Skip to Content

Complementarias

8 M

Celebramos o día da muller inaugurando unha exposición sobre o papel pioneiro das mulleres na ciencia e na tecnoloxía. Traballo elaborado polo alumnado de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º ESO e a profesora Susana García.

Actividades complementarias de marzo

- Días 4 e 5: Charlas sobre o Día da muller. (1º ESO)

- Días 5, 7, 11, 12 e 15: Plan Director da Garda Civil. (1º, 2º, 3º e 4º ESO)

- Día 6: Participación nun torneo de rugby en Culleredo. (2º ESO)

- A partir do día 6: Obradoiro sobre fotografía e identidade. (4º ESO)

- Día 15: Programa YAM. (3º ESO)

- Do 15 ao 22: Intercambio co Lycée Saint-Michel de Annecy, Francia. (4º ESO e 1º Bach)

- Día 18: Charla Gen Tech. (2º Bach)

- Día 18: Visita a Seixo Branco e á depuradora de Sada. (2º Bach)

- Día 19: Programa YAM. (3º ESO)

- Días 20 e 21: Actividade "Coñece o litoral" Reserva da Biosfera. (1º ESO)

Visita Santiago

Álbum: CURSO 2023/24 -> Visita Santiago - Alumnado Historia da Arte 2º Bach

Actividades complementarias de febreiro

- Día 5: Visita á catedral de Santiago. (2º Bach)

- Día 6: Contacontos en inglés e galego. (2º ESO)

- Día 9: Celebración do entroido.

- Día 16: Fallo do concurso de poemas de amor.

- A partir do día 20: Charlas "Fálame da emigración". (1º Bach)

- Día 20: Programa YAM. (3º ESO)

- Día 22: Visita ao museo do pobo galego. (1º Bach)

- Día 22: Inicio do torneo de baloncesco 3x3.

- Día 28: Asistencia ao Festival de Teatro Grecolatino. (3, 4º ESO, 1º, 2º Bach)

- Día 28: Saída intermareal a Santa Cruz. (1º Bach)

- Día 29: Programa YAM. (3º ESO)

Teatro en inglés

Alumnado de 4º da ESO do noso centro acudiu á representación dunha obra de teatro en inglés na Casa da Cultura de Sada. A actividade foi organizada polo departamento de inglés e financiada polo Concello de Sada.

Visita á USC

Alumnado de 1º de Bacharelato do Díaz Pardo visitou o campus, residencias e comedores da Universidade de Santiago de Compostela dentro do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a Universidade".

Actividades complementarias de xaneiro

- Días 8, 9, 15 e 16: Taller de convivencia e bo trato. (1º ESO)

- Día 22: Teatro en francés. (alumnado de francés de 4º ESO, 1º e 2º Bach)

- Día 26: Charla sobre ABAU e graos universitarios. (2º Bach)

- Día 26: Contacontos en Francés. (1º ESO)

- Día 30: Visita á Universidade de Santiago. (1º Bach)

- Día 30: Teatro en inglés na casa da cultura. (4º ESO)

Actividades complementarias de decembro

Día 18: Charla de prevención da ludopatía. (4º ESO)

Día 19: Visita á Casa das Ciencias e o planetario da Coruña. (1º ESO)

Día 20: Visita a Unitour, Salón de Orientación Universitaria. (2º Bacharelato)

Día 21: Festival de Nadal.

Actividades complementarias de novembro

Do día 2 ao 23: Programa YAM. (4º ESO)

Do día 6 ao 10: Punto limpo móbil.

Día 8: Visita ao Arsenal e ao Museo Naval de Ferrol. (2º Bach)

Día 13: Charla "Orgullo galego" sobre defuntos e nadal. (1º ESO)

Día 14: Taller contra a violencia da muller. (1º ESO)

Días 13, 14 e 16: Taller de Alcohólicos Anónimos. (2º e 3º ESO)

Día 14: Visita ás instalacións de Applus+. (2º Bach)

Día 17: Charla sobre transplantes e doazón de órganos. (1º e 2º Bach)

Día 24: Conmemoración do Día contra a violencia de xénero.

Durante todo o mes: Torneo de fútbol sala.

Intercambio con alumnado de Hamburgo

Álbum: CURSO 2023/24 -> Intercambio Hamburgo

Do 20 ao 28 de setembro recibimos a visita de alumnado do instituto Eichenschule da cidade alemá de Schiessel, preto de Hamburgo. Ademais de asistir ás clases no horario habitual, levaron a cabo unha actividade con algas e visitaron A Coruña e Santiago de Compostela en excursións organizadas. A súa estancia incluíu o aloxamento con familias de Sada. O noso alumnado de 2º da ESO participante devolverá a visita nos primeiros días de abril.

A Concellería de Educación e Deporte do Concello de Sada colaborou no financiamento destas actividades.

Distribuir contido


by Dr. Radut