Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Novas da Consellería de Educación - RSS
- Bota a andar o Plan anual de formación do profesorado dotado con 132.531 prazas, un 7,5 % máis
- Román Rodríguez anima á mocidade a achegarse ao stand de FP na Feira do Moble de Galicia
- A Xunta traballa para afianzar as competencias matemática e científica dos estudantes con programas como o Plan MEGA de mellora educativa
- A Xunta e Asotrame sensibilizan ao alumnado co gallo do Día do doante de médula ósea
- Román Rodríguez enxalza a traxectoria do Colexio Nosa Señora da Piedade por saber “adaptarse aos cambios e ser un referente en Vila de Cruces”
Novas de FP - RSS
- Resolución das axudas correspondentes á modalidade A do programa Retorna Talento FP 2024/2025
- Relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2024-2025
- Convocatoria de mobilidades Erasmus+ para alumnado de FP de grao básico e grao medio no curso 2024-2025
- Convocatoria de programas do Plan Eduemprende 2024-2025
- Listaxe definitiva de persoas seleccionadas na modalidade B do programa Retorna Talento FP 24/25
Novas de FP
Listaxe provisional de admitidos e excluídos da convocatoria de axudas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2024/25 fóra do ámbito do programa Eramus+
Anuncio principal:
Convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2024/25, fóra do ámbito do programa Erasmus+Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Universidades Servizo de Apoio e Orientación ao Alumnado UniversitarioColectivo:
AlumnadoAdmisión FP básica. Adxudicación de prazas. Curso 2024-2025
Resolución de prazas adxudicadas en formación profesional básica intensiva para o curso 2024-2025.
Os centros nos que estea asignada a praza poñeranse en contacto co alumnado para confirmar a matrícula e solicitarlles a documentación que proceda.
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
AlumnadoAdmisión FP básica. Adxudicación de prazas. Curso 2024-2025
Resolución de prazas adxudicadas en formación profesional básica para o curso 2024-2025.
Os centros nos que estea asignada a praza poñeranse en contacto co alumnado para confirmar a matrícula e solicitarlles a documentación que proceda.
Listaxe definitiva de persoas seleccionadas na modalidade A do programa Retorna Talento FP 24/25
Publicada a listaxe definitiva de persoas seleccionadas para cada ensinanza ofertada na modalidade A do programa Retorna Talento FP 2024/2025
Tema:
Programas e plans EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
AlumnadoRelación de miniempresas premiadas no Concurso Miniempresas Lugo 2023-2024
Publicada a Resolución do 22 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de miniempresas premiadas no Concurso Miniempresas Lugo 2023-2024, convocado na Resolución do 1 de marzo de 2024.
Tema:
eduemprendeEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosListaxe definitiva de persoas seleccionadas na modalidade A do programa Retorna Talento FP 24/25
Publicada a listaxe definitiva de persoas seleccionadas para cada ensinanza ofertada na modalidade A do programa Retorna Talento FP 2024/2025
Relación de miniempresas premiadas no Concurso Miniempresas Lugo 2023-2024
Publicada a Resolución do 22 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de miniempresas premiadas no Concurso Miniempresas Lugo 2023-2024, convocado na Resolución do 1 de marzo de 2024.
A Xunta destina máis de 1,7M€ a cofinanciar a contratación de 50 científicos nas universidades cos programas Ramón y Cajal e Juan de la Cierva
Summary:
O Consello autoriza os convenios a través dos cales a Consellería de Educación asume os gastos de incorporación a tempo completo destes investigadores
Así mesmo, reforza o apoio aos aspirantes ás axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC) para incrementar as súas posibilidades de éxito
Esta acción enmárcase dentro das liñas estratéxicas do Goberno galego de captación, formación e retención do talento no Sistema Universitario de Galicia
Idioma GallegoA Xunta de Galicia achegará máis de 1,7 millóns de euros ás tres universidades públicas galegas para a incorporación dun total de 50 científicos dos programas Ramón y Cajal e Juan de la Cierva que traballarán como investigadores nos campus universitarios de Galicia nos próximos anos, sen que iso supoña ningún custo adicional para as arcas dos organismos universitarios. Así mesmo, o Consello autoriza a subscrición dun convenio coas tres universidades galegas e co CSIC para reforzar a actividade do persoal investigador que chegou á fase final das convocatorias de axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC) para incrementar as posibilidades de éxito en vindeiras edicións.
En concreto, o Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace a dous convenios de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo, segundo o cal o Goberno autonómico cofinancia a contratación de 36 científicos cunha traxectoria destacada e alto potencial investigador, beneficiarios do subprograma estatal Ramón y Cajal, e outros 14 investigadores do Programa Juan de la Cierva. Grazas ao apoio da Consellería, as universidades públicas poderán contratar os candidatos seleccionados a tempo completo durante os anos que duren estes programas e coas condicións establecidas nos mesmos.
Ademais, o Goberno galego tamén apoia o fomento da actividade de seis investigadores finalistas das axudas do Consello Europeo de Investigación no marco do programa Horizon Europe. Esta iniciativa busca impulsar a actividade dos investigadores que chegaron á fase final deste programa do ERC, pero non obtiveron apoio, para axudalos co fin de perfeccionar os seus proxectos e obter mellores resultados en vindeiras convocatorias.
Programa Ramón y CajalO obxectivo das axudas Ramón y Cajal é promover a incorporación de persoal investigador nacional e estranxeiro cunha traxectoria destacada e brillante en centros de I+D. Ao abeiro do convenio autorizado hoxe, o Goberno galego destina un total de 1.296.000€ a financiar a contratación de 36 investigadores deste programa Ramón y Cajal por parte das tres universidades galegas a razón de 14 na USC, 12 na UVigo e 10 na UDC.
A Consellería de Educación paga os custos de persoal que non ten financiamento na convocatoria estatal para que a súa contratación non lle supoña gasto ningún ás universidades públicas galegas. O acordo abrangue todo o período de vixencia do contrato (cinco anos), cunha contía por contrato de 36.000€, a razón de 6.000€/ano por persoa contratada durante os tres primeiros anos e 9.000€/ano durante os dous seguintes anos.
Programa Juan de la CiervaO Consello tamén aprobou o convenio de colaboración entre a Consellería Educación, Ciencia, Universidades e FP e as tres universidades públicas galegas ao abeiro do cal financia con 140.000 euros á captación do talento de 14 investigadores (oito na USC, catro na UVigo e dous na UDC) a través do programa Juan de la Cierva na modalidade de formación.
A Consellería paga os custos de persoal que non ten financiamento público por parte do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades para que tampouco lle supoña gasto ningún ás universidades. Os contratos Juan de la Cierva teñen unha duración de dous anos. A Xunta aboará 5.000 euros por contrato ao ano.
A finalidade é incentivar ás universidades galegas para que se presenten á convocatoria deste programa Juan de la Cierva, sabendo que non teñen que pagar a parte que non financia o Ministerio. Asemade, foméntase a contratación de mozas e mozos doutores por un período de dous anos, para que completen a súa formación investigadora posdoutoral.
Programa ERCFinalmente, na reunión semanal do Consello tamén se acordou destinar 300.000 euros a un convenio coas universidades públicas galegas, así como co CSIC, para seguir fomentando a actividade investigadora de candidatos que resultaron finalistas nas últimas axudas adxudicadas polo Consello Europeo de Investigación (ERC) e que non obtiveron financiamento. Así, búscase que desenvolvan actividades que melloren o seu proxecto de investigación para incrementar as súas posibilidades de obter a axuda do ERC en vindeiras convocatorias. Os candidatos finalistas pretenden tres á USC, un á UDC, un á UVigo e outro á Misión Biolóxica de Galicia do CSIC, contando cada beneficiario cun total de 50.000 euros repartidos en dúas anualidades.
O obxecto desta iniciativa, enmarcada no Programa Oportunius, é reter e captar talento a través de investigadores excelentes para crear emprego de calidade e retornos en termos de coñecemento e competitividade científica e económica.
Concretamente, os programas xestionados polo ERC apoian ao mellor persoal investigador de calquera nacionalidade que desexe realizar investigacións en calquera dos 27 estados membros da UE e os seus países asociados. A tal fin, o ERC conta con diferentes tipos de axudas e, deste xeito, o investigador contratado da UDC está subscrito ao programa europeo ERC Starting Grants, mentres que o de Vigo e do CSIC son do ERC Consolidator Grants. Dous científicos da USC participan no programa ERC Synergy Grant e outro no ERC Starting Grants.
Desde a posta en marcha do programa Oportunius no 2014 achegouse un total de 7,6M€ en apoios a investigadores finalistas e gañadores de axudas do Consello Europeo de Investigación e concedéronse 37 apoios a 27 investigadores finalistas das axudas do mesmo. Cabe destacar que cinco investigadores do elenco de finalistas acadaron posteriormente a axuda do ERC.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalO Novo plan de investigación e innovación 2025-2027 aprobarase este ano para potenciar Galicia como territorio referente en I+D+I
Summary:
A Consellería de Ciencia informa ao Consello da Xunta do inicio dos traballos de elaboración coa participación de centros tecnolóxicos, investigadores e empresas
Galicia ten experimentado un gran avance nos últimos anos neste eido, con 751 millóns de euros de investimento e 12.350 persoas traballando
O Consello aproba modificar a composición da Comisión Interdepartamental de I+D+i, á que se incorporan oito novos departamentos ata un total de 32
Idioma GallegoA Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional informou hoxe ao Consello da Xunta do inicio do proceso de elaboración do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027. Este instrumento concretará as iniciativas e apoios á I+D+i que a Xunta desenvolverá nos vindeiros anos para avanzar neste eido e potenciar Galicia como territorio referente. Así mesmo, aprobou modificar a composición da Comisión Interdepartamental de I+D+i, encargada de planificar e coordinar as actuacións e fondos da Comunidade nesta materia para ampliar o seu alcance e adaptala aos cambios nas estruturas orgánicas das consellerías e ampliar o seu alcance.
O novo plan incidirá, en grandes liñas, nunha maior eficiencia e impacto das políticas públicas de I+D+i no desenvolvemento económico e social da nosa Comunidade, no impulso da colaboración público-privada, nunha Administración máis eficiente e eficaz na prestación dos servizos públicos e con maior capacidade de resposta ante os retos actuais da sociedade e na planificación como sinal de identidade da política de I+D+i.
O proceso de elaboración do anteproxecto do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 arranca neste mes de xullo coa avaliación final da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027, contando coa participación dos membros deste sector. Posteriormente, definirase o enfoque estratéxico do plan, a través dunha reflexión interna e externa e da súa validación cun grupo de expertos e coa Comisión Interdepartamental. Finalmente, procederase á redacción do anteproxecto do plan e á súa aprobación polo Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación e polo Consello da Xunta de Galicia.
Crecemento por riba da media estatalEn Galicia realizouse un grande avance nos últimos anos en materia de I+D+i que se reflicte, a nivel cuantitativo, nun investimento récord na nosa Comunidade, con 751 millóns de euros, e o maior número de persoas traballando neste ámbito da nosa historia. Un investimento que se reflexa nos logros acadados, consecuencia do esforzo conxunto do sector público e o sector privado.
Ademais, a día de hoxe Galicia conta co maior número de persoas traballando: con 12.350 persoas, segundo datos da estatística do INE de gasto e persoal en I+D relativos a 2022. De feito, o persoal de I+D aumentou en Galicia entre o 2009 e o 2022 nun 43%, dez puntos máis que no conxunto do Estado.
O Plan galego de investigación e innovación responde a un mandato legal establecido na Lei, de fomento da investigación e da innovación de Galicia e coordínase con outro instrumento, a actual Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), que establece os retos e prioridades da política de I+D+i da Xunta de Galicia para o periodo 2021-2027. O obxecto do plan é o establecemento de obxectivos xerais e particulares no eido da investigación, a transferencia, a valorización e a innovación en Galicia, a coordinación dos axentes do ecosistema de I+D+i e dos recursos dispoñibles; a coordinación da Comunidade Autónoma nos plans e programas nacionais e internacionais, o fomento da innovación e da súa xestión e a medición e avaliación dos resultados acadados en relación cos obxectivos propostos.
Máis membros na Comisión de I+D+iPola súa banda, a nova composición da Comisión Interdepartamental de I+D+i inclúe a participación de oito departamentos máis, chegando aos 32, e tendo representación de todas as consellerías de Xunta de Galicia. Creada no ano 2020 por acordo do Consello da Xunta, ten encomendado o obxectivo de integrar e complementar a visión e perspectivas estratéxicas dos diferentes departamentos da Xunta de Galicia con actuacións no ámbito da I+D+i.
Entre as tarefas realizadas por este órgano, cómpre destacar a elaboración do Decreto que regula a carreira investigadora, convertendo a Galicia na primeira Comunidade en España en regular a carreira profesional de todo o persoal de investigación dependente da Xunta e dos seus organismos; o deseño da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 2021-2027, a elaboración do mapa anual conxunto de apoios á I+D+i da Xunta de Galicia, a creación do portal colaborativo do ecosistema Innovarede ou a definición e concreción das nove propostas de Compra Pública de Innovación que optan a financiamento europeo a través da liña FID do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Como próximas actuacións, entre outras, compételle participar na definición do novo Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 ou na elaboración da próxima lei de ciencia e innovación de Galicia.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Sandiás colaborarán no peche e na ampliación do pavillón polideportivo a carón do colexio
Summary:
A obra terá un orzamento de case 400.000 €, dos que o Goberno galego achegará 180.000 €
O obxectivo é mellorar os equipamentos públicos no rural, de tal xeito que sexan máis útiles a escolares e veciños
Idioma GallegoA Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Sandiás colaborarán no peche e na ampliación do pavillón polideportivo a carón do colexio desta localidade ourensá. A obra terá un orzamento de case 400.000 €, dos que o Goberno galego achegará 180.000 € a través das consellerías de Presidencia, Xustiza e Deportes e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
O Consello da Xunta deu luz verde ao acordo de colaboración entre as devanditas institucións para acometer esta actuación, que ten como obxectivo mellorar os equipamentos públicos deste concello rural, de tal xeito que sexan máis útiles a escolares e veciños.
Na actualidade, a pista polideportiva dispón dunha sinxela cuberta a dúas augas montada sobre unha estrutura de pórticos metálicos. A obra planificada prevé o seu peche perimetral e a súa ampliación pola parte sueste coa finalidade de dotar a instalación de vestiarios, ximnasio e aseos.
A Deputación Provincial de Ourense será a encargada de contratar e executar as obras, para as cales achegará a contía de 110.000 €. Pola súa parte, o Concello de Sandiás, entidade titular do polideportivo, achegará a contía de 109.999,86 €.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de FP no curso 24/25
Resolución do 10 de xullo de 2024 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2024/25.
Tema:
Información xeralEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación ProfesionalColectivo:
Profesorado CentrosResolución pola que se ditan instrucións dos graos D e E de FP para o curso 24/25
Resolución do 10 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de formación profesional para o curso 2024/25
Tema:
Información xeralEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación ProfesionalColectivo:
Profesorado CentrosResolución pola que se ditan instrucións dos graos D e E de FP para o curso 24/25
Resolución do 10 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de formación profesional para o curso 2024/25
Instrución 5/2024 da Secretaría Xeral de Universidades para a recompilación de información dos resultados económicos, científicos técnicos e de comunicación dos centros de investigación das entidades beneficiarias das axudas outorgadas
Instrución 5/2024 da Secretaría Xeral de Universidades para a recompilación de información dos resultados económicos, científicos técnicos e de comunicación dos centros de investigación das entidades beneficiarias das axudas outorgadas ao amparo do establecido na Orde do 24 de outubro de 2023 cofinanciadas no marco do programa Feder Galicia 2021-2027.
Anuncio principal:
Acreditación da excelencia (científica, técnica ou artística) e axudas para a estrutura, a mellora e o apoio aos centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, 2023Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaColectivo:
AlumnadoResolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de FP no curso 24/25.
Resolución do 10 de xullo de 2024 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2024/25.
Cualificacións provisionais probas específicas de atletismo
Anuncio principal:
Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas deportivasDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoCualificacións provisionais probas específicas de baloncesto
Anuncio principal:
Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas deportivasDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoCualificacións provisionais probas específicas de balonmán
Anuncio principal:
Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas deportivasDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoCualificacións provisionais probas específicas de fútbol Culleredo
Anuncio principal:
Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas deportivasDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoListaxe provisional admitidos e excluídos da 2ª convocatoria 2024 de carnés e habilitacións profesionais.
Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da segunda convocatoria 2024 de probas de carnés e habilitacións profesionais.
Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 2 de agosto de 2024.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »