Skip to Content

Complementarias

O proceso creativo da artista

O venres, 9 de abril, a profesora Olalla Rodríguez Franco desenvolveu unha actividade de modelado en barro dun busto da artista que da nome á nosa biblioteca: Luísa Villalta.

As miradas de Isaac - Cidade da Cultura

O mito celta e artúrico

Unha declamación narrativa e teatralizada sobre a orixe dos países celtas e a súa continuidade medieval no mito artúrico.
Actores: Suso Martínez e Daniel Lindhe.

Data: 24 e 25 de marzo de 2021

Lugar: xardíns do centro

Alumnado participante: 1º, 2º e 3º ESO, organizado en diferentes quendas.

Charla informativa FP Dual

O venres, 12 de marzo de 2021, Ángel Cordero, Coordinador FP dual do CIFP Imaxe e Son,  desenvolverá, na Biblioteca do noso centro, unha Charla informativa sobre a FP Dual na que participa alumnado de 2º Bacharelato e 4º ESO D.

Día Internacional de la Mujer y la Niña en Ciencia

https://app.purechat.com/w/11FMujerYAstro

Mandados do Meco

RESPECTANDO EN TODO MOMENTO O PROTOCOLO COVID

(máscara en bo estado e perfectamente colocada, distancia de seguridade, hixiene de mans, ventilación e non compartir)

Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero

O domingo 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero.

Aínda que as circustancias non nos axudan, aquí tedes algunhas propostas para achegarvos á vida e á obra dunha das figuras máis importantes da literatura galega no século XX.

Nestes enlaces podedes atopar información sobre a vida e a inxente obra deste autor. Tamén hai unha galería fotográfica, audios con entrevistas e conferencias e un roteiro literario entre outros materiais:

https://academia.gal/letras-actual

https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/ricardo-carvalho-calero

http://consellodacultura.gal/diadasletrasgalegas/2020/

https://carvalho2020.gal/

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RicCarba&alias=Ricardo+Carvalho+Calero&solapa=obras

Alumnado de Educación Plástica coordinado polos profesores Miguel-Anxo Varela Díaz e Sabela Arias Castro deseñaron un cartaz cun orixinal retrato do autor

Autores: Lucía Posse Casal, Ainhoa Martínez Suárez, Lucía Violero Torres, Yago Casal Vázquez, Sofía Elvira Sanz, Zeltia Fernández de la Pradilla, Diego Fernández Miño, Antón López Presa, Gabriela Meirás Aneiros, Milagros Ríos Correa, Paula Taibo Becerra

Desde o EDLG do IES Isaac Díaz Pardo elaboramos un vídeo que viaxa pola literatura e recolle algunha das obras do noso autor.

“O galego, como dizia Castelao, é  um idioma extenso e útil porque, com pequenas variantes se fala en diversos lugares de distintos continentes.” 

                                                           Ricardo Carvalho Calero

23 de Abril: Día do Libro

Día internacional da muller e da nena na ciencia. Charla Coloquio: Rosana Rodríguez López

Álbum: CURSO 2019/20 -> Mulleres STEAM

Charla coloquio desenvolvida o 27 de febreiro de 2020 coa participación de Rosana Rodríguez López, Doctora en Matemáticas, Profesora do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización, que imparte docencia nos Graos de Matemáticas e Bioloxía, no Máster de Matemáticas e de Formación do Profesorado. 

Na actualidade é a Vicedecana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora dos Graos de Matemáticas e Doble Grao de Matemáticas e Física.

O seu ámbito de investigación son as ecuacións diferenciais e a matemática difusa, onde ten 73 publicacións que recibiron máis de 4.600 citas, converténdose así nunha das matemáticas máis citadas do mundo no seu campo. No listado "Las mentes científicas más influyentes del mundo" figuran 99 matemáticos, dos que 2 son españois, unha é Rosana.

A súa faceta divulgadora non é menos brillante, así o ano pasado cando o Congreso dos Diputados reuniu ás 7 científicas españolas máis importantes para conmemorar o Día da Muller, Rosana foi unha das invitadas.

Presentación Programa Educando na Biosfera 2020

Hoxe, 14 de febreiro de 2020, tivo lugar a presentación do programa no Salón de Plenos do Concello de Sada coa presenza do vicepresidente da Reserva da Biosfera, César Longo, o alcalde de Sada, Benito Portela, a concelleira de Educación, María Nogareda e os representantes dos centros educativos do municipio

Actividades planificadas no IES Isaac Díaz Pardo (Curso 2019/20)

  • Agricultura ecolóxica e alimentación saudable
  • Ciencia cidadá: difusión do proxecto Rebinxe
  • Hortos escolares
  • Fomento da Biodiversidade
  • Taller de elaboración de caixas niño
  • Xornada de observación de aves

Distribuir contido


by Dr. Radut