Punto Laranxa contra o acoso escolar

Avisos

Última hora, información puntual, novidades, convocatorias, actualizacións, lexislación...

Modificación do calendario escolar para o curso 2022-2023

Modificación do calendario escolar para o curso 2022-2023 -

Publicada a Orde do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Pode consultarse o novo calendario de avaliacións na seguinte ligazón:

Cambios na web

Estamos a realizar cambios na web, na espera dun novo deseño. Mentres tanto, moitos dos contidos desprázanse á zona de "Calidade" dende onde se poden ver todos os documentos de centro, a oferta educativa, o calendario de avaliacións, lexislación e moito máis.

Os documentos de alumnado (xustificantes de faltas, actas de reunión da xunta de delegados e delegadas, información...) están dispoñibles na súa zona na aula virtual.

 

XXVIII Premios de Publicidade en Galego

> 22.09.2022

O CIFP Leixa gaña o premio da XXVIII convocatoria de Premios de Publicidade en Galego na súa categoría de centros educativos co traballo "Cambio climático". Os premios entregaranse o 3 de outubro no Pazo do Parlamento en Santiago de Compostela. Parabéns aos estudantes premiados Ismael Castro e Mario Domínguez.

;

Acceso ao aula virtual Moodle

> 21.09.2022

Para acceder á aula virtual Moodle é preciso que o estudantado xere un contrasinal. Para iso, deben entrar na aula virtual e premer en "¿Olvidó el usuario o la contraseña?". Abrirase unha ventá na que hai que poñer o email que se deixou na matrícula. O sistema enviará un email con instrucións para xerar o contrasinal e xa se poderá acceder á aula virtual.

Para calquera dúbida, debe consultarse coa titoría do grupo.

Por outra banda, pode usarse a aula virtual dende o móbil descargando a aplicación Moodle e configurando o acceso á aula coa dirección https://www.cifpleixa.gal/aulavirtual 

Sobre as ensinanzas a distancia

Dadas as numerosas consultas sobre o ensino a distancia, aclaramos os seguintes puntos:

  1. A oferta a distancia pode ser modular por curso completo ou modular parcial.

    • No primeiro caso (modular por ciclo completo), o centro garantiza a oferta de todos os módulos que compoñen o ciclo e, polo tanto, pódese titular.

    • Na oferta modular parcial non se ofertan todos os módulos dun ciclo polo que non se garantiza que a persoa que se matricula nesta modalidade poida titular. Ofértante módulos que permiten especializarse ou completar unha formación previa.

  2. A oferta a distancia ten clases presenciais (titorías) e a distancia, todas elas voluntarias, aínda que nas clases presenciais pódense facer tarefas prácticas necesarias para adquirir a competencia dalgún módulo. Todas as clases son voluntarias.

  3. Os exames sempre son presenciais. As probas trimestrais e finais son no centro educativo, aínda que o profesorado pode organizar exercicios a distancia para ver a evolución do alumnado, o que non exime de facer os exames presenciais.

  4. Na comunidade autónoma de Galicia é obrigatorio impartir a metade dos módulos en galego xa que todo o estudantado debe adquirir a competencia lingüística en galego. Non obstante, mantense o dereito do estudantado a expresarse en calquera dos dous idiomas cooficiais: castelán ou galego.

Plan anual de formación do profesorado

Plan Anual de formación do profesorado para o curso 2021-22

Mar, 15/06/2021 - 13:24
plan

Plan Anual de formación do profesorado para o curso 2021-22

Xúntase o Plan de formación do profesorado  2021-22 cunha oferta centrada na transformación dixital, no benestar emocional, na inclusión, convivencia, coeducación e na educación para o desenvolvemento sostible.

Oferta formativa dispoñible en FPROFE.

Graduación de bacharelato

Un día dobremente emocionante. Celebramos a despedida dos estudantes de segundo de bacharelato. A última promoción que se formará no IES Leixa, que o curso próximo será Centro Integrado de FP.

Parabéns a estudantes e docentes e os mellores desexos de futuro.

Graduación de bacharelato (21.05.2021)

Activación de ABALAR

Para poder facilitar as cualificacións ao alumnado, todos os alumnos/as (ou pais/nais/titores en caso de menores de idade), deben darse alta no sistema ABALAR.

 

Powered by Drupal - Design by artinet