Skip to Content

Contratos programa

REFÓRZA-T. Modalidadede acompañamiento fóra do horario lectivo

As clases de REFÓRZA-T (destinadas a alumnado previamente seleccionado) comezan o xoves 16 de xaneiro de 2020, en horario de 16:30 a 18:30 horas.

As clases desenvolveranse os martes e xoves de 16:30 a 18:30 horas.

Resolución definitiva contratos programa 2019/20

Actuacións concedidas:

REFÓRZA-T
Mellora das competencias clave: matemática e comunicación  lingüística
CON-VIVE
Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia

Roteiro Teatralizado

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur organiza o primeiro roteiro teatral que se celebrará no porto e nos núcleos mariñeiros do concello de Sada e que pretende reflectir o pasado e o presente das persoas maiores e do seu labor no mar.

O evento constará de 10 escenas teatrais centradas nos anos 40 e 50. A actividade estará protagonizada por homes e mulleres do mar, alumnado dos centros educativos de Sada, asociacións culturais do Concello e todas aquelas persoas que se animen a participar. Esta acción pretende impulsar, dignificar e proxectar a cultura mariñeira, a través dunha ruta pola historia de Sada.

O IES colabora na teatralización de dúas escenas e  coa realización audiovisual do evento, editando un documental.

Festival Olloboi. 9ª Edición

Celebrouse o venres 10 de maio en Boiro.

Deámoslles voz, do IES Isaac Díaz Pardo, recibiu o premio Interpretación.

 

Performance "Eros entre nós"

Adaptación do mito de Eros no Banquete de Platón, ideada polo Departamento de Latín e Grego, coa participación de 60 alumnos e alumnas e a colaboración dos Departamentos de Filosofía, Música, Inglés, Francés, Lingua Castelá e Literatura e Lingua Galega e Literatura.

Actvidade desenvolvida no marco dos Contratos Programa, Actuación "Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia" coordinada polos profesores  Xosé Xeoane y Juan Carlos López Longoria.

Parabéns a todos os participantes!!!

Día Internacional da Muller

11 de marzo de 2018:

Dentro dos actos organizados pola Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Sada para conmemorar o Día Internacional da Muller, o alumnado do IES Isaac Díaz Pardo e o profesor Xosé Seoane fixero unha lectura dramatiza do guión  gañador do IV Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero da Deputación da Coruña

 

PROA Curso 2018/19

As clases de PROA comezan o xoves 7 de febreiro de 2019, en horario de 16:30 a 18:30 horas.

Premendo sobre o enlace é posible consultar a circular enviada ás familias.

O alumnado que previamente o solicitou, disporá de transporte gratuíto ata o centro (Autocares Eliseo Pita, SA)

PARADA

HORA APROXIMADA DE SAÍDA CARA AO CENTRO

PÉ DO MUIÑO

16:00 h

SOUTO DA IGREXA

16:03 h

MOSTEIRÓN 2

16:07 h

MONDEGO 1

16:09 h

RIOBAO

16:12 h

SOUTO 83

16:13 h

PAZOS 2

16:16 h

PAZOS 1

16:18 h

FONTÁN

16:20 h

INSTITUTO

16:25 h

 

 

Contratos Programa Curso 2017/18

No día de hoxe publicouse a resolución  definitiva dos centros seleccionados con contratos-programa para o curso 2017/18.

Actuacións concedidas ao IES Isaac Díaz Pardo:

  • PROA
  • Mellora da convivencia e promoción da igualdade
  • Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia
  • Mellora da calidade na xestión
Distribuir contido


by Dr. Radut