Selector rápido de contidos

Blogues

Listaxe provisional de centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum

Listaxe provisional de centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2019/2020 -

Admisión a ciclos formativos. 2ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2019

Admisión a ciclos formativos. 2ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2019 -

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

 

Réxime ordinario

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde as 9:00 horas do venres 26 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 31 de xullo de 2019. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación)

Réxime para as persoas adultas

prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde as 9:00 horas do venres 26 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 31 de xullo de 2019. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

Para realizar presencialmente a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

 

Modalidade presencial

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

   

Modalidade distancia

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

[Novas de FP]

Formación Profesional dual. Listaxes de prazas adxudicadas. Curso 2019/2020

Formación Profesional dual. Listaxes de prazas adxudicadas. Curso 2019/2020 -

Publicadas as listaxes de prazas adxudicadas para os proxectos experimentais de formación profesional dual en colaboración con diversas entidades para o curso 2019-2020.

As persoas con praza adxudicada deberán matricularse no centro adxudicado ata o día 24 de xullo.

Máis información

 

Admisión a ciclos formativos. 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2019

Admisión a ciclos formativos. 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2019 -

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

 

Réxime ordinario

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 16 de xullo ata as 13:00 horas do martes 23 de xullo de 2019. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación)

Réxime para as persoas adultas

prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o martes 16 de xullo ata as 13:00 horas do martes 23 de xullo de 2019. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

Para realizar presencialmente a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

 

Modalidade presencial

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

   

Modalidade distancia

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

 

Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria 2019

Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria 2019 -

Publicación das listaxes provisionais de solicitantes a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o venres 5 de xullo ata as 13:00 horas do martes 9 de xullo de 2019.

A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a instancia.

- Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a ciclos formativos pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición.

Réxime ordinario

  
Réxime para as persoas adultas

Modalidade presencial

  
Modalidade distancia

 FP Dual:

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2018-2019

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2018-2019 -

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

 

Relación de ciclos e prazas obxecto desta convocatoria

 

Requisitos das persoas solicitantes

Cumprir os requisitos de acceso establecidos na Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, que modifica a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (basicamente para ciclos medios, título de formación profesional básica, de ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:

– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico

– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico

Malia o anterior, coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada:

– Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.

Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:

  • sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
  • ata un máximo de tres módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.

 

Lugar de presentación de solicitudes

As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

 

Documentación relacionada

  • Impreso de solicitude para as probas libres a ciclos formativos de formación profesional (anexo I)
  • Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade laboral en que se teña afiliación, onde conste a empresa, o grupo de cotización e o período de contratación (vida laboral)
  • Certificación da empresa en que se adquirira a experiencia laboral, que reflicta especificamente a duración dos períodos de prestación de servizos, a categoría laboral, a actividade desenvolvida, o período en que se realizara a devandita actividade e os ciclos formativos relacionados (anexo II)
  • Se quen solicita xa ten módulos superados do ciclo formativo, deberá presentar a correspondente certificación acreditativa
  • Se ten 19 anos e un título de técnico, deberá presentar o depósito do título de técnico (só no caso de solicitar ciclos formativos de grao superior)
  • Se solicita adaptación da proba por recoñecemento de necesidades educativas especiais, xuntará o certificado do recoñecemento do grao de minusvalía e ditame técnico facultativo
  • Impreso de solicitude de matrícula, que deberá presentarse logo de resultar admitido/a e durante o período establecido (impreso de matrícula)

 

Prazo de solicitudes de admisión

Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 15 ao 30 de abril de 2019 ata as 13:00 h.

 

Solicitudes de inscrición

 

Vacantes provisionais para o concurso de traslados

Vacantes provisionais para o concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019 -

Resolución do 20 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as vacantes provisionais que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

 

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2019

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2019 -

Publicada a Orde do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos

Máis información:

 

Concurso de traslados para o profesorado

Concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019 -

Xúntase a Orde do 15 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

  • O prazo de presentación de solicitudes e documentos será desde o día 6 de novembro de 2018 ao 27 de novembro de 2018, ambos os dous incluídos.
 

Admisión a ciclos formativos. 2ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2018

Admisión a ciclos formativos. 2ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2018 -

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

 

Réxime ordinario

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o venres 27 de xullo ata as 13:00 horas do martes 31 de xullo de 2018. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

Para realizar a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación)

Réxime para as persoas adultas

prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o venres 27 de xullo ata as 13:00 horas do martes 31 de xullo de 2018. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

Para realizar presencialmente a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

 

Modalidade presencial

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

   

Modalidade distancia

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

Powered by Drupal - Design by artinet