Skip to Content

Segunda avaliación

Na materia de Cultura Científica de 4ºESO e no marco do plan Proxecta realizouse cuxo obxectivo tiña combiar a  alimentación e a actividade física, para iso propúxose ao alumnado desta materia científica o seguinte proxecto:

Como crear un restaurante/cafetería saudable ?

 Sodes un grupo de persoas que intenta abrirse camiño no mundo laboral ao mesmo tempo que estades concienciados dos beneficios dunha dieta equilibrada e sana, polo que decidides montar un restaurante. Debedes presentar o voso proxecto e suxiro que incluades os seguintes aspectos:

1.- O lugar onde situaredes o voso restaurante

2.- Publicidade que ides a elaborar para dalo a coñecer

3.- Carta de menús (que cumpra a roda de alimentos....) tamén podedes propoñer actividade física (por exemplo  propoñer paseos, , información sobre cómo queimar as calorías inxeridas...)

4.- Outros que demostren creatividade (por exemplo realizar cursos de cociña saudable, valoración do consumo de proximidade...)

Todos os apartados anteriores deben ser xustificados.

 

Esta actividade tivo moi boa acollida e os resultados foron moi satisfactorios pois o alumnado realizou carta de menús moi axeitados para unha dieta equilibrada e combinarono  coa actividade física de diferentes formas (ter un ximnasio no restaurante con incentivos coma rebaixar un 20% do menú quen practique 30/45 minutos de actividade física, sistema de abonos...), ademais da publicidade e incluso algún grupo trouxo uns "donuts sanos" de elaboración propia.

Parabéns a todos e a todas!!!

 

 



page | by Dr. Radut