Punto Laranxa contra o acoso escolar

Avisos

Última hora, información puntual, novidades, convocatorias, actualizacións, lexislación...

Premio nos XXVI Premios Publicidade en Galego

Estudantes do ciclo superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia obtiveron o premio de centros educativos na XXVI edición de Publicidade en galego convocado polo Parlamento de Galicia, a CRTVG e o Foro Enrique Peinador.

A entrega de premios tivo lugar en Santiago de Compostela e participaron a profesora María Salas, que coordinou o proxecto ganador, e o estudantado:

  • Ricardo José Palmeiro Quirós
  • Sandra Porto Zapatero
  • Lorena Gómez Díaz
  • Sara Cruz Ledo

Premio Parlamento

Concurso de traslados para o profesorado

Concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019 -

Xúntase a Orde do 15 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

  • O prazo de presentación de solicitudes e documentos será desde o día 6 de novembro de 2018 ao 27 de novembro de 2018, ambos os dous incluídos.
 

Calendario de presentacións

Publicado o calendario de presentacións do curso 2018-2019.

Presentación do vehículo simulador de accidentes resultado dun proxecto de innovación na FP

Presentación do vehículo simulador de accidentes resultado dun proxecto de innovación na FP -

Hoxe, 15 de febreiro de 2018, tivo lugar a presentación pública do vehículo simulador de accidentes resultado do proxecto "Simulador de rescate de vítimas de accidentes de tráfico", premiado na Convocatoria para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional 2016.

Este proxecto é froito da colaboración entre o CIFP Ferrolterra e o IES Leixa, xunto coa empresa Ambulancias Ferrolanas S.L. e a Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES).

Con esta presentación ponse en valor a calidade e profesionalidade das ensinanzas e centros educativos de Formación Profesional e dáse a coñecer esta ferramenta a outros colectivos relacionados coa seguridade cidadán, aos que lles pode resultar de grande utilidade tanto para a súa formación como para a realización de campañas de sensibilización da condución responsable: Servizo Galego de Saúde, 061, 112, protección civil, bombeiros, empresas de ambulancias, Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE), concellos de Ferrolterra, grupos de emerxencias supramunicipais, Cruz Vermella e outros centros educativos.

Imaxe Portada: 
Imaxe: 
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa

[Novas de FP]

ERASMUS do IES Leixa

A directora do IES Leixa Ana Roel e a titora de FCT do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia Laura Ríos, acompañaron ás estudantes do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia, Lucía Antón e Ana López, a Valença (Portugal) onde realizarán a formación en centros de traballo na Farmacia do Jardim, do país veciño, grazas a senllas becas ERASMUS.

 

Erasmus do IES Leixa (04.04.2016)


ERASMUS do IES Leixa

A estudante do ciclo superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia  Estefanía Fernández é presentada na empresa Multitema, de Oporto (Portugal) onde vai realizar a formación en centros de traballo como estudante ERASMUS do IES Leixa. Foi acompañada pola titora de FCT María Salas e o profesor José Antonio López.

Erasmus do IES Leixa (31.03.2017)

Convocados os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2015/2016

Convocados os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2015/2016 -

Xúntase a Orde do 10 de febreiro de 2017 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2015/16.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
 

Reactivación da ANPA

Representantes de nais e pais do Consello Escolar do IES Leixa inician xestións para reactivar a ANPA do centro.

Nunha primeira iniciativa, o IES Leixa creou unha conta de correo no dominio do centro para activar as comunicacións con estes/as representantes e facilitar a interacción.

A conta de correo é anpa@iesleixa.es 

Insignia de Ouro do Concello de Ferrol 2019

O CIFP Leixa recibiu, no 2020, a Insignia de Ouro do Concello de Ferrol polo seu compromiso na loita contra a violencia de xénero. O acto de entrega da insgnia celebrouse no Teatro Jofre o 7 de xaneiro de 2020.


Insignia de Ouro de Ferrol (07.01.2020)

 

Powered by Drupal - Design by artinet