Skip to Content

ANPA: Actividades Curso 2019/20

Estimados socios:
 
Este ano continuamos coas actividades extraescolares que se viñan facendo en anos anteriores: Inglés e Bádminton.
Para este curso ademais a academia London Town ofrécenos a posibilidade de impartir tamén francés se conseguimos facer un grupo.
Lembrade que ambas actividades estan suxeitas a que haxa un mínimo de participantes, se durante o curso o grupos quedara con menos dos necesarios para facelas viables, poderían ser canceladas pola xunta directiva da Anpa, procedendo á suspension o ultimo día do mes.
Enviamos este formulario para facilitar a inscrición:
 
Os horarios serían os seguintes:
Inglés:
1º e 2º da ESO: Martes 18:00 - 19:30 horas.
3º e 4º da ESO: Martes 16:30 - 18:00 horas.
Bacharelato: Mércores 16:00 - 17:30 horas.
 Academia London Town, Rúa Betanzos, 9 - Sada
 
Francés:
ESO: mércores 17:30 - 19:00 horas
 Academia London Town, Rúa Betanzos, 9 - Sada
 
PREZO: 15€ mes para os socios, 25€ mes para non socios.*
Data de comezo: aínda por definir o día en outubro.
 
Bádminton:
Martes e xoves de 16:45 a 17:45 horas no pavillón do instituto.
Prezo: 15€ mes para os socios, 25€ mes os non socios.
 
Proximamente informaremos das datas nas que darán comenzo. 
 
Se  o número de solicitantes sobrepasase o número de prazas ofertadas irán en primeiro lugar os socios e despois se hai vacantes os non socios.
Sortearanse as prazas no caso de que teñamos máis socios solicitantes que prazas.
 
*As cotas deberán ser ingresadas na conta bancaria da Anpa As Brañas entre o día 1 e o 7 de cada mes. O non ingreso da cota ao longo do mes en curso entenderase como que non se desexa continuar coa actividade e procederase á baixa do alumno.


page | by Dr. Radut