Selector rápido de contidos

blogue dedireccion

Admisión. Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes

Admisión. Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes -

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde as 9:00 horas do día 18 de xullo ata as 13:00 horas do día 24 de xullo de 2018. Abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

 

Réxime ordinario

 

Réxime para as persoas adultas

Modalidade presencial

  • Módulos de grao medio con prazas vacantes (Pendente de publicación)
  • Módulos de grao superior con prazas vacantes (Pendente de publicación)

  
Modalidade distancia

  • Módulos de grao medio con prazas vacantes (Pendente de publicación)
  • Módulos de grao superior con prazas vacantes (Pendente de publicación)

Admisión a ciclos formativos. 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2018

Admisión a ciclos formativos. 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2018 -

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

 

Réxime ordinario

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 17 de xullo ata as 13:00 horas do martes 24 de xullo de 2018. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

Para realizar a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación)

Réxime para as persoas adultas

prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o martes 17 de xullo ata as 13:00 horas do martes 24 de xullo de 2017. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

Para realizar a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

 

Modalidade presencial

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

   

Modalidade distancia

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria 2018

Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria 2018 -

Publicación das listaxes provisionais de solicitantes a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia.

ATENCIÓN: Non son listas de persoas admitidas senón de solicitantes, para comprobar que os datos están ben.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o venres 6 de xullo ata as 13:00 horas do martes 10 de xullo de 2018.

A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a instancia.

- Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a ciclos formativos pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición.

Réxime ordinario

  
Réxime para as persoas adultas

Modalidade presencial

  
Modalidade distancia

 

Oferta formativa de Formación Profesional para o curso 2018-2019 en centros públicos

Oferta formativa de Formación Profesional para o curso 2018-2019 en centros públicos -

Orde do 15 de xuño de 2018 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2018/19.

Orde do 15 de xuño de 2018 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2018/19.

ORDE do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Nas seguintes ligazóns pode consultar os mapas da oferta de formación profesional para o curso académico 2018/2019:

 

Listaxes provisorias de persoal admitido e excluído do concurso-oposición

Listaxes provisorias de persoal admitido e excluído do concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e mestres para o ano 2018 -

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).

  • O prazo de reclamación contra a lista provisoria de persoas admitidas e exluídas comeza o mércores día 23 de maio e remata o martes día 29 de maio de 2018. As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de acordo co establecido na base cuarta da Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG nº57, do 21 de marzo)"
 

Probas de acceso a grao medio. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2018

Probas de acceso a grao medio. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2018 -

Publicadas as instrucións e a asignación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2018.

- Máis información sobre a convocatoria

 

Política Lingüística colabora con PuntoGal nunha campaña con motivo do Día do Libro

Política Lingüística colabora con PuntoGal nunha campaña con motivo do Día do Libro -

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá no IES Leixa de Ferrol, na presentación da campaña da Asociación PuntoGal con motivo do Día do Libro, que se celebrará o próximo 23 de abril. A iniciativa conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Federación de Librarías de Galicia e do IES Leixa e consiste na distribución de cinco orixinais marcadores deseñados polo alumnado deste centro educativo para animar a ler e para estender o uso dos dominios .gal. Cada marcapáxinas inclúe un código que rebaixa o prezo dun dominio .gal a tan só 15 € + IVE.

No acto de presentación, o secretario xeral de Política Lingüística sinalou que “unir o libro e os dominios .gal de internet é xuntar nun mesmo proxecto dous dos axentes máis importantes da cultura galega e en galego, un de tan longa tradición como prometedor futuro e outro que representa a innovación e a extensión da nosa lingua aos novos espazos de comunicación xurdidos nas últimas décadas”.

A canda Valentín García, interviñeron na presentación desta iniciativa o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro; o vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia, Xosé Antón Pedreira e a directora do IES Leixa, Ana María Roel, que actuou como anfitrioa.

12.000 marcapáxinas que unen a lectura e internet

As 12.000 copias de marcapáxinas que integran esta campaña distribuiranse en todas as feiras do libro de Galicia e en case duascentas librarías galegas. Incoporan, en forma de código, a posibilidade de obter un dominio .gal por só 15€ + IVE. Desta maneira, únese nunha mesma acción a lectura e internet , fórmula elixida polos organizadores para celebrar o próximo Día do Libro. Ata fin de existencias, os compradores recibirán un marcapáxinas con cada exemplar adquirido nos establecementos sumados á iniciativa.

A promoción comeza este mesmo 23 de abril e estará activa ata o 31 de agosto. Os códigos poden validarse en calquera das dúas empresas rexistradoras que participan: Dinahosting e CdMon. Toda a información pódese atopar na web do dominio .GAL: www.dominio.gal/promocions.

Participación dos estudantes

Arredor de vinte estudiantes do IES fixeron as súas propostas para animar á lectura, dos que PuntoGal seleccionou cinco modelos finalistas. Os cinco marcapáxinas escollidos, que poderán descargase xunto co resto dos presentados polos estudantes na web de PuntoGal (asociacion.gal), son da autoría de Julio Santiso Barreiro, Aida Bao Estévez, Tamara Álvarez Castro, Natalia Romero Díaz e Borja Rey Estévez.

Presentación do vehículo simulador de accidentes resultado dun proxecto de innovación na FP

Presentación do vehículo simulador de accidentes resultado dun proxecto de innovación na FP -

Hoxe, 15 de febreiro de 2018, tivo lugar a presentación pública do vehículo simulador de accidentes resultado do proxecto "Simulador de rescate de vítimas de accidentes de tráfico", premiado na Convocatoria para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional 2016.

Este proxecto é froito da colaboración entre o CIFP Ferrolterra e o IES Leixa, xunto coa empresa Ambulancias Ferrolanas S.L. e a Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES).

Con esta presentación ponse en valor a calidade e profesionalidade das ensinanzas e centros educativos de Formación Profesional e dáse a coñecer esta ferramenta a outros colectivos relacionados coa seguridade cidadán, aos que lles pode resultar de grande utilidade tanto para a súa formación como para a realización de campañas de sensibilización da condución responsable: Servizo Galego de Saúde, 061, 112, protección civil, bombeiros, empresas de ambulancias, Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE), concellos de Ferrolterra, grupos de emerxencias supramunicipais, Cruz Vermella e outros centros educativos.

Imaxe Portada: 
Imaxe: 
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa

 

Presentación do vehículo simulador de accidentes resultado dun proxecto de innovación na FP

Presentación do vehículo simulador de accidentes resultado dun proxecto de innovación na FP -

Hoxe, 15 de febreiro de 2018, tivo lugar a presentación pública do vehículo simulador de accidentes resultado do proxecto "Simulador de rescate de vítimas de accidentes de tráfico", premiado na Convocatoria para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional 2016.

Este proxecto é froito da colaboración entre o CIFP Ferrolterra e o IES Leixa, xunto coa empresa Ambulancias Ferrolanas S.L. e a Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES).

Con esta presentación ponse en valor a calidade e profesionalidade das ensinanzas e centros educativos de Formación Profesional e dáse a coñecer esta ferramenta a outros colectivos relacionados coa seguridade cidadán, aos que lles pode resultar de grande utilidade tanto para a súa formación como para a realización de campañas de sensibilización da condución responsable: Servizo Galego de Saúde, 061, 112, protección civil, bombeiros, empresas de ambulancias, Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE), concellos de Ferrolterra, grupos de emerxencias supramunicipais, Cruz Vermella e outros centros educativos.

Imaxe Portada: 
Imaxe: 
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa

[Novas de FP]

Os centros de secundaria deberán ofertar a materia de Historia da Filosofía en 2º de bacharelato para todos os alumnos

Os centros de secundaria deberán ofertar a materia de Historia da Filosofía en 2º de bacharelato para todos os alumnos -

Resumo: 
O conselleiro de Educación explicou hoxe no Parlamento de Galicia que o seu departamento non pode cambiar a natureza da materia, pero que establecerá a súa oferta obrigatoria
Terá que cursala, en todo caso, o alumnado da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, explicou hoxe no Parlamento de Galicia que o seu departamento está xa a traballar para dar cumprimento, no ámbito das súas competencias, ao mandato da Cámara galega respecto da materia de Historia da Filosofía. Neste sentido, explicou que a Xunta non pode mudar a natureza desta materia e que, mesmo o Goberno central, non podería modificar o carácter da mesma –fixado mediante lei orgánica- a través dun decreto.

Polo tanto, a Consellería establecerá, a través dunha orde ou dunha instrución, que a materia de Filosofía que se imparte en 1º de bacharelato siga a ser troncal obrigatoria, con 3 horas. No caso da materia Historia da Filosofía, seguirá a impartirse en 2º de bacharelato como troncal de opción e será obrigatoria 4 horas) para o alumnado da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais. No caso do alumnado que curse outras das modalidades de bacharelato, os centros educativos teranlles que ofertar de xeito obrigatorio esta materia para que podan escoller esta materia de 2º como específica.

A intención do departamento educativo da Xunta de Galicia é publicar a normativa correspondente ao longo do presente trimestre, para que estea en vigor o vindeiro curso, e de xeito que os centros se poidan organizar con tempo suficiente.

Román Rodríguez explicou tamén que o seu departamento comunicara ao Ministerio do ramo o consenso acadado no Parlamento de Galicia respecto da necesidade de propiciar, nos traballos do denominado Pacto educativo, un debate en profundidade sobre a situación da Filosofía no sistema educativo e a necesidade da súa pervivencia.

Powered by Drupal - Design by artinet