Punto Laranxa contra o acoso escolar

Artes Gráficas

Información do departamento de Artes Gráficas

Premios Publicidade en Galego

 

Premios XVII Certame Publicidade en Galego: A estudante do ciclo superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia, Andrea Miñones García, acompañada pola profesora María Salas, a directora Ana Roel e o xefe de estudos Manuel Felpeto, recolleu o primeiro premio do XXVII Concurso Publicidade en Galego outorgado polo Parlamento de Galicia. O traballo premiado foi o vídeo titulado "Somos un 60 % de auga".

 

Entrega de premio (22.03.2021)

Información sobre o ciclo plurilingüe de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia

> 21.07.2020

Folleto informativo sobre o ciclo superior plurilingüe de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia.

Premio nos XXVI Premios Publicidade en Galego

Estudantes do ciclo superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia obtiveron o premio de centros educativos na XXVI edición de Publicidade en galego convocado polo Parlamento de Galicia, a CRTVG e o Foro Enrique Peinador.

A entrega de premios tivo lugar en Santiago de Compostela e participaron a profesora María Salas, que coordinou o proxecto ganador, e o estudantado:

  • Ricardo José Palmeiro Quirós
  • Sandra Porto Zapatero
  • Lorena Gómez Díaz
  • Sara Cruz Ledo

Premio Parlamento

Premios para o IES Leixa

O estudante do ciclo medio de Preimpresión dixital José Antonio Lage Varela e o grupo do ciclo superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia veñen de gañar as dúas modalidades de imaxe gráfica e de audiovisual do Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais con motivo do 25 de novembro "Día Internacional contra a violencia de xénero" organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Powered by Drupal - Design by artinet