Skip to Content

Cursos gratuítos de capacitación dixital para persoas adultas

A presentación dos cursos realizarase o luns 25 de setembro de 2023, ás 18:15 horas no centro.

 

 

O IES Isaac Díaz Pardo pertence á rede de centros de capacitación dixital. O obxectivo destos centros é formar en competencia dixital básica á poboación adulta que non estea recibindo formación no sistema educativo galego.

 

Os cursos de formación son de 30 horas e están subvencionados polo Fondo Social Europeo, polo que son gratuítos. Con estos cursos poderán acreditarse unidades de competencia de cualificación profesional.

 

Os cursos desenvolveranse na aula de informática do IES Isaac Díaz Pardo, a partir do mes de setembro en horario de tarde con grupos de 12 a 15 persoas.  O principal obxectivo é aprender a manexar internet e dispositivos electrónicos como móbiles ou tablets e tratarán temas como compras por internet, correo electrónico, uso da nube, búsqueda de emprego, redes sociais, creación de videos, firma dixital...

 

As persoas interesadas deberán completar a enquisa dispoñible no seguinte enlace.

Enquisa cursos gratuítos de capacitación dixital

 

A inscrición realizarase preferentemente mediante formulario ou de forma presencial na Secretaría do IES Isaac Díaz Pardo (horario de 9.00 a 13.30 de luns a venres) durante o mes de setembro.

 

Teléfono: 881 88 09 42

ies.isaac.diaz.pardo@edu.xunta.gal

Inicio curso 2023/24

A actividade lectiva comeza o luns, 11 de setembro, no horario habitual do centro, de 8:45 a 14:20 horas e de 16:30 a 18:10 horas.

  • Alumnado 1º ESO: dirixirase ao distribuidor sito diante das aulas de 1º ESO (á dereita das escaleiras). Será recibido na Biblioteca polo equipo directivo, departamento de orientación e titores de grupo.
  • Alumnado 2º ESO: dirixirase ao distribuidor sito diante das aulas de 2º ESO (á esquerda das escaleiras). Será recibido en Usos Múltiples polo equipo directivo, departamento de orientación e titores de grupo.
  • Resto alumnado ESO e Bacharelato: agardará a ser chamado para dirixirse ás aulas de grupo acompañado polos titores

Consultar planos de aulas

Consultar horarios de grupos 

Asignación de grupo: consultar ABALARMÓBIL

Haberá transporte para todo o alumnado que o solicitou no momento de formalizar a matrícula.

  • Os autobuses iniciarán os percorridos nos horarios habituais. 
  • Os carnés serán entregados nesta primeira xornada
  • Rutas

 Ruta 1 (Mandín-Cruce de Samoedo): IES Isaac Díaz Pardo, Cruce de Samoedo, O Castro, Arrancapinos, Obra do Paño, Espíritu Santo, Coiro, Soñeiro 1, Lugar de Costa 20A, Mandín 

Ruta 2 (Transporte Integrado, Xeitosiña-Tarabelo): IES Isaac Díaz Pardo, Tarabelo, Mondego 1, Mondego 2, Mosteirón 1, Mosterión 2, Castelo, Osedo 1, Osedo 2, Seixeda, Xeitosiña 

Ruta 3 (Castelo 2, Aldea de Carta): IES Isaac Díaz Pardo, Aldea de Carta, Meirás, Pé do Muíño, Penedo, Souto da Igrexa 2, Souto da Igrexa 1, Vilar 1, Vilar 2,  Castelo 1, Castelo 2 

Ruta 4 (Carnoedo-Fontán): IES Isaac Díaz Pardo, Fontán (Casa dos mariñeiros), Pazos 1, Pazos 2, Carnoedo 

Ruta 5 (Riobao-Fontán): IES Isaac Díaz Pardo, Riobao, Beloi, Souto 83, Souto 1, Taibó 1, Taibó (Caínzo), Veigue 2, Veigue 1, A Valexa,  Fontán (Casa dos mariñeiros)

USC. Certame audiovisual "Explícoche matemáticas 2.0"

Carmen Castelo Monteagudo, Inés Prado Justo e Noa Salinas González do IES Isaac Díaz Pardo proclamáronse vencedoras do certame ‘Explícoche Matemáticas 2.0’ co vídeo titulado ‘Cero e os infinitos’. Titorizadas pola profesora Beatriz Máquez Villamarín, as estudantes recibirán un premio de 200 euros no marco deste certame que pretende promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

 

Listaxe provisional Axudas material escolar 2023/2024

Consultar na Secretaría do centro

 https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional realizada o 12 de xullo de 2023.

 As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2023 como data límite.

Proposta de ponderación para o curso 2024/25 e seguintes (valores provisorios)

Proposta de ponderación para o curso 2024/25 e seguintes (valores provisorios)

Matrícula Educación Secundaria de Adultos (ESA). Módulos 3 e 4. Curso 2023/24

Aberto o prazo de matrícula.

O alumnado interesado deberá presentar a seguinte documentación:

  • Historial académico de ensinanzas cursadas (o alumnado sen historial académico concertará unha entrevista co departamento de orientación).
  • Copia do DNI, NIE ou Pasaporte.
  • Solicitude de matrícula. Premer no enlace para descargar modelo: https://esa-sada2.webnode.es/residentes/
  • Declaración responsable de non estar escolarizado nas mesmas ensinanzas noutro centro. Premer no enlace para descargar modelo: https://esa-sada2.webnode.es/residentes/
  • Dúas fotografías (co nome e apelidos no reverso)
  • Xustificante do pagamento do seguro escolar. O alumnado menor de 28 anos deberá aboar 1,12 € na seguinte conta de ABANCA: ES0820800035163040010955

ANPA Curso 2023/24

Prezadas familias:

Este ano, como o pasado, a forma de asociarse á ANPA do IES Isaac Díaz Pardo será a través dun formulario en liña cos seguintes campos:

  • Datos familiares precisos para a alta,
  • Solicitude de libros ao banco da ANPA.

Deben xuntar o xustificante do pagamento da cota anual, que este ano será de 20 €, na conta Nº ES09 2080 0035 1330 4004 0960 de ABANCA a nome da asociación ANPA As Brañas, co seguinte texto: "COTA ANUAL DE SOCIO, apelidos e nome do/a alumno/a, curso no que se matricula no ano académico 2023/24".

A cota de socio é unica por familia, polo que no caso de que no centro cursen varios irmáns, a cota é de 20 € para todos os irmáns.

Aínda que o centro está incorporado ao proxecto E-Dixgal para todos os cursos da ESO, continuamos con banco de libros para as materias que non se imparten en dixital.

Poden facerse socios da ANPA en calquera momento do curso pero para solicitar libros o prazo límite para facerse socio e pagar a cota será o 31/08/2023. Este ano cambian os libros de 2º e 4º ESO, polo que precisamos coñecer con tempo as familias que solicitan libros.

AVISO: Para poder ter dereito de acceso ao banco de libros será imprescindible cumprir dous requisitos:

  • Encher formulario e envialo antes do 31/08/2023.
  • Ter pagada a cota de socio de 20 € antes do 31/08/2023.

Premer no seguinte enlace para darse de alta como socio:

https://forms.office.com/r/0vcRAicecJ

 

Alumnado axudante e mediador

Álbum: CURSO 2022/23 -> Alumnado axudante e mediador

Como última actividade deste curso celebramos a entrega de diplomas de recoñecemento ao labor do alumnado da ESO axudante e mediador que tanto facilita á convivencia no centro. Formados e coordinados pola profesora Armelle Sobrino e polo Departamento de Orientación, fan un traballo fundamental na resolución de pequenos conflitos.

Recoñecemento aos mellores expedientes

Oito alumnas do Isaac Díaz Pardo figuran entre o mellor alumnado de centros de ensino medio de Galicia polas súas notas do bacharelato e da recente ABAU. O recoñecemento aos mellores expedientes valora ao alumnado que obtivo un sobresaínte na parte obrigatoria nas probas de acceso á universidade deste mes de xuño. Elas son Inés Prado, María Fernández-Getino, Carlota García, Noa Salinas, Inés Sánchez, Alba Taboada, Claudia Varela e Jimena Terrones. Parabéns!!

Calendario fin de curso ESO (convocatoria final)/Bacharelato (convocatoria extraordinaria)

23 xuño de 2022: Entrega e publicación cualificacións

Entrega boletíns, consello orientador e impresos de matrícula (nas aulas habilitadas). NON HABERÁ TRANSPORTE ESCOLAR

  • Bacharelato: 12:00 horas
  • 2º e 3º ESO: 13:00 horas
  • 1º e 4º ESO: 16:30 horas

O alumnado de 4º ESO e o que finaliza estudos no centro deberá devolver o equipo, cargador e maletín, o martes 20 e mércores 21 de xuño nas aulas de cada grupo.

Publicación Espazo Abalar:

  • Bacharelato, 2º e 3º ESO: 15:00 horas
  • 1º e 4º ESO: 17:00 horas

26 e 27 xuño (ata as 14:00 horas): Revisión e reclamación cualificacións, decisión promoción/titulación

 Premer no enlace para consultar procedemento reclamación

Revisión O alumnado ou os seus representantes legais poderán solicitar ao profesorado e á persoa docente titora cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o seu proceso de aprendizaxe, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado do devandito proceso. En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais.

 Reclamación:

No caso de que persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou coa decisión de promoción ou titulación adoptada para un alumno ou alumna, este ou os seus representantes legais poderá solicitar por escrito a revisión, no prazo de dous días lectivos contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación. Premer no enlace para acceder aos modelos

Solicitude de revisión dunha cualificación

Xefatura de estudos traslada a solicitude ao departamento didáctico e comunicará tal circunstancia á persoa docente titora.

Xefatura de estudos comunica por escrito a decisión razoada do departamento didáctico de ratificación ou modificación da cualificación revisada e informa por escrito á persoa titora.

Solicitude de revisión a decisión de promoción/titulación

Xefatura de estudos traslada a solicitude á persoa docente titora como responsable da coordinación da sesión de avaliación.

Reunión extraordinaria de avaliación para a revisión do proceso de adopción da decisión de promoción/titulación á vista das alegacións realizadas.

Notificación escrita por parte de Xefatura de estudos aos/ás interesados/as da decisión razoada de ratificación ou modificación da cualificación revisada por parte do departamento ou da decisión de promoción/titulación

Esta levarase a cabo o 28 de xuño, ás 14:00 horas, na Xefatura de estudos do centro. 

29 e 30 de xuño (ata ás 14:00 horas): Reclamación ante Xefatura Territorial (Artigo 5 Orde do 2 de marzo de 2021). Premer no enlace para acceder aos modelos.

No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou coa decisión sobre a promoción ou titulación adoptada polo equipo docente, o alumnado ou os seus representantes legais poderán presentar por escrito á dirección do centro docente, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada, reclamación ante a Xefatura Territorial.

Distribuir contido


by Dr. Radut