Skip to Content

Espazo Maker

GenTech: DigiTalent

Ciclo de accións divulgativas enmarcadas dentro do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, Digitalent 2020, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Xunta de Galicia. O obxectivo é fomentar o atractivo vocacional cara ás carreiras profesionais STEM (Ciencias, Enxeñería, Tecnoloxía e Matemáticas) dende as primeiras etapas escolares, rachando as barreiras entre mozos e mozas neste tipo de carreiras.

O xoves, 14 de febreiro, dous traballaldores de Altia, empresa adherida ao Pacto Dixital da Xunta de Galicia, desprazáronse ata o centro co propósito de espertar o "gen tecnolóxico" no alumnado de Robótica, Tecnoloxía Industrial e TIC de Bacharelato, propoñéndolles o "Desafío GenTech": Concurso de ideas para xerar solucións tecnolóxicas innovadoras para mellorar o ámbito educativo.

Veremos se algún equipo anímase a participar!!!!

Proxecto STEM + VR

O alumnado de 2º ESO puido desfrutar do 14 ao 28 de xaneiro de 2019 dunha experiencia de realidade virtual, grazas ao préstamo da Fundación 3M dunha plataforma educativa virtual e gratuíta de divulgación científica co obxectivo de fomentar as voacións STEM entre o alumnado de 1º ciclo da ESO.

O proxecto conta con catro experiencias de aprendizaxe baseadas nas catro disciplinas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). O xogo é colaborativo e poden interactuar tanto os xogadores con PS VR, como os que non o teñen.

 

Xa temos mascota do Espazo Maker

Deseños de Manuel Cea Aguiar (gañador) e Sara Sánhez Mondaca (accésit). Parabéns