Asistente informático
O asistente informático da aplicación Ciclosadmisión será empregado para realizar as solicitudes e o seguimento dos procesos de admisión da oferta ordinaria (só 1º curso), oferta modular, FP dual intensiva e cursos de especialización.
En FP básica a solicitude será realizada no centro, de orixe ou de destino segundo corresponda. O seguimento poderá realizarse na aplicación.
Accións que se realizarán en Ciclosadmisión:
Nota: Os centros con oferta de FP sostida con fondos públicos teñen á disposición do alumando ordenadores, impresoras e asesoramento.
| Oferta ordinaria | Oferta modular | Cursos de especialización | Dual intensiva | Formación acelerada | FP básica | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Presentación de solicitudes |
16 de xuño ás 9:00 ao 2 de xullo ás 13:00 horas* Guía rápida solicitudes |
|||||
| Resolución provisional de solicitudes |
8 de xullo |
4 de xullo |
8 de xullo |
|||
| Reclamación contra a resolución provisional |
8 de xullo ás 9:00 ao 10 de xullo ás 13:00 horas |
4 xullo ás 9:00 ao 8 xullo ás 13:00 horas |
8 de xullo ás 9:00 ao 10 de xullo ás 13:00 horas |
|||
| Resolución definitiva de solicitudes |
15 de xullo |
10 de xullo |
15 de xullo |
|||
| 1ª Adxudicación de prazas e matriculación das persoas admitidas |
15 de xullo ás 9:00 ao 18 de xullo ás 13:00 horas |
15 xullo ás 9:00 ao 18 xullo ás 13:00 horas |
15 xullo ás 9:00 ao 31 de xullo ás 13:00 horas |
|||
| 2ª Adxudicación de prazas e matriculación das persoas admitidas |
22 xullo ás 9:00 ao 24 xullo ás 13:00 horas |
|
Chamamento polos centros |
|||
| 3ª Adxudicación de prazas e matriculación das persoas admitidas |
29 xullo ás 9:00 ao 31 xullo ás 13:00 horas
|
|
||||
|
Adxudicación continuada |
1 setembro ás 9:00 horas ao 26 setembro ás 13:00 horas |
22 xullo ás 9:00 horas ao 26 setembro ás 13:00 horas |
22 xullo ás 9:00 horas ao 26 setembro ás 13:00 horas |
|||
| Ampliación da oferta modular coas prazas vacantes dos módulos de ciclos con oferta completas |
16 setembro ás 9:00 horas ao 19 setembro ás 13:00 horas |
|||||
*Nota. Quen obteña o requisito de acceso por obter un título de FP ou da ESO no curso 2024-25 presentará a solicitude a partir do 23 de xuño
1º Paso. Solicitude
Prazo de presentación: do 16 de xuño ás 9:00 horas ata 2 de xullo ás 13:00 horas.
Realizar a solicitude no asistente informático só cando se teñan os requisitos de titulación ou proba de acceso. Cando a aplicación o indique será necesario xuntar documentación ou entregar, dentro do prazo, unha copia da solicitude nun centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
- Instrucións solicitude (Ver vídeo).
- Información para persoas con titulacións obtidas fóra do estado español.
2º paso: Consultar a resolución provisional de solicitudes.
3º paso: Reclamar, cando se atope algún erro na resolución provisional.
No caso de detectarse erros nos datos da resolución provisional, a aplicación Ciclosadmisión permitirá ás persoas con solicitude facer unha reclamación. Este servizo só estará dispoñible durante os períodos de reclamacións establecidos.
4º paso: Consultar a resolución definitiva de solicitudes.
5º paso: Consultar a adxudicación de prazas.
No caso de ter praza adxudicada, a aplicación permitirá matricularse ou renunciar. A renuncia para seguir en lista de espera das prazas de mellor opción só é necesario presentala no caso da oferta ordinaria ou en cursos de especialización.






