Skip to Content

Actividades Xaneiro 2018

Do 6 ao 13 de xaneiro: Viaxe a Andorra. Actividade organizada polo Departamento de Educación Física.

Do 10 ao 12 de Xaneiro: Programa Socioeducativo da Deputación da Coruña de Prevención da Violencia de Xénero: Suprime o control. Participa alumnado de 3º e 4º ESO.

!5 de Xaneiro: Alumnado de Bacharelato que cursa Historia, asistirá a unha charla sobre o libro Meirás, un pazo, un caudillo, un expolio. Falarán os autores do mesmo. A actividade está organizada polo Departamento de Xeografía e Historia e terá lugar na sala de Usos Múltiples do centro.

18 de Xaneiro: O Equipo de Dinamización Lingüística organiza unha charla sobre Prexuízos Lingüísticos destinada ao alumnado de 3º de ESO. Será impartida por Mercedes Queixas, autora de numerosas publicacións que teñen relación con este tema. CAMBIO DE DATA: 8 DE FEBREIRO 2018

19 de Xaneiro: Presentación "Somos reserva da Biosfera" - Programa de Educación Ambiental Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Destinatario: alumnado 1º ESO.

25 de xaneiro: Alumnado de 2º Bacharelato visitará o Arsenal de Ferrol e o Castelo de S. Filipe. A actividade está organizada polo Departamento de Xeografía e Historia.

26 de xaneiro: A importancia da auga. Participación no concurso A Auga non para! - Programa de Educación Ambiental Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Destinatario: alumnado 1º ESO.



page | by Dr. Radut