Skip to Content

Abalar Móbil

O mércores, 21 de decembro, publicáronse as cualificacións da primeira avaliación das ensinanzas de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos co obxectivo de que  foran consultadas polos responsables do alumnado a través do portal espazoAbalar ou da aplicación abalarMóbil.
 
 
A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil.
 
 
É unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia. 
 
 
 
Pode instalarse no teléfono móbil ou nunha tablet. A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 
 
 

PASOS A SEGUIR PARA A INSTALACIÓN:

  1. PRIMEIRO BUSCAMOS EN PLAY STORE OU APPLE STORE "ABALARMOBIL" E A INSTALAMOS.
  2. PEDIRANNOS UN NÚMERO DE MÓBIL PARA REXISTRARNOS (o mesmo que se facilitou na Secretaría do centro no momento da matrícula do alumnado).
  3. A ESE MESMO NÚMERO NOS ENVIARÁN UN CÓDIGO DE 9 DÍXITOS.
  4. CON ESE CÓDIGO XA PODEMOS FINALIZAR A INSTALACIÓN.

 

REQUISITOS CONTRASINAL:

  • Conter mínimo 8 caracteres.
  • Conter polo menos unha maiúscula, unha minúscula e un número.
  • Non coincidir coas últimas 5 contrasinais anteriores (debe ser distinta en 3 caracteres como mínimo)
  • Non pode estar composto polo DNI nin o nome ou apelidos do propio usuario.

CALQUERA PREGUNTA QUE TEÑAN NON DUBIDEN EN CHAMAR AO CENTRO

 

 Guía para as familias abalarMóbil 

Guía para as familias abalarMóbil
 
 
 
As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades
•Acceder aos datos persoais
•Consultar as cualificacións
•Consultar e xustificar as faltas de asistencia
•Solicitar unha cita de titoría
•Consultar os datos do centro educativo
•Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
 


page | by Dr. Radut