Skip to Content

Complementarias

Actividades complementarias de marzo

Día 6: Visita á depuradora de Sada. (2º Bach)

Días 6 e 7: Charla da Cruz Vermella sobre o día da muller. (3º ESO)

Días 7 e 21: Charla "Finanzas para mortais". (2º Bach)

Día 10: Obradoiro de contacontos. (3º ESO)

Día 14: Charla "Coñécete para emprender". (2º Bach)

Día 15: Charla sobre a Formación Profesional. (4º ESO e 2º Bach)

Días 16, 22, 27 e 28: Obradoiro "O mundo dos fungos". (1º ESO)

Días 21 a 24: "Semaine de la francophonie".

Día 22: Exame de acreditación de linguas estranxeiras. (2º Bach)

Día 27: Contacontos en inglés e galego. (2º ESO)

Día 28: Teatro en inglés. (4º ESO)

Día 28: Visita ao Museo de Belas Artes da Coruña. (2º Bach)

Radio Mimina

O 15 de febreiro comeza a funcionar a radio do instituto, Radio Mimina, coa gravación do primeiro podcast para conmemorar o día de Rosalía de Castro.

Preguntas pola igualdade

A Comisión de Igualdade convoca o concurso Preguntas pola igualdade para que desde o 30 de xaneiro ao 8 de marzo "Día da muller" a comunidade educativa do noso centro participe respondendo. Ademais dos premios aos máis acertados, o concurso persegue concienciar e facer visibles tópicos que manteñen vivo todo tipo de desigualdades.

Actividades complementarias de febreiro

Día 2: Visita á Universidade de Santiago. (1º Bach)

Día 2: "Crêpes a la Marinière" charla de gastronomía francesa. (2º ESO)

Día 3: Charla sobre voluntariado europeo. (2º Bach)

Días 13, 14 e 17: Plan Director da Garda Civil. (De 1º a 4º ESO)

Día 17: Celebración do Entroido.

Días 21 a 25: Viaxe cultural a Londres. (2º Bach)

Día 28: Festival de Teatro Grecolatino en A Coruña. (4º ESO, 1º e 2º Bach)

Premio I-Comercio

O alumnado de Economía de 4º da ESO da profesora María Sande foi gañador dun dos premios do certame escolar da Xunta I-Comercio (Idea o teu comercio!) entregado en Santiago polo Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. O noso centro resultou premiado na  categoría dedicada a proxectos relacionados co mundo da arte, a cultura, o entretemento, a tecnoloxía e a innovación, co proxecto dun centro comercial formado por tendas e produtos 100% galegos.

Actividades complementarias de xaneiro

Día 12: Charla de orientación sobre grados técnicos. (2º Bach)

Día 13: Charla sobre cultura inglesa. (3º ESO)

Día 13: Visita á AEMET e o MUNCYT. (2º Bach)

Día 16: Recollida premio de economía en Santiago. (4º ESO)

Días 16, 17 e 20: Plan Director da Garda Civil. (De 1º a 4º ESO)

Días 16 a 20: Viaxe cultural a París. (De 3º ESO a 2º Bach)

Día 18: Charla sobre violencia sexual. (1º Bach)

Día 30: Charla de orientación sobre ABAU. (2º Bach)

Actividades complementarias de decembro

Día 1. Visita ao cárcere de Teixeiro. (1º Bach)

Día 2. Visita á Domus. (2º Bach)

Día 9. Visita á catedral de Santiago. (2 Bach)

Día 9. Visita ao planetario e acuario da Coruña. (4º ESO e 1º Bach)

Día 12. Visita ao arsenal e o museo naval de Ferrol (2º Bach)

Día 13. Visita á exposición de intelixencia artificial. (4º ESO)

Día 14. Concerto didáctico na casa da cultura. (1º e 2º ESO)

Día 19. Contacontos en inglés e galego. (2º ESO)

Día 20. Visita á planta de reciclaxe de Nostián. (2º Bach)

Actividades complementarias de novembro

Premios concurso de cómic

Dous dos nosos alumnos de debuxo foron premiados no concurso de cómic AX1. Nuno Cabrera cun accésit na categoría de maiores de 16 anos e Álex Fornos co 2º premio na mesma categoría. Posan cos diplomas acompañados da súa profesora Sabela Arias o pasado venres, día da entrega de galardóns en Santiago.

Samaín na biblioteca

Álbum: CURSO 2022/23 -> Samaín na biblioteca

No IV Concurso de Microrrelatos de Samaín organizado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega resultaron gañadoras do Premio da crítica Mar Bermejo Carreira e Inés Andújar Vilar de 1º ESO C e gañadores do Premio do público Javier Vázquez Bugallo e Iago López Merino de 2º ESO D.

Distribuir contido


by Dr. Radut