Skip to Content

Breve historia

Un pouco de historia

O Noso IES

O IES Isaac Díaz Pardo, como as grandes personaxes colectivas da historia, ten unha historia e ata ten a súa pre-historia.

Tal e como o coñecemos hoxe, o instituto naceu o 1 de xullo de 1987. Pero antes…


ANTES o IES foi un Centro Municipal de Bacharelato que dependía administrativamente do Instituto de Zalaeta en A Coruña e economicamente do Concello de Sada (de feito a súa sede estaba nas instalacións do Colexio de Mondego). Deu comezo a súa tarefa docente en 1982. O primeiro ano houbo 30 alumnos e alumnas de BUP. Para o segundo ano foi posible impartir completo o ciclo de BUP a aumentou a 100 o número de alumnos e alumnas.
DENDE 1987 o IES pasa a ser un centro económica, académica e administrativamente dependente tan só da Consellería de Educación. Neste momento a Directora era Pilar Piñeiro. De todos xeitos haberá que agardar ata 1988 para que se constrúa o actual edificio e polo tanto se poidan deixar as instalacións de Mondego. No momento do traslado a dirección recaeu en Eugenia Seoane.

O centro recibe a denominación de IESP porque ademais de ser de ensino secundario tamén o é de formación profesional (Cultivos Mariños).

Un momento importante na historia do noso IES foi o ano 1993 cando se decide chamar ao centro co nome dun veciño ilustre, o intelectual e empresario Isaac Díaz Pardo.


O ano 1996 marca outro fito na historia do centro porque se produce, no marco da LOGSE, a chegada das primeiras xeracións de ESO. Isto complétase en 1998 cando se unifican os estudios da ESO do Colexio de Mondego e do Instituto cunha chegada notable de alumnado ao centro e tamén de profesorado que provén do colexio de Mondego.

Finalmente o ano 2001 marca un novo reto porque logo de suprimirse a formación profesional de Cultivos Mariños introdúcese un Ciclo Formativo de “Fabricación e Transformación de Productos Cerámicos”.

Como éramos no 2014/15

Cursos e titores 2014-15

 

25 Aniversario

 

Disfrutade do video!!!!

25 Anos de ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Algunhas fotos doutros cursos

Aqui tedes unha presentación "tal como éramos"

Unhas fotos dos cursos 4ºESO e 2º de bach

Unhas fotos dos cursos que tiveron a sorte de que Marisa pillaraos para a revista
 
 
2ºbac A
 
 
 
 
IMGP1330
 
Distribuir contido


by Dr. Radut