Skip to Content

Actividades

Colaboración ANPA

Grazas á colaboración da ANPA sumamos unha mesa máis para o tempo de lecer

Taller sobre o uso e abuso das novas tecnoloxías na infancia e adolescencia

O concello de Sada en colaboración coa ANPA As Brañas organiza un taller sobre o uso e o abuso das novas tecnoloxías na infancia e a adolescencia.
 
Prégase confirmación de asistencia (branasanpa@hotmail.es)

ANPA: Actividades Curso 2019/20

Estimados socios:
 
Este ano continuamos coas actividades extraescolares que se viñan facendo en anos anteriores: Inglés e Bádminton.
Para este curso ademais a academia London Town ofrécenos a posibilidade de impartir tamén francés se conseguimos facer un grupo.
Lembrade que ambas actividades estan suxeitas a que haxa un mínimo de participantes, se durante o curso o grupos quedara con menos dos necesarios para facelas viables, poderían ser canceladas pola xunta directiva da Anpa, procedendo á suspension o ultimo día do mes.
Enviamos este formulario para facilitar a inscrición:
 
Os horarios serían os seguintes:
Inglés:
1º e 2º da ESO: Martes 18:00 - 19:30 horas.
3º e 4º da ESO: Martes 16:30 - 18:00 horas.
Bacharelato: Mércores 16:00 - 17:30 horas.
 Academia London Town, Rúa Betanzos, 9 - Sada
 
Francés:
ESO: mércores 17:30 - 19:00 horas
 Academia London Town, Rúa Betanzos, 9 - Sada
 
PREZO: 15€ mes para os socios, 25€ mes para non socios.*
Data de comezo: aínda por definir o día en outubro.
 
Bádminton:
Martes e xoves de 16:45 a 17:45 horas no pavillón do instituto.
Prezo: 15€ mes para os socios, 25€ mes os non socios.
 
Proximamente informaremos das datas nas que darán comenzo. 
 
Se  o número de solicitantes sobrepasase o número de prazas ofertadas irán en primeiro lugar os socios e despois se hai vacantes os non socios.
Sortearanse as prazas no caso de que teñamos máis socios solicitantes que prazas.
 
*As cotas deberán ser ingresadas na conta bancaria da Anpa As Brañas entre o día 1 e o 7 de cada mes. O non ingreso da cota ao longo do mes en curso entenderase como que non se desexa continuar coa actividade e procederase á baixa do alumno.

Excursión ANPA

A saída será diante do hotel ás 21:30 horas do xoves 16 de maio de 2019

Imprescindible levar o DNI, ou os menores de 14 anos sen DNI levar o libro de familia

Levar a maiores do que estimedes, 20 euros para a fianza no hotel.

Marterial imprescindible: protector solar, bañador, repelente de mosquitos

Hora estimada de chegada a Sada ás 22 horas

Actividade INFORMACIÓN ABAU

LUNS, 6  DE MAIO

ANULADA: Charla organizada polo Departamento de  ORIENTACIÓN para o alumnado e as familias de 2º BAC, sobre as ABAU, accesos a graos universitarios, residencias, becas… dende as 16:30 ás 18 horas na Sala de Usos múltiples do IES.

 

 

ANULADA

Reunión Excursión Salou ANPA (mércores 27 de febreiro ás 18:45h): Información

O mércores 27 de febreiro, ás 18:45 horas, celebrouse unha reunión, no Salón de usos múltiples, para informar sobre a  actividade "Excursión Salou".

Para facer a reserva de praza a fianza será de 100 euros.

Charlas de Afectividade e Sexualidade

Aquapark

A ANPA do centro organiza unha saída ao Aquapark de Cerceda, dirixida a todo o alumnado do IES. A actividade desenvolverase o 21 de xuño de 2018, con saída do centro educativo ás 11:00 horas e regreso ás 21:00 horas.

Premendo sobre o enlace é posible descargar o impreso de autorización para a saída ao Aquapark de Cerceda o 21 de xuño de 2018.

Distribuir contido


by Dr. Radut