Skip to Content

Certame Luisa Vilalta

ACTO NA CASA DA CULTURA PINTOR LLORENS DE SADA

O pasado venres 24 de maio de  2013 na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada tivo lugar a xa tradicional  celebración das Letras con un acto para toda a comunidade e ao que asistiron tamén as máxima autoridades do noso concello: o alcalde, D. Ernesto Anido Varela e a concelleira de cultura, Dna. Almudena Pena Álvarez, e outros concelleiros.

O acto comenzou lembrando ao autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013, Roberto Vidal Bolaño, e con unha representación dun anaco dunha das súas obras por parte de alumnos de 2º , 3º e 4º de ESO.

A continuación proxetouse o video gañador do “Correlingua” deste curso  producido por GALLAECIA FILMES, a productora de audiovisuais  creada no instituto ao abeiro do proxecto DCine coordinada polo noso compañeiro Xosé Seoane.

En lembranza á nosa compañeira Luísa Villalta e no décimo aniversario do Certame que leva o seu nome, estreouse o videodocumental  “Luísa Villalta, Paixón e Compromiso” elaborado por Xosé Seoane e a súa productora GALLAECIA FILMES. Ben, cómpre aquí expresar a nosa admiración pola exquisitez na elaboración deste Documento Vital de Luísa e o noso agradecemento a todo o equipo que traballou nel, en especial ao seu director, Xosé Seoane.

Ao final do acto entregáronse os premios literarios do noso X Certame Literario Luísa Villalta. Na modalidade de narrativa:

Manuel Couce Sánchez, alumno de  4ºB do noso instituto levou o primeiro premio.

Parabéns, Manuel, neste ano fructífero en galardóns para ti. Manuel tamén gañou o primeiro premio do XXIII certame de relatos curtos do concello de Miño.

Ismael Gil Candal, alumno de 2º bacharelato do IES María Casares acadou o 2º premio.

Parabéns para él, esperamos que este premio sexa o primeiro de moitos máis para él.

 

Para rematar agradecemos a todos a vosa colaboración neste tradicional acto e ata o ano que vén!

As fotos do certame 

O noso alumno Manuel Couce Gañador do certame



blog | by Dr. Radut