Skip to Content

Semana da ciencia

Axudas material escolar. Curso 2024/25

Prazo presentación solicitudes: 21/05/2024 - 21/06/2024

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.  

Consultar na Secretaría do centro

 https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

 As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2024 como data límite.

Premios extraordinarios Bacharelato Curso 2023/24

Orde do 19 de abril de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311A)

Toda a información

https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/

Prazo de presentación de solicitudes: do 29 de abril de 2024 ao 28 de maio de 2024.

A realización da proba terá lugar o día 19 de xuño de 2024 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal). A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa poderá modificar a data de realización da proba por causas debidamente xustificadas.

Premer no enlace para consultar os lugares de realización da proba

Premer no enlace para consultar listaxe definitiva de alumnado admitido.

Programa de radio no Día das Letras Galegas

Álbum: CURSO 2023/24 -> Programa de radio

Dentro dos actos de celebración do Día das Letras Galegas 2024 o 16 de maio emitiuse desde a biblioteca do instituto o programa "Hoy por hoy" de Radio Coruña Cadena Ser dedicado a Luísa Villalta. Alumnado de 1º de ESO e de 1º de Bacharelato colaborou facendo lecturas sobre a súa vida e de diversos textos da súa obra e incluso aportando algunha peza musical.

Homenaxe a Luísa Villalta

Álbum: CURSO 2023/24 -> Homenaxe a Luísa Villalta

O 13 de maio tivemos na biblioteca do Isaac Díaz Pardo un acto de homenaxe á figura de Luísa Villalta, antiga profesora do noso centro. Ademais de presentar a guía didáctica feita por profesorado e alumnado, o acto contou coa presenza e as palabras de familiares da homenaxeada; de Benito Portela, alcalde do Concello de Sada, e membros da corporación municipal; de María Dolores Sanchez Palomino, académica de número da Real Academia Galega; e da nosa directora María Sol Doval. O acto rematou coa interpretación duns poemas de Luísa versionados polo músico local Paris Joel.

Calendario fin de curso 2º Bacharelato. Curso 2023/24. Convocatoria ordinaria

16 de maio 2024:

9:00 horas, aulas de cada grupo: Entrega boletíns de cualificacións. Publicación en Abalar

9:15 horas, aula de usos múltiples: Reunión da orientadora co alumnado que se presenta á ABAU na convocatoria ordinaria.

20 e 21 de maio (ata as 14:00 horas): Revisión e reclamación cualificacións/decisión titulación convocatoria ordinaria

 Premer no enlace para consultar procedemento reclamación

Revisión: O alumnado ou os seus representantes legais poderán solicitar ao profesorado e á persoa docente titora cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o seu proceso de aprendizaxe, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado do devandito proceso. En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais.

 

Reclamación:

No caso de que persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou coa decisión de titulación adoptada para un alumno ou alumna, este ou os seus representantes legais poderá solicitar por escrito a revisión, no prazo de dous días lectivos contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación. Premer no enlace para acceder aos modelos

Solicitude de revisión dunha cualificación:

Xefatura de estudos traslada a solicitude ao departamento didáctico e comunicará tal circunstancia á persoa docente titora.

22 de maio (14:00 horas): Xefatura de estudos comunica por escrito a decisión razoada do departamento didáctico de ratificación ou modificación da cualificación revisada e información por escrito á persoa titora.

Solicitude de revisión da decisión de titulación

Xefatura de estudos traslada a solicitude á persoa docente titora como responsable da coordinación da sesión de avaliación.

22 de maio: Reunión extraordinaria de avaliación para a revisión do proceso de adopción da decisión de titulación á vista das alegacións realizadas.

16 e 20 de maio: Matrícula ABAU no centro

21 de maio: Continuidade das clases (preparación probas ABAU e/ou probas convocatoria extraordinaria).

23 e 24 de maio (ata as 14:00 horas): Reclamación ante Xefatura Territorial. Premer no enlace para acceder aos modelos.

No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou coa decisión sobre a titulación adoptada polo equipo docente, o alumnado ou os seus representantes legais poderán presentar por escrito á dirección do centro docente, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada, reclamación ante a Xefatura Territorial. 

II Olimpíadas de Teleco

Éxito en Vigo do alumnado de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato nas II Olimpíadas de Teleco, na modalidade equipos co seu proxecto LixoAndGo, que conseguiu o primeiro premio, quedando clasificado para representar a Galicia na fase nacional.
LixoAndGo é un punto limpo portátil e automatizado que permite facilitar ao usuario o depósito de residuos axudando a evitar a contaminación.

Admisión Curso 2024/25: Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas. Os interesados poden consultar as listaxes na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro.

Contra as listaxes provisionais poderá formularse reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut