordinario como no de persoas adultas nos centros docentes sostidos con fondos públicos, é necesario participar nun proceso de admisión.
Este proceso determina os requisitos de acceso que deben cumprir os solicitantes, así como os prazos de presentación de solicitudes e matrícula.
- O prazo de inscrición para o curso 24/25 e do 24 xuño ás 9:00 ao 4 xullo ás 13:00 horas. Neste período, as persoas interesadas deben presentar unha solicitude de admisión a través dun programa en liña propio da Consellería, que centraliza todas as solicitudes.
Toda a información sobre o proceso de admisión e matrícula pode consultarse na web de formación profesional.
MATRÍCULA:
As persoas que realicen a matrícula/reserva vía web DEBERÁN ACHEGAR O XUSTIFICANTE DE TER ABONADO O SEGURO ESCOLAR ANTES DA PRIMEIRA SEMANA DE CLASE.
No caso de facer a matrícula presencial no centro, a documentación que hai que aportar é a que segue.
-
CICLOS FORMATIVOS:
-
Sobre e impreso de matrícula (recóllese na conserxería nos prazos de matrícula).
-
Fotocopia do DNI
-
Certificado dos estudos alegados, se non se achegaron coa solicitude no CIFP Leixa
-
Recibo de ter abonado o seguro escolar (agás exentos/as). O seguro é de 1,12 € a ingresar na conta de //ABANCA ES54-2080-0233-12-3040010608.
-