Skip to Content

Calendario de curso e de exames

Calendario fin de curso 2º Bacharelato. Curso 2023/24. Convocatoria ordinaria

16 de maio 2024:

9:00 horas, aulas de cada grupo: Entrega boletíns de cualificacións. Publicación en Abalar

9:15 horas, aula de usos múltiples: Reunión da orientadora co alumnado que se presenta á ABAU na convocatoria ordinaria.

20 e 21 de maio (ata as 14:00 horas): Revisión e reclamación cualificacións/decisión titulación convocatoria ordinaria

 Premer no enlace para consultar procedemento reclamación

Revisión: O alumnado ou os seus representantes legais poderán solicitar ao profesorado e á persoa docente titora cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o seu proceso de aprendizaxe, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado do devandito proceso. En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais.

 

Reclamación:

No caso de que persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou coa decisión de titulación adoptada para un alumno ou alumna, este ou os seus representantes legais poderá solicitar por escrito a revisión, no prazo de dous días lectivos contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación. Premer no enlace para acceder aos modelos

Solicitude de revisión dunha cualificación:

Xefatura de estudos traslada a solicitude ao departamento didáctico e comunicará tal circunstancia á persoa docente titora.

22 de maio (14:00 horas): Xefatura de estudos comunica por escrito a decisión razoada do departamento didáctico de ratificación ou modificación da cualificación revisada e información por escrito á persoa titora.

Solicitude de revisión da decisión de titulación

Xefatura de estudos traslada a solicitude á persoa docente titora como responsable da coordinación da sesión de avaliación.

22 de maio: Reunión extraordinaria de avaliación para a revisión do proceso de adopción da decisión de titulación á vista das alegacións realizadas.

16 e 20 de maio: Matrícula ABAU no centro

21 de maio: Continuidade das clases (preparación probas ABAU e/ou probas convocatoria extraordinaria).

23 e 24 de maio (ata as 14:00 horas): Reclamación ante Xefatura Territorial. Premer no enlace para acceder aos modelos.

No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou coa decisión sobre a titulación adoptada polo equipo docente, o alumnado ou os seus representantes legais poderán presentar por escrito á dirección do centro docente, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada, reclamación ante a Xefatura Territorial. 

Probas materias pendentes. Terceiro parcial. Curso 2023/24

Premer sobre a imaxe para descargar o arquivo

Día non lectivo

O luns, 15 de abril de 2024, é día non lectivo elixido polo centro e autorizado pola Xefatura Territorial.

Probas de materias pendentes. Segundo parcial. Curso 2023/24

 Premer sobre a imaxe para descargar arquivo

Calendario Curso 2023/24

Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia

Premendo sobre o enlace é posible consultar datas importantes do calendario do curso 2023/24.

Logo da publicación da Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, e por acordo de claustro e consello, acórdase solicitar como día non lectivo o 15 de abril no lugar do 20 de maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut