Skip to Content

Complementarias

Inauguración da porta do laboratorio de bioloxía

O pasado mes de setembro a micóloga Marisa Castro Cerceda deu unha charla e inaugurou a porta do laboratorio de bioloxía deseñada polo alumnado de debuxo de bacharelato e adicada a ela.

Recoñecemento aos mellores expedientes

Tres alumnos do Isaac Díaz Pardo veñen de ser recoñecidos entre o mellor alumnado de centros de ensino medio de Galicia polo Programa "A Ponte entre o esino medio e a USC" polas súas notas do bacharelato e da recente ABAU. Bruno García, Alejandro Naya e Eva Santos, que posan coa súa titora Pilar García, recibirán o seu diploma acreditativo nun acto presidido polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela e outras autoridades. Noraboa!!

Exposición Mimina

Desde primeiros de maio contamos no centro coa exposición "Mimina" que conmemora o centenario (1921-2021) de Carmen Arias, esposa de Isaac Díaz Pardo. Cesión da Concellería de Cultura do Concello de Sada.

Xogos de enxeño

O alumnado de 4º ESO inaugurou hoxe a primeira xornada de xogos de enxeño organizados polo Club de ciencias. Varios equipos compiten nos recreos por sumar puntos nos cinco xogos: Quebracabezas, Puzzle 3D, Enigmas, Tantrix e Tangram.

Día da poesía

Celebramos o día da poesía creando unha zona de radiación poética no noso patio na que non se pode permanecer máis de dez minutos porque a poesía prexudica seriamente a ignorancia.

Directo 11F

Punto limpo móbil

Grazas á colaboración do Consorcio das Mariñas contamos no centro cun punto limpo móbil de reciclaxe durante a primeira semana de febreiro.

Pilabot

O noso instituto participa no concurso de recollida de pilas, acumuladores e baterías PILABOT en centros educativos da comunidade e patrocinado pola Xunta de Galicia. Ata o 2 de marzo poderemos acumular quilos de pilas usadas para optar aos premios.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut