Skip to Content

Plan Proxecta

PLAN PROXECTA 2018-2019

Premer no enlace para ver todas as actividades e fotografías do Plan Proxecta deste curso. 

Parabéns a todos e todas!!

 

Ruta pola costa de Dexo

O alumnado de 1ºESO realizou unha ruta pola costa de Dexo o martes 12 de xuño. Para rematar o curso en boa forma!!!!

 

Ao día seguinte o  alumnado de 2ºESO realizou unha ruta arredor de Cambre. Non ían ser menos!!!!

 

BOAS VACACIÓNS A TODAS E A TODOS!!!

 

Que bebemos?

O alumnado de 2ºESO no marco da materia Promoción de Estilos de vida Saudables analizou o contido de azucre presentes en diferentes bebidas, e o expuxo tal como vemos na seguinte imaxe

 

Gala Educación Ambiental 2018

Hoxe celebrouse, na Casa da Cultura "Pintor Lloréns", a gala final do Programa de Educación Ambiental 2018 da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, iniciativa na que participaron 1044 alumnos e alumnas dos colexios e institutos de Sada.

21@Carreira Solidaria da ONG ACCIÓN CONTRA EL HAMBRE

O 18 de maio o alumnado de 1º e 2º ESO realizou a carreira solidaria cun percorrido dentro do propio centro. Como testemuña presentamos as seguintes fotografías.

 

21@Carreira Solidaria da ONG ACCIÓN CONTRA EL HAMBRE

Presentación da 21@carreira Solidaria destinada ao alumnado de 1 e 2º ESO.

ACTUACIÓN DO SASA (salvamento acuático de Sada)

  O SASA (salvamento acuático de Sada) estivo no centro para ensinar o alumnado principios básicos do salvamento.

PROGRAMA: XOGANDO AO RUGBI

Xogando ao rugbi da Federación galega celebrado do 3 ao 6 de abril no centro.

 

 

 

 

Terceira avaliación

DAFIS

O programa DAFIS ten como obxectivo realizar un seguimento das capacidades físicas do noso alumnado e poder facer comparativas con outros rapaces de súa idade ademais de valorar os seus  resultados  implicando aos alumnos para comprender os datos e poder tomar decisións ao respecto.

A consellería aporta todo o material necesario para realizar os exercicios que nos permiten coñecer as capacidades físicas do alumnado.

Segunda avaliación

Na materia de Cultura Científica de 4ºESO e no marco do plan Proxecta realizouse cuxo obxectivo tiña combiar a  alimentación e a actividade física, para iso propúxose ao alumnado desta materia científica o seguinte proxecto:

Como crear un restaurante/cafetería saudable ?

 Sodes un grupo de persoas que intenta abrirse camiño no mundo laboral ao mesmo tempo que estades concienciados dos beneficios dunha dieta equilibrada e sana, polo que decidides montar un restaurante. Debedes presentar o voso proxecto e suxiro que incluades os seguintes aspectos:

1.- O lugar onde situaredes o voso restaurante

2.- Publicidade que ides a elaborar para dalo a coñecer

3.- Carta de menús (que cumpra a roda de alimentos....) tamén podedes propoñer actividade física (por exemplo  propoñer paseos, , información sobre cómo queimar as calorías inxeridas...)

4.- Outros que demostren creatividade (por exemplo realizar cursos de cociña saudable, valoración do consumo de proximidade...)

Todos os apartados anteriores deben ser xustificados.

 

Esta actividade tivo moi boa acollida e os resultados foron moi satisfactorios pois o alumnado realizou carta de menús moi axeitados para unha dieta equilibrada e combinarono  coa actividade física de diferentes formas (ter un ximnasio no restaurante con incentivos coma rebaixar un 20% do menú quen practique 30/45 minutos de actividade física, sistema de abonos...), ademais da publicidade e incluso algún grupo trouxo uns "donuts sanos" de elaboración propia.

Parabéns a todos e a todas!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut