Skip to Content

Circulares

Comunicado ANPA

Estimados socios e socias:

Poñémonos en contacto con vos para comunicar a necesidade de formar unha nova xunta directiva para a Anpa As Brañas.

Ao remate deste curso 23/24 tres dos actuais membros deixaremos os nosos cargos.

Foron catro anos de colaboración e participación na actividade do centro, algún deles especialmente complicados como os da pasada pandemia e cremos que chegou o momento do relevo, de que o IES Isaac Díaz Pardo conte cun proxecto novo na Anpa que poida aportar novas ideas.

Os que estean dispostos a afrontar este reto, pregámoslles que se poñan en contacto con nos o antes posible para comentar o  procedemento e os pasos a seguir.

Antes de que remate o curso, convocaremos unha asemblea co  fin de aprobar unha modificación dos estatutos que axude a simplificar a formación do equipo directivo desta asociación e a elección da nova xestora da Anpa As Brañas, para que poida facerse cargo dende o inicio do novo curso.

No caso de non conseguir una nova directiva, verémonos obrigados á disolución da asociación xa que non habería membros bastantes para formar o equipo necesario, polo que pregamos a vosa colaboración para manter un elemento tan importante da comunidade escolar.

 Moitas grazas pola vosa colaboración.

Anpa As Brañas

ANPA: Entrega libros Curso 2023/24

O vindeiro luns, 11 de setembro, procederase á entrega dos libros asignados a aqueles socios que os solicitaran.

A entrega efectuarase no local da ANPA de 18:00 a 19:15 horas. 

ANPA Curso 2023/24

Prezadas familias:

Este ano, como o pasado, a forma de asociarse á ANPA do IES Isaac Díaz Pardo será a través dun formulario en liña cos seguintes campos:

  • Datos familiares precisos para a alta,
  • Solicitude de libros ao banco da ANPA.

Deben xuntar o xustificante do pagamento da cota anual, que este ano será de 20 €, na conta Nº ES09 2080 0035 1330 4004 0960 de ABANCA a nome da asociación ANPA As Brañas, co seguinte texto: "COTA ANUAL DE SOCIO, apelidos e nome do/a alumno/a, curso no que se matricula no ano académico 2023/24".

A cota de socio é unica por familia, polo que no caso de que no centro cursen varios irmáns, a cota é de 20 € para todos os irmáns.

Aínda que o centro está incorporado ao proxecto E-Dixgal para todos os cursos da ESO, continuamos con banco de libros para as materias que non se imparten en dixital.

Poden facerse socios da ANPA en calquera momento do curso pero para solicitar libros o prazo límite para facerse socio e pagar a cota será o 31/08/2023. Este ano cambian os libros de 2º e 4º ESO, polo que precisamos coñecer con tempo as familias que solicitan libros.

AVISO: Para poder ter dereito de acceso ao banco de libros será imprescindible cumprir dous requisitos:

  • Encher formulario e envialo antes do 31/08/2023.
  • Ter pagada a cota de socio de 20 € antes do 31/08/2023.

Premer no seguinte enlace para darse de alta como socio:

https://forms.office.com/r/0vcRAicecJ

 

Comunicado socios ANPA

Prezados socios:

A devolución e recollida de libros pertencentes ao banco da ANPA realizarase o 19 e 21 de xuño no seguinte horario:

  • 19 de xuño: de 16:30 a 19:00 horas
  • 21 de xuño: de 12:00 a 14:00 horas.

Os libros deixaranse no centro, no local da ANPA. O teléfono (639526785) estará dispoñible nos horarios citados por si xorde algunha incidencia.

Proximamente publicarase na páxina web do centro o formulario para a inscrición como socios para o curso 2023/24.

Solicitude libros ANPA setembro 2021

Estimad@s Asociad@s,

 Desde a ANPA infórmase:

  • Que o prazo  máximo para solicitar libros, de todos aqueles que se inscribiron como novos socios para o curso 2021/22 finalizará o próximo xoves  día 9 de setembro ás 14:00 horas  e que fora dese prazo será posible a inscrición como socio, pero o acceso aos libros será só daqueles que queden dispoñibles.
  • En principio prevese como data para a entrega dos libros o día 13 de setembro; en canto á hora e forma de entrega informarase por correo electrónico aos socios ao longo do venres día 10, unha vez se pechen listados.
  • Este curso os libros do fondo serán só de ESO e das materias que non participan en E-Dixgal, isto é:

Inglés de primeiro e segundo de ESO

Inglés, Francés e Galego de terceiro e cuarto de ESO

 

Circular ANPA Curso 2021/22

Prezadas familias:

Este ano, como o pasado, a forma de asociarse á ANPA do IES Isaac Díaz Pardo será  a través dun formulario on-line. Nel atoparades os seguintes campos:

  • Datos familiares precisos para a alta.
  • Solicitude de libros ao banco da ANPA
  • Comentarios e suxestións.

Debedes enviar o xustificante de pagamento da cota anual, que continúa sendo 15€, na conta  nº ES09 2080 0035 1330 4004 0960 de Abanca a nome de Asociación ANPA As Brañas, co seguinte texto, COTA ANUAL DE SOCIO e nome do/a alumno/a.

A cota de socio é unica por familia, polo que si no centro cursan varios irmáns, a cota será 15 € para todos.

Como sabedes, o centro implanta o Proxecto E-Dixgal para todos os cursos da ESO, aínda así continuaremos co banco de libros para as materias que non entran no programa e que, como en anos anteiores estará suxeito á dispoñibilidade aínda que tentaremos repartilos da forma máis xusta posible e que, como mínimo, cada socio, que o solicite, dispoña dun libro. 

Premer no enlace para darse de alta como socio ANPA: 

https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=DQSIkWdsW0yxEjajBLZtrQAAAAAAAAAAAAMAAJ744WtUQzJQSUFUQzBHTEFYV0tKREI0UVBIMlpXVi4u

O pasado curso continuamos coas clases de idiomas na academia London Town, e coas vosas aportacións colaboramos co centro na compra de equipos de medición da calidade do aire para as aulas e coa graduación do alumnado de 2º Bacharelato.

Este curso, dependendo da situación sanitaria, buscaremos novas formas de colaboración.

Toda persoa que desexe formar parte da ANPA pode comunicalo a través deste correo electrónico. 

Un saúdo

ANPA As Brañas

Colaboración ANPA e Concellaría de Educación e Deporte

Prezados socios:

Esperamos que vós e as vosas familias vos atopedes en bo estado de saúde.

Ante a complicada situación que estamos a vivir, a ANPA considerou que a mellor forma de investir parte dos fondos de que dispón a asociación é colaborando co equipamento informático do centro,  co fin de incrementar os recursos para docencia e facilitar o ensino virtual (cesión de equipos) no caso de peche de grupo ou centro.

En colaboración coa Concellería de Educación e Deporte do Concello de Sada, financiaouse a compra de oito equipos portátiles, para completar a dotación do Taller de Tecnoloxía.

Grazas pola vosa colaboración.

Aproveitamos esta circular para informar de que continuamos á espera de poder convocar á asamblea xeral co fin de presentar as actividades da ANPA para este ano.

No caso de continuar as restricións, enviaremos circular informando das actuacións, estado de contas...

Quedamos a vosa disposición.

Grazas pola vosa atención e sobre todo saúde.

ANPA: Entrega libros en préstamo 1º, 2º ESO

Prezados/as socios/as:
 
O luns 14 de setembro procederemos á entrega dos libros en préstamo para os cursos de 1º e 2º ESO, co seguinte horario:
1º ESO: 16:00 a 17:30 horas
2º ESO: 17:30 a 19:00 horas
 
Pregamos o máximo respecto aos horarios e normas de seguridade COVID-19 marcadas  polo centro, evitando sobre todo as aglomeracións.
 
É importate destacar que para acceder ao "Banco de libros" é imprescindible estar ao corrente do pagamento da cota de socio da ANPA.

ANPA Escola de Nais e Pais: Taller sobre o uso das novas tecnoloxías e redes sociais

Prezadas familias
Contactamos de novo para informar da posta en marcha, coa colaboración do Concello, do Taller sobre o uso das novas tecnoloxías e redes sociais, un dos temas que máis nos preocupa aos pais. Logo da reunión con María Nogareda, concelleira de Educación,  tentaremos realizalo antes de Nadal.
Agradecemos a vosa participación na enquisa porque nos permitiu coñecer as inquedanzas da maioría, facilitando a proposta de actividades de interese.
Solicitamos de novo a vosa colaboración para responder a unha serie de cuestións que se formulan a continuación, co fin de contar cunha boa loxística á hora de organizar o taller.
Queremos trasladar a importancia de participar no taller mencionado, co fin de facilitar a continuidade destas actividades e outras futuras.

 Para responder formulario pulsar  aquí

 Enlace:

 Saúdos e grazas pola vosa colaboración

ANPA: Proposta de Actividade

Dende a ANPA, estamos mantendo conversas co Concello co fin de abrir posibles vías de colaboración, en concreto, a Concellería de Educación, está estudando a posibilidade de crear una Escola de Pais e Nais, na que tratar algúns dos temas que máis nos preocupan en relación cos nosos fillos.

Co fin de coñecer se considerades esta actividade interesante e os temas do voso interese, poñemos á vosa disposición unha enquisa anónima, para que nos fagades saber os temas que vos gustaría tratar na citada Escola.

Para participar non é preciso ser socio, polo que calquera que o considere interesante pode cubrila.

https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=DQSIkWdsW0yxEjajBLZtrQAAAAAAAAAAAAMAAJ744WtUOE5SN0xQV1JFQlJEQkcwRExFR0ZYT1NJVi4u

Soamente leva un par de minutos cubrila e esperamos que saia algo interesante da enquisa.

Grazas por colaborar.

Distribuir contido


by Dr. Radut