Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Sobre as ensinanzas a distancia
Dadas as numerosas consultas sobre o ensino a distancia, aclaramos os seguintes puntos:
-
A oferta a distancia pode ser modular por curso completo ou modular parcial.
-
No primeiro caso (modular por ciclo completo), o centro garantiza a oferta de todos os módulos que compoñen o ciclo e, polo tanto, pódese titular.
-
Na oferta modular parcial non se ofertan todos os módulos dun ciclo polo que non se garantiza que a persoa que se matricula nesta modalidade poida titular. Ofértante módulos que permiten especializarse ou completar unha formación previa.
-
A oferta a distancia ten clases presenciais (titorías) e a distancia, todas elas voluntarias, aínda que nas clases presenciais pódense facer tarefas prácticas necesarias para adquirir a competencia dalgún módulo. Todas as clases son voluntarias.
-
Os exames sempre son presenciais. As probas trimestrais e finais son no centro educativo, aínda que o profesorado pode organizar exercicios a distancia para ver a evolución do alumnado, o que non exime de facer os exames presenciais.
-
Na comunidade autónoma de Galicia é obrigatorio impartir a metade dos módulos en galego xa que todo o estudantado debe adquirir a competencia lingüística en galego. Non obstante, mantense o dereito do estudantado a expresarse en calquera dos dous idiomas cooficiais: castelán ou galego.