Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro de Anuncios, Xunta de Delegados, Exames, Bolsas, Ofertas de Emprego

Xuntanza do Club de Lectura

O pasado luns, 26 de outubro tivo lugar a primeira xuntanza dos clubs de lectura do noso Instituto. Por unha banda reuniuse o Club de Galego  que despois da presentación e organización de horarios decidiron, que como estaba preto o Samaín, facer o xogo do Cadáver exquisito que tivo como  resultado final a historia que amosa a fotografía seguinte.

Logo fixeron un comentario das lecturas fantásticas e de terror que elexiran para ese día.

Xuntanza do Club de Conversa en Inglés

O vindeiro xoves, día 5 de novembro, terá lugar no hall do instituto a primeira xuntanza do Club de conversa en inglés.

Dada a gran acollida que tivo este club, 40 apuntados, realizarémola a xeito de “acampada” onde os membros se presentarán e logo farán un xogo que as coordinadoras prepararon para este primeiro día a modo de “quebraxeos” e para darlle un ton máis lúdico e divertido.

Mercedes Rodríguez Quintas fala da súa experiencia (Linguas Estranxeiras)

O día 21 de outubro ás 10.30 tivemos a sorte de poder escoitar a experiencia vital e académica da nosa antiga alumna Mercedes Rodríguez Quintas. Os estudantes de 2º de Bacharelato participaron nesta charla e realizaron preguntas a Mercedes. Moitas grazas pola súa colaboración!

Recursos de Infomación Académica (III)

(Si pulsas na imaxe terás ao teu alcance dez recursos para obter información e orientación académica)

 

3º Concurso de Calacús - Samaín 2015

DATA:  Do luns 26 ao mércores 28 no recreo da mañá

LUGAR DE ENTREGA: Biblioteca

DATA E LUGAR DE ENTREGA DE PREMIOS: xoves 29 no salón de actos ás 11:20

BASES:

  1. Pode participar calquera membro da comunidade educativa.
  2. As cabazas poden ser elaboradas en calquera material (natural, cartón, poliespan, goma eva, metal,…).
  3. Cada cabaza debe levar escrito manualmente, en papel ou cartolina, un conxuro (meigallo) que pode ser inventado ou tradicional.
  4. Haberá catro premios:
    • Ao máis artístico: Unha cea na zona dos viños de Verín.
    • Ao máis elaborado: Unha noite nun hotel de Ourense cunha sesión de baño e masaxe nas Termas das Burgas.
    • Ao máis enxebre: Un paseo en catamarán polo Sil, a elexir a época.
    • Ao mellor conxuro: Unha cesta con produtos típicos de diversas zonas de Galicia.

Club de conversa en Inglés

O vindeiro mes de novembro dará comezo unha nova actividade promovida pola Biblioteca do centro e coa colaboración do Departamento de inglés. Trátase dun grupo de conversa en inglés que está aberto a tódolos membros da comunidade educativa do centro e que ten como obxectivo mellorar a fluidez e a comprensión oral do inglés, empregándoo ,  ao tempo que nos divertimos e facemos amigos…

           O grupo reunirase nun principio unha vez ao mes polas tardes, dende novembro a xuño e será coordinado polas profesoras de inglés do colexio e a profesora de Relixión quen conta coa experiencia de ter vivido en EE.UU durante un período de tempo.

Distribuir contido