NOVAS   BOLSA DE EMPREGO   ACTIVACIÓN ABALAR

 Publicada a convocatoria de probas libres 2023-2024

https://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual

 

Lémbrase que o luns 20 de maio é lectivo.

 

 

 Acceso á bolsa de emprego do Centro Integrado de FP Leixa 

Todo o estudantado debe activarse na aplicación Abalar ou en AbalarMóbil

    SECRETARÍA VIRTUAL    
    ACCESOS RÁPIDOS    
SERVIZOS VIRTUAIS XESTIÓN EDUCATIVA
    LIGAZÓNS DE CENTRO    
INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN WEBS CIFP LEIXA
    LIGAZÓNS EXTERNAS    
    SERVIZOS EDUCATIVOS    
       
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Novas de FP

Publicación das listaxes provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso e ingreso aos corpos docentes non universitarios (ED001A)

Novas da Consellería - Lun, 08/04/2024 - 12:37
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 5 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 (DOG n.º 32, do 14 de febreiro)

O prazo de reclamacións contra estas listaxes é de dez (10) días hábiles e comeza o día 9 de abril de 2024 e remata o día 22 de abril de 2024 (ambos días incluídos).

As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de acordo co establecido no apartado segundo da base sexta da Orde do 31 de xaneiro de 2024

Para realizar reclamacións á listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas deberá proceder do seguinte xeito:

1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal

2- Autenticarse mediante calquera dos mecanismos admitidos na sede electrónica (Chave365, certificado electrónico,...)

3.-Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do procedemento selectivo do ano 2024 (código de procedemento ED001A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegación”. IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS DE DISTINTOS PROCEDEMENTOS, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER O TRÁMITE DE ALEGACIÓN NA SOLICITUDE CORRESPONDENTE Á ESPECIALIDADE E CONVOCATORIA DO ANO 2024.

4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegación asinado como o recibo de presentación desta.

No caso das persoas que non figuren na listaxes de persoas admitidas/excluídas as alegacións deberán realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica (menú Trámites, Solicitude xenérica)

AVISO: O persoal aspirante deberá verificar nas listaxes provisorias tanto de persoal admitido como de excluído se figura exento ou non da realización da proba de coñecemento de lingua galega e de lingua castelá. No caso de que figure como NON exento da realización destas probas e se posúe a acreditación do coñecemento destas linguas deberá formular a alegación consonte o establecido nos parágrafos anteriores .

 

Anuncio principal: 

Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)

Servizo relacionado: 

Oposicións

Tema: 

Programas e plans Oposicións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

A Xunta demanda que a última proposta da ABAU sexa debatida en Conferencia Sectorial, debido aos cambios con respecto ao documento inicial

Novas da Consellería - Dom, 07/04/2024 - 14:54

Summary: 

A Consellería de Educación presenta un paquete de alegacións ao novo texto ministerial que regulará o acceso á Universidade a partir de 2025

Insiste en habilitar mecanismos efectivos para a homoxeneidade das probas que garantan a igualdade real entre o alumnado das distintas comunidades

Pide que se recuperen as matrices e especificacións das probas de acordo aos currículos actuais, concretando as competencias e os criterios de avaliación

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia reclama que o último borrador real decreto co que o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes pretende regular as probas de acceso á universidade (ABAU) a partir de 2025 sexa debatido no marco da Conferencia Sectorial de Educación, xa que este texto presenta “diferencias significativas” respecto á proposta presentada en xullo de 2022. 

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de elevar ao Ministerio as alegacións, que fan de novo fincapé na necesidade de habilitar mecanismos efectivos para a homoxeneidade das probas e, deste xeito, garantir a igualdade real entre o alumnado independentemente da súa procedencia, unha cuestión irrenunciable nun contexto de distrito universitario único como é o caso de España. 

A Xunta denuncia que, con esta última proposta, o Goberno do Estado renuncia de facto á súa competencia de “deseñar unha proba cunha estrutura e uns parámetros comúns” e delega “por completo” o deseño das probas nas comunidades autónomas. Isto, na práctica, afastará aínda máis a consecución do obxectivo de garantir a equidade, a igualdade de oportunidades da mocidade e unha xusta concorrencia competitiva no acceso á universidade, como vén reclamando Galicia desde hai anos.

O Goberno galego entende que a última proposta de real decreto do Ministerio introduce cambios significativos como a eliminación da proba de madurez inicialmente presentada ou a falta de criterios de deseño e avaliación dos cuestionarios, polo que o novo documento debe ser analizado e debatido nos órganos correspondentes, dándolle voz ás comunidades autónomas, que deben ser escoitadas, posto que son as encargadas de aplicar as probas.

Así pois, a Xunta insiste en advertir que o Ministerio segue sen establecer “instrumentos de coordinación efectivos que permitan garantir o carácter de proba única que esixe a existencia dun distrito universitario único”, así como os principios “de igualdade, non discriminación, mérito e capacidade” que deben rexer na elaboración e realización das probas de acceso á universidade.

Outra das alegacións da Xunta pon o acento na falta de matrices de especificacións dos temarios das distintas materias, un  elemento clave nas características e no deseño das probas, xa que a través delas vincúlanse os currículos coas competencias específicas, os criterios de avaliación e os saberes básicos.

Isto é, que o Ministerio non aporta indicacións claras e obxectivas sobre o peso de cada materia, polo que vai dar como resultado exames aínda máis desiguais.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Recoñecemento aos proxectos de investigación desenvoltos no marco do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2023/24

Novas da Consellería - Ven, 05/04/2024 - 12:03
Idioma Gallego

Achégase a Resolución do Resolución do 4 de abril do 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se convoca o recoñecemento aos proxectos de investigación desenvoltos no marco do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2023/24.

  • O prazo de presentacion de solicitudes comeza o día seguinte da publicación desta resolución neste portal e remata o 6 de maio do 2024, inclusive.

Acceso á aplicación

 

File: 

Resolución do 4 de abril do 2024

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Bacharelato

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Novas da Consellería - Ven, 05/04/2024 - 09:24
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 22 de marzo de 2024 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº67, do 5 de abril).

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 8 de abril de 2024 ata o día 26 de abril de 2024.

A solicitude de participación xerada previamente na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt, xunto coa documentación precisa, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, mediante a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), e dirixirase á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da provincia correspondente.

 

File: 

Orde do 22 de marzo de 2024 (DOG)

Servizo relacionado: 

CXT

Tema: 

Programas e plans Directores/as

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Xefaturas territoriais Xefatura territorial da Coruña Xefatura territorial de Lugo Xefatura territorial de Ourense Xefatura territorial de Pontevedra

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2024/2025

Novas da Consellería - Ven, 05/04/2024 - 08:12
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 1 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2024-2025.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2024.

Acceso á aplicación

 

File: 

Resolución do 1 de abril de 2024 Resolución do 1 de abril de 2024 (DOG)

Tema: 

Plurilingüismo Programas e plans Centros plurilingües

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín Linguas estranxeiras

Convocatoria para a incorporación de novos centros ao bacharelato de especialización en idiomas (Pluribach), para o curso 2024/2025

Novas da Consellería - Ven, 05/04/2024 - 08:03
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 1 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2024-2025.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2024.

Acceso á aplicación

 

File: 

Resolución do 1 de abril de 2024 Resolución do 1 de abril de 2024 (DOG)

Tema: 

Plurilingüismo Programas e plans Centros plurilingües

Ensinanza: 

Bacharelato

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín Linguas estranxeiras

Convocatoria para a incorporación de novos centros ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2024/2025

Novas da Consellería - Ven, 05/04/2024 - 08:01
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 1 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula o programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2024-2025.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2024.

Acceso á aplicación

 

File: 

Resolución do 1 de abril de 2024 Resolución de 1 de abril de 2024 (DOG)

Tema: 

Plurilingüismo Programas e plans Centros plurilingües

Ensinanza: 

Educación infantil

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín Linguas estranxeiras

Convocatoria dos Premios Innovagal 2024 para os centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Novas da Consellería - Xov, 04/04/2024 - 13:44
Idioma Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 2 de abril de 2024 pola que se convocan os premios educativos Innovagal para os centros educativos públicos da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2024.

As categorías nas que poden participar os centros son as seguintes:

Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria.

Categoría B: centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de persoas adultas.

A presentación das candidaturas realizarase mediante Sede Electrónica e irán dirixidas ao Servizo de Innovación e Programas Educativos da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. O período de presentación estará aberto dende o día seguinte á publicación desta Resolución no Portal Educativo ata o mércores, 31 de xullo de 2024.

 

File: 

Resolución do 2 de abril de 2024 Anexo I. Liñas temáticas Anexo II. Solicitude Anexo III. Modelo de memoria descritiva Anexo IV. Autorización para o uso de imaxe de menores Anexo V. Folla de autobaremación Anexo VI. Baremo

Tema: 

Programas e plans Plans e actuacións en innovación educativa

Ensinanza: 

Educación infantil Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Programa de Inmersión Lingüística . Convocatoria MEFPD 2024/2025

Novas da Consellería - Xov, 04/04/2024 - 10:39
Idioma Gallego

Publicado o extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan axudas destinadas a alumnado de sexto curso de Educación Primaria e segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria para o desenvolvemento dun Programa de Inmersión Lingüística en lingua inglesa en España durante o curso 2024/2025.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril, incluído. 

Tema: 

Programas e plans Inmersión lingüística

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas Educativos Entidades nacionais

Colectivo: 

Alumnado

Sección: 

Boletín Portada de boletín Linguas estranxeiras

BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS - Convocatoria da concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria e da selección de experiencias de Voluntariado de Primaria

Novas da Consellería - Xov, 04/04/2024 - 10:33
Idioma Gallego

Publícase a Resolución do 2 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria e a selección de experiencias de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria de centros integrados no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, destinadas a centros públicos de nivel non universitario e de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no curso 2023/24.

Concederanse 5 Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" 2023/2024 e seleccionaranse 10 experiencias dos centros adheridos "Voluntariado de Primaria".

O programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" é unha iniciativa integrada no Plan LÍA 2021-2025 de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Consellería de Política Social (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado).

  • O prazo de presentación é de 15 días naturais a partir do día seguinte da publicación no Portal Educativo.

 

File: 

Resolución do 2 de abril de 2024

Tema: 

Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Román Rodríguez anima ao equipo galego a demostrar todo o potencial da nosa FP no campionato Spainskills

Novas da Consellería - Mér, 03/04/2024 - 15:30

Summary: 

O conselleiro de Educación en funcións recibe aos 38 mozos de 23 centros educativos que representan a nosa Comunidade nas olimpíadas nacionais destas ensinanzas

O certame desenvólvese en Madrid entre do 9 ao 13 de abril

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, recibiu hoxe ao equipo que vai representar a Galicia no certame Spainskills 2024. “Agardo que demostredes neste campionato todo o potencial que ten a nosa FP”, animounos, lembrando que os resultados da delegación galega en citas de anos anteriores foron “moi satisfactorios e un orgullo para o noso sistema educativo”.

Son aproximadamente 100 as persoas, entre alumnos e docentes, que conforman o equipo galego nestas olimpíadas nacionais da Formación Profesional, que se desenvolverán no recinto feiral de IFEMA, en Madrid, do 9 ao 13 de abril.

En total haberá 38 alumnos de 23 centros competindo xa que en catro modalidades se participa por parellas (Xardinería paisaxística, Mecatrónica, Sistemas robóticos integrados e Robótica Colaborativa). 

Galicia participa en 34 modalidades de skills, das cales 29 son competicións oficiais, e polo tanto clasificables para os campionatos internacionais, e cinco son en formato demostración. No caso das skills oficiais, a relación de centros galegos participantes por cada unha delas son:

Modalidade de competición

Concello

Centro educativo

Animación 3D e xogos

A Coruña

CIFP Imaxe e Son

Atención socio sanitaria

Cee

IES Agra de Raíces

Carpintería

Ortigueira

IES de Ortigueira

CNC fresado

Vigo

IES Politécnico de Vigo

Cociña

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

Control industrial

Lugo

CIFP Politécnico de Lugo

Desenvolvemento web

Santiago de Compostela

IES San Clemente

Deseño mecánico CAD

Ferrol

CIFP Ferrolterra

Ebanistería

Melide

IES de Melide

Electrónica

Lugo

CIFP Politécnico de Lugo

Escaparatismo

A Coruña

IES Ramón Menéndez Pidal

Estética

A Coruña

CIFP Someso

Floraría

Ponteareas

CIFP A Granxa

Fontanaría e calefacción

Culleredo

CIFP Universidade Laboral

Instalacións eléctricas

Lugo

CIFP Politécnico de Lugo

Xardinaría paisajística

Pontevedra

CIFP Montecelo

Mecatrónica

Lugo

CIFP Politécnico de Lugo

Panadaría

A Coruña

CIFP Paseo das Pontes

Peiteado

Vigo

IES de Teis

Pintura do automóbil

A Coruña

CIFP Someso

Recepción hoteleira

Vigo

CIFP Manuel Antonio

Refrixeración e aire acondicionado

Lugo

CIFP As Mercedes

Reparación de carrozaría

Ponteceso

IES Eduardo Pondal

Servizo de restaurante e bar

A Coruña

CIFP Paseo das Pontes

Sistemas robóticos integrados

Lugo

CIFP Politécnico de Lugo

Soldadura

Vila de Cruces

IES Marco do Camballón

Tecnoloxía da moda

A Coruña

CIFP Paseo das Pontes

Tecnoloxía do automóbil

Betanzos

IES As Mariñas

TIC administración de sistemas en rede

Vigo

IES de Teis

 

Ademais, haberá representación galega nas seguintes demostracións:

Modalidade de demostración

Concello

Centro educativo

Cloud Computing

A Coruña

IES Fernando Wirtz Suárez

Enerxías Renovables

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

Farmacia e parafarmacia

Pontevedra

CIFP Montecelo

Robótica Colaborativa

Vigo

IES Politécnico de Vigo

Tecnoloxía de vehículos pesados

Lugo

CIFP As Mercedes

 

Os estudantes gañadores da medalla de ouro en Spainskills 2024 formará parte da delegación española que participará nos próximos campionatos internacionais de FP. Galicia participa activamente desde o ano 2007 nas distintas edicións das Competicións Nacionais de Formación Profesional, Spainskills, e tamén nas edicións internacionais Worldskills e Euroskills. Ademais, desde o ano 2012 organízase o campionato autonómico, Galiciaskills.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Román Rodríguez convida a celebrar a fonda tradición e legado dos estudos de Historia da Universidade de Santiago

Novas da Consellería - Mér, 03/04/2024 - 15:03

Summary: 

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións participa na presentación do libro ‘Razón de historia’ dirixido polo catedrático Ramón Villares

A obra, encadrada no centenario destes estudos, afonda na evolución da Facultade de Xeografía e Historia da USC a través de estudos, biografías e testemuñas

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, participou hoxe na presentación do libro Razón de historia, un volume dirixido polo catedrático Ramón Villares que se encadra na celebración dos 100 anos cumpridos por estes estudos no curso pasado.

 

Na súa intervención, o representante do Goberno galego convidou a celebrar a “fonda tradición e legado” destes estudos aos que se referiu como unha “clave para entender a Galicia contemporánea”. “Os que pasamos por esta facultade, no meu caso tanto como estudante como profesor, temos a sorte de formar parte dunha gran comunidade educativa e profesional xunto con algúns dos nomes máis brillantes da historiografía española e europea e os miles de mozos e mozas que hoxe continúan adquirindo coñecemento”, sinalou Román Rodríguez antes de referirse a persoeiros como Antonio Eiras Roel, Xosé Ramón Barreiro ou Ramón Otero Pedrayo.

 

Neste senso, gabou o traballo feito pola Universidade de Santiago de Compostela ao longo dos anos “e a súa capacidade para avanzar de xeito parello ao curso da sociedade e adaptar o ensino da historia para ofrecer un maior entendemento da realidade pasada, presente e futura”. “O historiador é unha figura transversal que abrangue coñecementos de moitos eidos, pero que ten un obxectivo concreto: ampliar a visión da poboación e por iso é importante que os estudos ofrezan unha formación o máis ampla posible, como se fai en Santiago”, puntualizou.

 

O volume presentado hoxe en Santiago nun acto no que tamén estivo o reitor da USC, Antonio López, está feito baixo a dirección do catedrático Ramón Villares e afonda na evolución da Facultade de Xeografía e Historia a través de estudos, biografías e testemuños directos, ofrecendo unha obra coral e ilustrada que proporciona unha estampa rigorosa e de calidade dun centro universitario senlleiro que, durante décadas, foi a única licenciatura ofrecida na USC no eido das Humanidades.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A Xunta esixe ao Ministerio de Universidades diálogo e negociación coas comunidades e que aclare como vai reducir a temporalidade docente sen orzamentos

Novas da Consellería - Mér, 03/04/2024 - 14:50

Summary: 

O Goberno central non explica como asumirá este ano o pago das prazas anunciadas sen acordo previo dado que non ten previsión de aprobar Orzamentos en 2024

O conselleiro Román Rodríguez lamenta este xeito de facer política, resumido no “yo invito y tú pagas”, e reprocha a “falta de respecto á arquitectura institucional”

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia participou hoxe na Conferencia General de Política Universitaria en Madrid, onde se abordou a redución da temporalidade do profesorado universitario. No transcurso do encontro, ao que asistiu o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, 11 das 17 comunidades autónomas esixiron ao Ministerio de Universidades que aclare como vai executar o seu plan, despois de que Moncloa esixise adherirse in situ pese a non estar na orde do día.

 

Neste sentido, Galicia, ao igual que a inmensa maioría das comunidades, explicou que non é posible sumarse a un acordo cuxo contido e financiamento específico se descoñece e que non foi negociado previamente cos gobernos autonómicos a pesar de que se pretende que parte do financiamento recaia neles. Cómpre lembrar que o Goberno do Estado deixou sen efecto o grupo de traballo coas autonomías, que eles mesmos constituirán para abordar este asunto, anunciando un plan sen acordo previo.

 

Na Conferencia General de hoxe non houbo lugar a negociación, dado que o Ministerio indicou que as administracións autonómicas deberían adherirse ao acordo e pagar un terzo das prazas desde o curso 2024/25 ao 2027/28. Iso malia que o Ministerio non foi quen de aclarar como vai asumir o pago completo das prazas este ano, tendo en conta que o Goberno central non vai ser quen de aprobar Orzamentos para o 2024.

 

Posición vantaxosa de Galicia

A este respecto, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, lamentou en declaracións aos medios de comunicación que o Ministerio de Universidades afonde na política do “yo invito y tú pagas”, con accións “sen orzamento que as sustente”, o que representa “unha falta de respecto á arquitectura institucional do Estado español”. “É necesario que se acheguen fondos específicos ás comunidades autónomas, que somos as que financiamos practicamente o 100% dos sistemas universitarios autonómicos”, explicou o representante da Xunta de Galicia.

 

En todo caso, explicou que Galicia parte dunha situación vantaxosa: “Afortunadamente levamos tempo con plans de financiación plurianuais que están posibilitando que as universidades teñan os máximos orzamentos da súa historia”. En concreto, este ano a achega da Consellería de Educación ás universidades supera por primeira vez os 500M€. Nesta mesma liña, lembrou que na nosa Comunidade “se fixeron ben as cousas tamén en relación ás plantillas universitarias, polo que o impacto da medida será menor”.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avala a adxudicación do servizo de transporte escolar da Xunta

Novas da Consellería - Mér, 03/04/2024 - 14:42

Summary: 

Na súa última sentenza, o TSXG subliña que a Xunta actuou “conforme a dereito” e descarta que un único adxudicatario superara o máximo de adxudicacións previstas nos pregos de contratación

O fallo da sala, tendo en conta as alegacións e proba achegadas pola Administración, rectifica o criterio das sentenzas anteriores do mesmo tribunal emitidas en sentido contrario

Idioma Gallego

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de avalar o proceso de adxudicación de transporte escolar realizado pola Xunta de Galicia, por realizarse conforme á legalidade e aos pregos de contratación aprobados. Na súa última sentenza, o TSXG subliña que a Xunta actuou “conforme a dereito” e descarta que se producira unha concentración de adxudicacións nunha única empresa adxudicataria que superase o máximo de oito previsto nos pregos, contradicindo neste sentido a tese que se mantiña no recurso dos demandantes.

 

A resolución atinxe á adxudicación do lote nº 50, e nela o TSXG finalmente conclúe que non se incumpriu o requisito do número máximo de oito adxudicacións previsto nos pregos. Así o estimou o Tribunal logo de analizar a proba achegada pola administración e as alegacións realizadas polos servizos xurídicos da Xunta, que advertían de que nas súas sentencias anteriores o tribunal non tiña aplicado a regra do prego de contratación que determinaba que no número máximo de adxudicacións non debían computarse aquelas relativas a lotes nos que se presentase un único licitador.

 

Así pois, este último fallo rectifica o criterio que o mesmo TSXG mantiña nas súas anteriores sentenzas, o que conduce ao “rexeitamento total” das pretensións do demandante. Contra as aludidas sentenzas (correspondentes aos lotes 40, 45, 51, 54, 55 e 57) ), a Xunta de Galicia presentou recurso de casación que se encontra pendente ante o Tribunal Supremo. Do mesmo xeito será presentado estes días recurso de casación contra a correspondente ao lote 46.

 

A Xunta de Galicia considera moi positivo que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declare finalmente nesta sentenza a conformidade a dereito do proceso de contratación do servizo de transporte escolar, e insiste en que se fixo desde a máis absoluta rigorosidade e transparencia e de acordo coa normativa vixente. Non en balde, en todas as sentenzas emitidas, o Tribunal indica de forma expresa que non existen indicios fundados de prácticas colusorias (alteración do principio de competencia) no procedemento, aos que agora se suma a validación no que atinxe ao número máximo de adxudicacións por concesionaria.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A XIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas premiará a investigación escolar arredor do patrimonio lingüístico e cultural galego

Novas da Consellería - Mar, 02/04/2024 - 14:04

Summary: 

Organizado polo Museo do Pobo Galego co apoio da Xunta, busca achegar aos escolares á lingua, á etnografía, á antropoloxía, á xeografía, á historia e á arte galegas

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación desta convocatoria dirixida aos centros de Primaria e Secundaria

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas convocan a XIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas, destinado a poñer en valor o patrimonio lingüístico e cultural galegos desde o ensino. Así o anunciaron hoxe en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a presidenta da dita Fundación, Concha Losada, que animaron o profesorado e a rapazada a participar nesta iniciativa “que pon en valor e visibiliza o patrimonio material e inmaterial galegos así como a lingua propia de Galicia, que se abordará a través da toponimia, a antroponimia ou a fraseoloxía”.

O proxecto inclúe dúas modalidades de participación (ensino primario e secundario) dotadas con cadanseus 7.000 euros destinados a materializar os proxectos gañadores durante o vindeiro curso escolar 2024-25 en colaboración co Museo do Pobo Galego.

Poderán participar, ata o vindeiro 1 de xuño, os centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades que impartan ensinanzas de Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP ou Educación Especial.

O ámbito temático dos proxectos abranguerá un ou varios destes campos: etnografía, antropoloxía, xeografía, historia ou arte da contorna inmediata do centro e un capítulo, ou a liña do traballo, dedicarase a abordar algún aspecto lingüístico relacionado co tema proposto. Ademais, valoraranse as accións que fomenten a educación en igualdade e o coñecemento do patrimonio material e inmaterial relacionado cos Camiños de Santiago.

As bases completas poden consultarse no Portal da Lingua Galega.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Román Rodríguez anuncia que a Xunta prepara un proxecto para a rehabilitación integral do instituto Alfredo Brañas de Carballo

Novas da Consellería - Mar, 02/04/2024 - 13:54

Summary: 

O conselleiro de Educación en funcións inaugura o novo salón de actos deste centro, que conta cun investimento de case 270.000€ do seu departamento

A Consellería ten encargado o proxecto para a remodelación do centro, unha obra cun investimento estimado de 1,5M€ que podería licitarse a partir de 2025

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, anunciou hoxe que a Xunta está a preparar un proxecto para a rehabilitación integral do Instituto IES Alfredo Brañas de Carballo. Nunha visita para inaugurar o novo salón de actos, o representante da Xunta explicou que o seu departamento ten xa encargado o proxecto para remodelación do centro, unha obra cun investimento estimado de 1,5M€ que podería licitarse a partir de 2025.

No referido ao novo salón de actos, que contou cun investimento de case 270.000€, Román Rodríguez explicou que con esta actuación se dá resposta a unha demanda do centro. “Grazas a esta reforma, o instituto conta agora cun espazo dotado de todo o necesario para que a comunidade educativa poida celebrar aquí diversos actos e reunións, dos que hoxe imos ver un pequeno adianto”, destacou Román Rodríguez.

Non en balde, varios alumnos do centro interviñeron no acto varios estudantes, que ofreceron actuacións musicais. Ademais, o director do Hospital Materno Infantil da Coruña, Alejandro Ávila, os actores Rober Bodegas e María Tasende e o catedrático de Física da Universidade de Santiago de Compostela Jorge Mira enviaron vídeos falando do seu paso polo instituto, do que foron alumnos no seu momento

A intervención incluíu a substitución do falso teito, mellora da acústica, acabados e instalacións básicas, cambio de pavimento, instalación de paneis de madeira pintados e renovación da instalación eléctrica. Ademais, mellorouse a accesibilidade do espazo, mudáronse as butacas e redeseñouse o palco superior.

Investimento de 1,7 M€

O conselleiro en funcións lembrou que a Xunta investiu nos centros educativos de Carballo un total de 1,7M€ desde 2009. “Ademais, neste momento temos en marcha a instalación dunha caldeira de biomasa no Instituto IES Monte Neme, cun investimento de máis de 400.000€, que está en adxudicación”, indicou.

Estas actuacións enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta para renovar os 1.600 edificios que forman os máis de 1.000 centros educativos galegos e adaptalos ás necesidades do ensino do século XXI, ao tempo que se mellora a súa eficiencia enerxética e o confort da comunidade escolar.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A Xunta inicia os trámites para implantar un ciclo de espeleoloxía no IES San Rosendo de Mondoñedo en colaboración coa federación galega desta disciplina

Novas da Consellería - Mar, 02/04/2024 - 13:45

Summary: 

A intención é poñelo en marcha, na modalidade dual, o curso que vén aproveitando as instalacións da Federación e do Concello de Mondoñedo

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, e o presidente da Federación Galega de Espeleoloxía, Gonzalo Villarmea, reuníronse para abordar a posta en marcha dun ciclo nesta materia. Tal e como explica o representante do Goberno galego, neste momento existe o título de técnico deportivo en Espeleoloxía, sen implantación en Galicia. 

O departamento educativo da Xunta de Galicia está a iniciar os trámites para intentar poñer en marcha este ciclo no curso 2024/25. Faríase na modalidade dual en colaboración coa Federación Galega de Espeleoloxía, aproveitando tanto as instalacións desta entidade, con sede en Mondoñedo, como as do Concello mindoniense.

“Estamos comezando xa a traballar nestes trámites e nos da elaboración do currículo galego destas ensinanzas deportivas”, afirma Román Rodríguez. No encontro participaron tamén a directora xeral de FP, Eugenia Pérez; o director do Instituto IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, José Carlos García Barro; o concelleiro de Cultura, Educación e Novas Tecnoloxías de Mondoñedo, Alberto García Fernández, e a vicepresidenta da Federación Galega de Espeleoloxía, Noa Loira.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Convocatoria de axudas de mobilidade complementarias Erasmus+ para as ensinanzas artísticas superiores, curso 2023/24

Novas da Consellería - Mar, 02/04/2024 - 13:01
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 11 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2023/24 (código de procedemento ED322A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 

 

File: 

Orde do 11 de marzo de 2024 (DOG) Extracto da Orde do 11 de marzo de 2024 (DOG)

Tema: 

Bolsas Programas e plans Erasmus

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais Ensinanzas de arte dramática Ensinanzas superiores de deseño Ensinanzas superiores de música

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

Colectivo: 

Alumnado

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Iniciar sesión

Powered by Drupal - Design by artinet