Skip to Content

Premios Audiovisuais

USC. Certame audiovisual "Explícoche matemáticas 2.0"

Carmen Castelo Monteagudo, Inés Prado Justo e Noa Salinas González do IES Isaac Díaz Pardo proclamáronse vencedoras do certame ‘Explícoche Matemáticas 2.0’ co vídeo titulado ‘Cero e os infinitos’. Titorizadas pola profesora Beatriz Máquez Villamarín, as estudantes recibirán un premio de 200 euros no marco deste certame que pretende promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

 

Festival Olloboi. 9ª Edición

Celebrouse o venres 10 de maio en Boiro.

Deámoslles voz, do IES Isaac Díaz Pardo, recibiu o premio Interpretación.

 

IV Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero da Deputación

Alumnado de 2º de Bacharelato que cursa a materia de Literatura Galega do Século XX e Actualidade, titorizado polo profesor Xosé Seoane, gaña o IV Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero que convoca a Área de Igualdade da Deputación da Coruña.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut