Skip to Content

Premios extraordinarios

Premios extraordinarios ESO

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23 

Requisito: Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño (DOG núm. 120, do 29 de xuño), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

 Acceso á aplicación e consulta de probas de cursos anteriores.

Premios extraordinarios Bacharelato Curso 2022/23

Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23 (código de procedemento ED311A)

Toda a información

Enlace sede electrónica (código de procedemento ED311A)

Prazo de presentación de solicitudes: do 26 de abril ao 25 de maio de 2023.

A realización da proba terá lugar o día 14 de xuño de 2023 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (https://www.edu.xunta.gal). A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa poderá modificar a data de realización da proba por causas debidamente xustificadas.

Premer no enlace para consultar os lugares de realización da proba

Premer no enlace para consultar listaxe definitiva de alumnado admitido

Enlace probas cursos anteriores

Distribuir contido


by Dr. Radut