Skip to Content

eduMOTIVA

O alumnado de TIC  e Robótica de 1º Bacharelato visitará o 20 de marzo de 2018 o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS)

A visita será guiada e incluirá demostracións interactivas das liñas de investigación do CiTIUS. O alumnado poderán descubrir:

  • A Nao, o noso pequeno robot humanoide.
  • Como se orientan os robots para desprazarse.
  • Visualización de moléculas e órganos humanos en 3D co noso sistema de realidade virtual.
  • Como funciona o Kinect e para que o usamos en investigación.
  • Para que se empregan os chips de visión artificial.
  • Como é un Centro de Procesado de Datos (CPD) por dentro.

A visita inclúe a charla sobre "Máquinas intelixentes"

 



page | by Dr. Radut