Skip to Content

ANPA: Circular actividades

Prezadas familias.

Queremos achegarvos información acerca dunha serie de actividades extraescolares que queremos ofrecer para o curso 2024/25, e que se levarán a cabo en colaboración con diversos centros da vila e do Concello de Sada.

O prazo para apuntarse é ata o venres, 27 de setembro.

No documento tedes toda a información.

Si necesitades algunha información adicional chamade ao 697 461 356  (só en horario de tarde).

 

ANPA: Circular entrega de libros

Prezadas familias:

Informámosvos dos seguintes asuntos:

Entrega de libros

Aínda non dispoñemos dos libros de francés de 3º e 4º de ESO, non obstante, para que o alumnado poda dispoñer dos libros o antes posible, faremos entrega dos demais.

Normas básicas para o uso dos libros:

Todos os libros entregados ao alumnado deberán de forrarse con plástico transparente, non adhesivo, antes do seu primeiro uso.

nome do/a alumno/a poñerase sobre o forro (nunha etiqueta, ou de forma visible).

Non se poderá escribir, subliñar, dobrar as follas para marcar temas, nin facer ningún tipo de marca nos libros.

Ao final de curso devolveranse os libros en bo estado, sen roturas, pegatinas nin manchas, debendo repoñer aqueles que non cumpran estas condicións.

Ao recibir os libros, o alumnado participante, nai, pai ou tutor que recolla os libros asinará a súa entrega.

É importante recordar ao alumnado que trate de conservar os libros tal e como lle agradaría recibilos. 

Horario de recollida dos libros:

Data Horario
Luns, 16 de setembro 18:10 a 19:00 h
Martes, 17 de setembro 16:00 a 17:00 h
Mércores, 18 de setembro 12:20 a 12:40 h

Lugar: Local do ANPA do IES Isaac Díaz Pardo (entrando á esquerda)

En canto teñamos os libros que faltan, informarémosvos por esta mesma vía.

 Doazón de libros

Estamos estudiando a posibilidade de ampliar o banco de libros, e estendelo tamén a bacharelato para os próximos cursos.

Por iso, solicitamos a vosa axuda, doando aqueles libros de cursos anteriores que non necesitedes. Simplemente, podedes deixalos en conserxería nunha bolsa indicando DOAZÓN PARA ANPA.

Canles de comunicación

Recordamos que ademais de utilizar a páxina web do instituto, dónde se publicarán as circulares, tamén utilizaremos unha lista de difusión por whatsapp. Para que vos cheguen estes avisos, é necesario que gardedes o número de teléfono nos vosos contactos (639 526 785 ANPA As Brañas).

Novas altas

Por último, deixámosvos un enlace ao formulario para aquelas familias que queirades entrar a formar parte da asociación e non o fixerades aínda.

ENLACE AO FORMULARIO DE ALTA CURSO 2024-25

Para calquera dúbida ou aclaración que necesitedes podedes poñervos en contacto con nós a través do correo electrónico ou do noso número de teléfono

Premio en Francés

Premio editorial Santillana Français, primeira edición #Jetedéfie:  O alumnado de francés de 4º da ESO, coa colaboración de tres alumnos de 1º de BAC, acadou o primeiro premio do concurso cunha creación musical (coreografía e adaptación dun videoclip dunha canción da cantante belga Angèle) relacionada cos micromachismos presentes nos centros de secundaria. O vídeo foi seleccionado entre 21 participantes de centros de toda España. No mes de setembro o alumnado recibirá o seu merecido premio: unha clase de baile moderno en francés cunha bailarina francófona.

Resultados DELF Scolaire et Junior 2024: outro ano máis, conseguimos un 100 % de aprobados entre o alumnado que se presentou á acreditación de nivel de francés B1 e B2. Parabéns polo voso esforzo extra durante os recreos nos que viñéstedes a prepararvos, mereceu a pena!!! 

LIXOANDGO. Primeiro premio das II Olimpíadas de Teleco

Despois de defender o proxecto ante o xurado da fase nacional das II Olimpíadas de Teleco, o 14 de xuño nunha cerimonia en liña, comunicáronse os gañadores dos premios das diferentes categorías.
​O equipo formado por Inés Abuín, Uxía Bernárdez, Iago Fernández, Daniel Martínez, Elías Porral, Martín Santos, Luis Álvarez e Iago Guerra alzouse co primeiro premio (mellor proposta técnica da categoría Bacharelato) co seu proxecto LIXOANDGO. O proxecto foi coordinado pola súa profesora de Tecnoloxía e Enxeñería I, Patricia Iglesias, que alzouse co premio ao docente.


Máis información:
https://olimpiadasteleco.com/las-ii-olimpiadas-nacionales-teleco-games-premian-las-mejores-soluciones-tecnologicas-aplicadas-a-la-salud-y-el-bienestar-creadas-por-estudiantes-de-toda-espana/
https://novaciencia.es/estas-son-las-soluciones-tecnologicas-aplicadas-a-la-salud-y-el-bienestar-creadas-por-estudiantes-de-toda-espana-premiadas-en-la-ii-olimpiada-nacional-de-telecos/

Cursos gratuítos de capacitación dixital para persoas adultas

O IES Isaac Díaz Pardo pertence á rede de centros de capacitación dixital. O obxectivo é formar en competencia dixital básica á poboación adulta que non estea recibindo formación no sistema educativo galego. Os cursos de formación son de 30 horas e están subvencionados polo Fondo Social Europeo, polo que son gratuítos. 

A inscrición realizarase de forma presencial na Secretaría do IES Isaac Díaz Pardo (horario de 9.00 a 14.00 de luns a venres).  

Premios extraordinarios ESO

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24

Requisito: Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. A nota media calcularase de acordo co establecido no artigo 29.2 da Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 183, do 26 de setembro).

A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación PremiosEdu.

Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes. 

 O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 7 de xuño de 2024 e rematará o día 8 de xullo de 2024.

 

 Acceso á aplicación e consulta de probas de cursos anteriores.

Distribuir contido


by Dr. Radut