Skip to Content

Complementarias

Certame Luisa Vilalta

ACTO NA CASA DA CULTURA PINTOR LLORENS DE SADA

O pasado venres 24 de maio de  2013 na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada tivo lugar a xa tradicional  celebración das Letras con un acto para toda a comunidade e ao que asistiron tamén as máxima autoridades do noso concello: o alcalde, D. Ernesto Anido Varela e a concelleira de cultura, Dna. Almudena Pena Álvarez, e outros concelleiros.

O acto comenzou lembrando ao autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013, Roberto Vidal Bolaño, e con unha representación dun anaco dunha das súas obras por parte de alumnos de 2º , 3º e 4º de ESO.

A continuación proxetouse o video gañador do “Correlingua” deste curso  producido por GALLAECIA FILMES, a productora de audiovisuais  creada no instituto ao abeiro do proxecto DCine coordinada polo noso compañeiro Xosé Seoane.

En lembranza á nosa compañeira Luísa Villalta e no décimo aniversario do Certame que leva o seu nome, estreouse o videodocumental  “Luísa Villalta, Paixón e Compromiso” elaborado por Xosé Seoane e a súa productora GALLAECIA FILMES. Ben, cómpre aquí expresar a nosa admiración pola exquisitez na elaboración deste Documento Vital de Luísa e o noso agradecemento a todo o equipo que traballou nel, en especial ao seu director, Xosé Seoane.

Ao final do acto entregáronse os premios literarios do noso X Certame Literario Luísa Villalta. Na modalidade de narrativa:

Manuel Couce Sánchez, alumno de  4ºB do noso instituto levou o primeiro premio.

Parabéns, Manuel, neste ano fructífero en galardóns para ti. Manuel tamén gañou o primeiro premio do XXIII certame de relatos curtos do concello de Miño.

Ismael Gil Candal, alumno de 2º bacharelato do IES María Casares acadou o 2º premio.

Parabéns para él, esperamos que este premio sexa o primeiro de moitos máis para él.

 

Para rematar agradecemos a todos a vosa colaboración neste tradicional acto e ata o ano que vén!

As fotos do certame 

O noso alumno Manuel Couce Gañador do certame

EXPOSICIÓN

 

EXPOSICIÓN NO NOSO CENTRO

EN COLABORACIÓN COS DEPARTAMENTOS DE PLÁSTICA, LINGUA GALEGA E A BIBLIOTECA

ORGANIZADA E DESEÑADA POLA NOSA COMPAÑEIRA DE PLÁSTICA, CELIA PERNAS,  MÓSTRASE  ESTES DÍAS  UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O LIBRO:

 A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA,  DE JOSE MAURO DE VASCONCELOS,

UNHA HISTORIA QUE OS NOSOS ALUMNOS COÑECEN DAS SÚAS LECTURAS NA ESO, ILUSTRADA POLO NOSO COMPAÑEIRO FERNANDO ALONSO ANDÚJAR. DENDE AQUÍ DÁMOSLLE OS PARABÉNS AO NOSO COMPAÑEIRO NA SÚA AVENTURA ARTÍSTICA COMO ILUSTRADOR.

De Exposición

Parabens

San Valentín

Aqui unhas pouquiñas fotos do San Valentín

De Entroido

E maís fotos do entroido

 

De Entroido

ACTO NA CASA DA CULTURA PINTOR LLORENS DE SADA

Fontes e Lavadoiros de Sada

O pasado venres 18 de xaneiroDE 2013 ÁS 20.00na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada tivo lugar a presentación pública do curto FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE SADA, auspiciado polo EDlG do noso centro, realizado por GALLAECIA FILMES, a productora de audiovisuais  creada no instituto ao abeiro do proxecto DCine,  que se está a levar a cabo no centro.

Parabéns a tódolos alumnos que dalgún xeito participaron na súa elaboración e ao seu profesor e compañeiro noso, Xosé Seoane polo traballo ben feito. Esperamos que sigan con ese entusiasmo e ilusión o seu labor e nos obsequien este curso con algún outro. 

As fotos do Nadal

 

Todas as Fotos do derradeiro Nadal

De Nadal 2012-13

 

 

Último día antes do nadal

Bo Nadal e feliz 2013!!!

De curso12-13

 

“Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de memorias dun neno labrego”

 

LUNS 26 DE NOVEMBRO ÁS 12H tivo lugar no noso centro a inauguración oficial da exposición itinerante:

“Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de memorias dun neno labrego”

 

UBICADA NO PATIO CENTRAL DO NOSO INSTITUTO,  

CONTAMOS COA PRESENCIA DE XOSÉ NEIRA VILAS, O ALCALDE DE SADA E A CONCEILLEIRA DE CULTURA AMÉN DE OUTRAS AUTORIDADES.

 

Durante estes días o noso instituto acolle a exposición itinerante “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego” coa finalidade de achegarlle á comunidade educativa a vida e obra de Xosé Neira Vilas. A mostra chega a Sada por medio da colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Concello e co impulso da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e a nosa ex-bibliotecaria pero compañeira e colaboradora nos labores da nosa biblioteca: Marisa Naveiro.

 

Contidos da exposición

‘Querido Balbino’ articúlase en torno a dous eixos que guían ao espectador a través dun túnel de vitrinas. Dun lado, aparece representada a traxectoria vital do escritor a partir de fotografías, documentos e correspondencia que serven para marcar diferentes momentos relevantes da súa biografía. Doutro, diversos documentos e materiais amosan o periplo seguido polo propio libro e polo protagonista. Así, a mostra lembra as edicións, as adaptacións teatrais e audiovisuais que tomaron como referencia Memorias dun neno labrego -da que se levan sacado do prelo máis de 600.000 exemplares a día de hoxe- e conta cunha parte audiovisual na que se proxecta un documental sobre Balbino.

A mostra-homenaxe presenta tamén trece obras pictóricas de autores galegos, inspiradas no protagonista de Memorias dun neno labrego, concretamente de Paco Lareo, Chema Pazos, Rofer, Siro López, Damian Paio, Esperanza Lema, Antón Pulido, Xoán Domato, Xaquín Marín ou Sabela Arias entre outros. A visita inclúe un catálogo explicativo ilustrado por comentarios aparecidos ao longo destes 50 anos de vida da obra e exhibe un documento único: a Carta a Balbino que Xosé Neira Vilas lle dedicou ao seu “fillo” literario.

Achegarlle as letras galegas á cidadanía

A exposición fai parada en Sada tralo seu paso -dende abril de 2011- polas bibliotecas e museos de Galicia e mais por localidades como Celanova, Verín, Lalín, A Estrada, Ponteceso, Betanzos, Ribeira ou Oleiros. A través da súa itinerancia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística quere seguir dinamizando a lingua a través das nosas letras e tamén impulsar o gusto pola lectura entre a cidadanía, nomeadamente entre as persoas máis novas, redescubrindo a que xa é unha das pezas máis emblemáticas da literatura galega.

 

 

Saida de 4º ESO a Fundación Barrié

Neste enlace tendes as animacións (pequenas películas tipográficas) que realizaron os alumnos de 4º da ESO na actividade de "Type in Motion" na Fundación Barrié de A Coruña, o día 5 de xuño.

Ademáis dunha visita á exposición do Museo do Deseño de Zurich, na que se mostra máis de 100 obras de 80 deseñadores recoñecidos sobre a tipografía dinámica nos distintos medios: anuncios, curtametraxes, gráficos animados, videos musicais, etc., os alumnos realizaron no taller unha actividade por grupos consistente nunhas animacións coa técnica /Stop-Motion/ (foto a foto), técnica que permite animar e dar movemento a calquera obxecto.

Antroido FOTOS... TODAS XA

Unhas fotos da festa. Pronto poñermos maís

 

Ver fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut