Skip to Content

Complementarias

Actividades Abril 2018

Venres, 6 de abril: a proposta da Biblioteca, recibimos á avogada Carmen Abeledo: "Marco legal nos casos da Violencia de Xénero".

Luns, 9 de abril: a profesora e poeta Montserrat Yoldi, presentou o seu libro de poemas, recentemente publicado, Cinsa na Boca.

 

17 e 19 de abril: alumnado de 2º ESO participará nun Obradoiro de poesía impartido por Montserrat Yoldi.

20 de abril, 18:00 horas, Salón de Plenos do Concello (Edicio Axudantía. Porto de Sada): Actividade destinada ás familias no marco do Programa da Deputación Suprime o Control.

Luns, 23 de abril: a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, recibiremos a Vanesa Santiago, que ofrecerá unha Charla-Coloquio para alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato.

Mércores, 25 de abril: alumnado 1º ESO realizará a visita á Biblioteca de Sada.

Mércores, 25 de abril: Obradoiro de convivencia nas aulas - 3º ESO. 

Xoves, 26 de abril: Percorrido pola Coruña con planos. Oraniza Departamento de Francés. Participa alumnado de 4º ESO e 1º Bach que cursa Francés.

25, 26 e 27 de abril, profesorado dos Departamentos de Tecnoloxía e Economía xunto co alumnado, representará ao centro en FP Innova, que se celebrará no Gaiás en Santiago.

Xornalismo na Escola III Edición

O pasado 5 de marzo os nosos alumnos e alumnas de 4º ESO asistiron a un obradoiro impartido polo xornalista Pablo Díaz, graduado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. A actividade desenvolveuse dentro do proxecto que desenvolve o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que xa vai na III edición de “Xornalismo na escola” e financiado pola Obra social La Caixa.

O obradoiro desenvolveuse en dúas sesións, cunha duración total de 90 minutos e co obxectivo de introducir ao noso alumnado no mundo dos medios de comunicación. Pablo Díaz explicounos, dende un punto de vista práctico e de forma moi amena, cal é o papel dos xornalistas, como funciona un medio de comunicación, como detectar as “fake news”, que se entende por “posverdade”, cal está a ser o papel das redes sociais: twitter, instagram...na información, como aprender a detectar os “bulos”, é dicir, rumores, nas redes, como distinguir o que é noticia e o que non...

Ao noso alumnado este obradoiro resultoulle moi interesante e de moito proveito para poder seleccionar e recibir con espírito crítico a moita información que a diario reciben.

 

eduMOTIVA

O alumnado de TIC  e Robótica de 1º Bacharelato visitará o 20 de marzo de 2018 o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS)

A visita será guiada e incluirá demostracións interactivas das liñas de investigación do CiTIUS. O alumnado poderán descubrir:

  • A Nao, o noso pequeno robot humanoide.
  • Como se orientan os robots para desprazarse.
  • Visualización de moléculas e órganos humanos en 3D co noso sistema de realidade virtual.
  • Como funciona o Kinect e para que o usamos en investigación.
  • Para que se empregan os chips de visión artificial.
  • Como é un Centro de Procesado de Datos (CPD) por dentro.

A visita inclúe a charla sobre "Máquinas intelixentes"

 

Actividades Marzo 2018

5 de marzo:

Plan Director: Prevención de Drogodependencias. Alumnado 2º ESO. Departamento Orientación.

Cruz Vermella: Obradoiro sobre o Día da Muller Traballadora. Alumnado 3º ESO. Departamento Orientación.

7 de marzo:

Plan Director: Os Perigos de Internet. Alumnado 3º ESO. Departamento Orientación.

Programa de Reserva da Biosfera: As Brañas de Sada. Alumnado Bacharelato.

8 de marzo:

Programa de Reserva da Biosfera: As Brañas de Sada. Alumnado 4º ESO.

9 de marzo:

Obradoiro de Arqueoloxía. Alumnado 1º ESO. Departamento Xeografía e Historia.

15 e 19 de marzo:

Programa de Reserva da Biosfera: Saía ás Brañas de Sada. Alumnado 4º ESO e Bacharelato.

 .

IV Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero da Deputación

Alumnado de 2º de Bacharelato que cursa a materia de Literatura Galega do Século XX e Actualidade, titorizado polo profesor Xosé Seoane, gaña o IV Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero que convoca a Área de Igualdade da Deputación da Coruña.

 

 

Actividades Febreiro 2018

O xoves día 1 de febreiro recibimos a visita do alumnado do IES Mosteirón e do CEIP Cruz do Sar de Bergondo. Moitos deles serán alumnos/as nosos o próximo curso.

O venres 2 de febreiro, e organizada pola Biblioteca do centro, alumnado de 3º ESO e parte de 4º ESO, fixeron unha visita ao Ágora, Domus e Muncyt.

O luns día 5, organizada tamén pola Biblioteca, o alumnado de ESO, visitou a Biblioteca González Garcés, e visionou unha película na Domus.

O  martes 6 de febreiro, baixo a organización do departamento de Orientación, alumnado de 1º Bacharelato, visitou o campus da USC, así como a Residencia e o Comedor universitario.

8 de febreiro: O Equipo de Dinamización Lingüística organizou unha charla sobre Prexuízos Lingüísticos destinada ao alumnado de 3º de ESO e impartida por Mercedes Queixas, autora de numerosas publicacións que teñen relación con este tema.

O venres 9 de febreiro actividades de Entroido no patio central do instituto: disfraces, baile e concursos.

Do 14 ao 19 de febreiro, alumnado de 1º e 2º Bacharelato, fai unha viaxe didáctica a Londres, organizada polo Departamento de Inglés.

O martes 20 de febreiro, o Departamento de Economía organiza unha charla sobre Actividade Emprendedora; dirixida a alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato.

O luns 26 de febreiro festexaremos o cumpreanos de Rosalía de Castro. Faremos lectura de poemas  e adornaremos o patio central coa foto e con flores.

O luns 26 de febreiro o departamento de Orientación organiza unha charla para alumnado de 2º Bacharelato e as súas familias, coa finalidade de proporcionarlles información sobre Acceso á Universidade.

 

Actividades Xaneiro 2018

Do 6 ao 13 de xaneiro: Viaxe a Andorra. Actividade organizada polo Departamento de Educación Física.

Do 10 ao 12 de Xaneiro: Programa Socioeducativo da Deputación da Coruña de Prevención da Violencia de Xénero: Suprime o control. Participa alumnado de 3º e 4º ESO.

!5 de Xaneiro: Alumnado de Bacharelato que cursa Historia, asistirá a unha charla sobre o libro Meirás, un pazo, un caudillo, un expolio. Falarán os autores do mesmo. A actividade está organizada polo Departamento de Xeografía e Historia e terá lugar na sala de Usos Múltiples do centro.

18 de Xaneiro: O Equipo de Dinamización Lingüística organiza unha charla sobre Prexuízos Lingüísticos destinada ao alumnado de 3º de ESO. Será impartida por Mercedes Queixas, autora de numerosas publicacións que teñen relación con este tema. CAMBIO DE DATA: 8 DE FEBREIRO 2018

19 de Xaneiro: Presentación "Somos reserva da Biosfera" - Programa de Educación Ambiental Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Destinatario: alumnado 1º ESO.

25 de xaneiro: Alumnado de 2º Bacharelato visitará o Arsenal de Ferrol e o Castelo de S. Filipe. A actividade está organizada polo Departamento de Xeografía e Historia.

26 de xaneiro: A importancia da auga. Participación no concurso A Auga non para! - Programa de Educación Ambiental Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Destinatario: alumnado 1º ESO.

Viaxe Andorra Xaniero 2018

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VIAXE ANDORRA

Os nosos compañeiros disfrutaron de actividades na neve en Andorra.

 

 

 

 

Fotos do Entroido

Cun pouco de retraso, as fotos do Entroido

 

De Entroido 2014
Distribuir contido


by Dr. Radut