Skip to Content

Convocatorias de axudas

Axudas alumnado actividades de formación en linguas extranxeiras 2024

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Requisitos de participación:

  • Estar cursando Bacharelato durante o curso 2023/24.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.
  • Ter acadado no curso 2022/23, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Non estar incurso, nin o/a solicitante nin as persoas representantes/membros da unidade familiar, nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Estar en posesión de DNI, NIE ou pasaporte.

As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titor/a legal, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

Prazo aberto do 13 de febreiro ao 12 de marzo de 2024 (incluído).

Preme para consultar o cartel informativo

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes de solicitudes admitidas, solicitudes que precisan enmenda e solicitudes excluídas e ábrese un prazo de 10 días hábiles (fin de prazo 11 abril) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

   https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ 

O 23 de abril foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións segunDo o establecido na Orde do 29 de xaneiro de 2024. 

Consultar na web da convocatoria ou no portal educativo

Distribución de máscaras

Está dispoñible na secretaría do centro a relación definitiva de solicitudes concedidas (todo o alumnado beneficiario das axudas de material escolar). Non hai solicitudes excluídas.

O luns 13 de decembro comezará a distribución das máscaras correspondentes polos días lectivos que restan ata final de curso.

As persoas solicitantes poden recollelas na Secretaría do centro en horario de  9:00 a 14:00 horas.

Criterios e procedemento de distribución de máscaras

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

Alumnado beneficiario

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22:

Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para mercar material escolar no curso 2021/22

 

Non fose beneficiaro da axuda para adquirir material escolar, pero:
  1. Pertenza a familias cunha renda per cápital igual ou inferior a 6.000 €
  2. Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar

Prazo solicitudes:

10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG.

(15/11 - 26/11)

Criterios e procedemento de distribución de máscaras

Hoxe comezou a distribución das máscaras correspondentes polos días lectivos que restan ata final de curso

Criterios e procedemento de distribución de máscaras

Está dispoñible na secretaría do centro a relación provisional de solicitudes concedidas (todo o alumnado beneficiario das axudas de material escolar).

En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Esta reclamación entenderase resolta coa publicación da listaxe definitiva.

Convocatoria premios extraordinarios

 

Premios extraordinario ESO ao rendemento académico Premios extraordinarios Bacharelato
  • Media da etapa igual ou superior a 9 puntos
  • 20 premios de 750 € cada un
  • Prazo de presentación de solicitudes: do 27 de xullo ao 21 de agosto
  • Media Bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos
  • 20 premios de 1.000 € cada un
  • Prazo de presentación de solicitudes: do 23 de xullo ao 24 de agosto

Axudas alumnado actividades de formación en linguas estranxeiras ano 2019

Nota informativa do 13 de maio de 2019:

Publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente, ordenado por puntuación por cada un dos cursos.

Publicada a listaxe de solicitudes con requirimentos relacionados coas comprobacións de datos referidas no artigo 8.1. O contido destes requirimentos poderase consultar, mediante o número do documento de identificación (DNI, NIE, etc.) da persoa representante ou da persoa solicitante no caso de que esta sexa maior de idade, na aplicación.

Ábrese un prazo de 10 días naturais para efectuar reclamacións e para a presentación da documentación sinalada nos requerimentos relacionados coa comprobación de datos.

Nota informativa 11 de xuño de 2019:

Publicadas as listaxes defintivas de alumando seleccionado e suplente

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Prazo de 5 días naturais para que os solicitantes fagan o pago da achega familiar e remitan á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través dun Rexistro Oficial ou mediante correo ordinario:

  • Aceptación ou renuncia á axuda.
  • Xustificante bancario de pagamento á empresa adxudicataria dos cursos no número de conta indicado no menú "3. Estado da solicitude". Este pagamento non terá devolución no caso de renuncia posterior.

Convocatoria Campus Científicos de Verán 2019. Fundación Espanola para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e Estancias no CERN.

Requisitos:

  • Cursar no presente ano académico

1º Bacharelato Ciencias

4º ESO Ensinanzas Académicas (Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química)

4º ESO Ensinanzas Aplicadas (Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional e Tecnoloxía)

  • Data de nacemento: posterior ao 31/12/2001
  • Nota media igual ou suerior a 8,5 puntos no curso 2017/18.

Como novidade, nesta edición 20 estudiantes de 4º ESO poderán realizar unha estancia no Programa High-School Students Internship del European Organization for Nuclear Research (CERN) en Ginebra, Suiza.

Premer para completar información.   https://www.campuscientificos.es/

Distribuir contido


by Dr. Radut