Skip to Content

Complementarias

Microrrelatos no Samaín

Parabéns ás gañadoras do I Concurso de Microrrelatos de Medo

Exposición: Mulleres ocultas

O alumnado de Filosofía de 4º ESO, para celebrar o 8 de marzo, preparou no patio central do Instituto a exposición MULLERES OCULTAS.

Podedes ver o vídeo que gravou o profesor Xosé Seoane no seguinte enlace


 

IV Olimpíada Filosófica de Galicia

O 18 de marzo, as  alumnas de 2º Bacharelato Uxia Taboada Ricoy, Stella García Orgeira, Sara García Babío y Lucía Sánchez Fernández, acompañadas pola  profesora Elisa Bentos-Pereyra participaron, na modalidade de Disertación filosófica, na VI Olimpíada Filosófica de Galicia, celebrada en Santiago de Compostela.

Na Facultade de Filosofía, xunto a compañeiros representantes de moitos institutos da Comunidade, pensaron e escribiron sobre o tema: APARIENCIA e REALIDADE.

Grazas a todas polo  esforzo e por participar.

Talleres de AUTOESTIMA

O taller levarase a cabo NUNHA ÚNICA SESIÓN para todo o alumnado da ESO Será impartido por unha voluntaria da Cruz Vermella experta neste tema. A sesión para cada grupo e o día previsto pódese ver nesta táboa.

  XOVES (23/05) LUNS (27/05) MARTES (28/05) MÉRCORES (29/05)
08:45-09:35        
09:35-10:25   4º A (TIT) 4º B (TIT)  
10:40-11:30   2º A (MAT-Tit)   1º B (EF-Tit)
11:30 -12:20     1º C (LC-Tit)  
12:40-13:30 1º A (FRA.Tit) 4º C (REL-VAL) 3º B (BIXE-Tit) 3º C (FQ-Tit)
13:30:14:20 2º B (XH-Tit)   1º D (BIXE-Tit)  
         
16:30-17:20   2º c (Tit)    
17:20-18:10   3º A (MATE-Tit)    

Actividades maio 2019

XOVES, 2  DE MAIO

DPTO. XEOGRAFÍA E HISTORIA

Obradoiro Arqueoloxía 1º ESO

BIBLIOTECA

Presentación do libro Cinsa na Boca, da autora e profesora Montse Yoldi. Alumnado 1º Bach A. 10:40 - 11:30 horas.

VENRES, 3 DE MAIO

DPTO. EDLG

CORRELINGUA: Alumnado 3º ESO. 9:45 - 14:20 horas.

MARTES, 7  DE MAIO

DPTO. BIOLOXÍA

Intermareal en Santa Cruz. Alumnado Bioloxía e Xeoloxía 1º Bach A. 11:00 - 14:20 horas.

MÉRCORES, 8  DE MAIO

DPTO. BIOLOXÍA

PLAN PROXECTA: Conferencia alumnado Cultura Científica 4º ESO. 10:40 - 11:30

DPTO. TECNOLOXÍA

CONGRESO FP INNOVA (Santiago Compostela) Alumnado 1º Bach. 8:45 - 20:00 horas

XOVES, 9 DE MAIO

DPTO TECNOLOXÍA

CONGRESO FP INNOVA (Santiago de Compostela). Alumnado 1º Bach. 8:45 - 20:00 horas

DPTO. LINGUA GALEGA E LITERATURA

Representación teatral (Santiago de Compostela). Alumnado 1º Bach. 9:45 - 14:20 horas

VENRES, 10  DE MAIO

CONGRESO FP INNOVA (Santiago de Compostela). Alumnado 1º Bach. 8:45 - 20:00 horas

DPTO. LINGUA GALEGA E LITERATURA

Representación teatral Casa da Cultura Pintor Lloréns. Alumnado 4º ESO. 12:00 - 14:20

DPTO. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

Ruta polo Mandeo (Chelo) e visita ao museo etnográfico. 1º ESO C, B. 8:45 - 14:20 horas

MARTES, 14   DE MAIO

DPTO. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

Ruta polo Mandeo (Chelo) e visita ao museo etnográfico. 1º ESO A, D. 8:45 - 14:20 horas

XOVES, 16   DE MAIO

EDLG - DPTO. LINGUA GALEGA E LITERATURA

Celebración Día das LETRAS GALEGAS. Alumnado ESO, 1º Bach

 

MÉRCORES, 22   DE MAIO

DPTO. FRANCÉS

Ø 

Visita ao PAZO DE OCA 3º da E.S.O.

Ø 

Horario: 8:45 ÁS 14:20 HORAS

LUNS, 27   DE MAIO

DPTO. XEOGRAFÍA E Hª

Ø 

Visita ao Parlamento de Galicia. 4º da E.S.O.

Ø 

Horario: 8:45 ÁS 14:20 HORAS


MARTES, 28   DE MAIO

DPTO. LINGUA E LITERATURA GALEGA

Ø 

Ruta Rosaliana. 3º da E.S.O.

Ø 

Horario: 8:45 ÁS 21:00 HORAS

 


VENRES, 31   DE MAIO

DPTO. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

Gala final Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. 1º ESO. 11:00 - 14:20

Actividades abril 2019

VENRES, 5 DE ABRIL:

Departamento Matemáticas: Rally Matemático en Santiago, alumnado 2º ESO B (9:00 a 15:00 horas)

LUNS, 8 DE ABRIL:

Departamento Bioloxía e Xeoloxía: Charla taller alimentación impartida para alumnado de 4º e 2º ESO (16:30 a 18:10 horas)

Departamento Educación Plástica: Visita ao CIEC Betanzos. Alumnado 2º e 4º ESO (9:35 a 13:30 horas)

MARTES E MÉRCORES, 9 E 10 DE ABRIL:

Departamentos de Latín, Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Filosofía, Francés e Inglés: Performance "Eros e a orixe", ao longo da mañá na antiga aula do ciclo para todo o alumnado do centro.

DO MARTES 23 AO LUNS 29 DE ABRIL:

Departamento Francés: Programa Intercambio IES Isaac Díaz Pardo, Lycée Jeanne d'Arc e Lycée Saint-Jean-Baptiste da cidade francesa de Reims. Viaxe a Reims. 22 alumnos e alumnas de 3º, 4º ESO e 1º Bach.

MÉRCORES, 24 DE ABRIL:

Departamento de Tecnoloxía: Programa Lanzadeiras, Visita Pull & Bear, alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO A, B e de Economía e Tecnoloxía Industrial de 1º Bach B.

LUNS, 29  DE ABRIL

DPTO. LINGUA E LITERATURA CASTELA: CHARLA coa escritora Elvira Menéndez, alumnado de 2º E.S.O. Horario: 16:30 ás 17:20.

DPTO. BIBLIOTECA: Presentación do libro de Rubén Anido “QUE VEN KOKOLKA”, alumnado de 1º BAC. Horario: 17:20 ás18:10

MARTES, 30 DE ABRIL:

Departamento de Tecnoloxía: Programa Lanzadeiras, Visita Pull & Bear, alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO C e de Economía e Tecnoloxía Industrial de 1º Bach C e A.

Intercambio Reims - Sada

Na semana do 11 ao 15 de marzo recibimos no centro a un grupo de alumnado e profesorado dos centros Lycée Jeanne d'Arc e Lycée Saint-Jean-Baptiste da cidade francesa de Reims.

A actividade está organizada polo departamento de francés.

Ao longo da semana farán unha serie de visitas culturais, así como actividades pedagóxicas que figurarán en E-Twinning.

Xornalismo na escola. IV Edición

Os días 11 e 18 de febreiro de 2019, o alumnado de 4º da ESO asistimos a un obradoiro de xornalismo dividido en dúas sesións. Foi impartido por Pablo Díaz, xornalista e sobre todo un gran comunicador, que logrou achegármonos ao mundo dos medios de comunicación, dunha forma amena, tamén aprendemos a identificar a manipulación, as noticias falsas e os bulos que pululan na actualidade polas redes sociais.

En definitiva, desenvolvemos un pouquiño máis o noso espírito crítico e aprendemos a identificar as fontes fiables para non ser manipulados/as.                              

                                                         Lara Cao, Roberto Muíños e Mencía Cabalar

GenTech: DigiTalent

Ciclo de accións divulgativas enmarcadas dentro do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, Digitalent 2020, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Xunta de Galicia. O obxectivo é fomentar o atractivo vocacional cara ás carreiras profesionais STEM (Ciencias, Enxeñería, Tecnoloxía e Matemáticas) dende as primeiras etapas escolares, rachando as barreiras entre mozos e mozas neste tipo de carreiras.

O xoves, 14 de febreiro, dous traballaldores de Altia, empresa adherida ao Pacto Dixital da Xunta de Galicia, desprazáronse ata o centro co propósito de espertar o "gen tecnolóxico" no alumnado de Robótica, Tecnoloxía Industrial e TIC de Bacharelato, propoñéndolles o "Desafío GenTech": Concurso de ideas para xerar solucións tecnolóxicas innovadoras para mellorar o ámbito educativo.

Veremos se algún equipo anímase a participar!!!!

Literatura Galega do S. XX e Actualidade

Montaxe audiovisual a partir dunha Cousa de Castelao. Representación logo da lectura e comprensión de textos literarios na materia de Literatura Galega do S. XX e Actualidade

 Parabéns polo entusiasmo e ilusión

Distribuir contido


by Dr. Radut