Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro de Anuncios, Xunta de Delegados, Exames, Bolsas, Ofertas de Emprego

Alumnos do IES García Barbón contra a violencia de xénero

Neste vídeo o alumnado do noso centro quixo manifestarse en contra de todo tipo de violencia de xénero, a través de lemas que cada un foi escribindo en cartolinas ou no seu propio corpo. Quizabes algún día, quen sabe, estes "berros" comprometidos logren erradicar a violencia de xénero na nosa sociedade.

 

Viaxe pedagóxica a Porto do alumnado de 2º de Bacharelato

Fai uns días, os nosos alumnos de 2º de Bacharelato foron de excursión a Porto (Portugal), onde puideron ver os principais atractivos turísticos da cidade e combinaron unha viaxe pedagóxica e de lecer. Dende aquí, agradecer o bo ambiente da viaxe.

Ademais, os nosos alumnos quixeron agradecer a implicación do profesorado que participou na excursión, o que nos anima a seguir organizando actividades deste tipo.

Nadal Solidario no IES García Barbón

No IES García Barbón (un ano máis) propoñemos -unha iniciativa do Departamento de Relixión- para levar adiante un NADAL SOLIDARIO. 

Cada membro da comunidade educativa pode achegar a súa aportación de alimentos non perecedeiros, xoguetes,....

Entre todos e todas faremos posible un Nadal Solidario. Temos unha mesa -na entrada do centro- na que imos depositando as achegas. 

Moitas grazas!!!!!

Blogs de Orientación do IES García Barbón, finalistas nos Premios OrienTapas 2015

Dous blogs de Orientación do IES García Barbón son finalistas nos Premios OrienTapas 2015. Moitas grazas polo recoñecemento!

Animádevos a votar polos dous blogs nos Premios Orientapas 2015

(para votar, premer AQUÍ)

Alumnado de TCAE do IES García Barbón visitou o Hospital de Verín.

Os alumnos de TCAE do IES García Barbón visita o Hospital de Verín onde puideron ver de primera mao o aspecto práctico da profesión para a que están a estudar.

Charla informativa sobre VIOLENCIA DE XÉNERO - "Non só doen os golpes"

Interesante, útil e moi necesaria charla informativa sobre VIOLENCIA DE XÉNERO, "Non só doen os golpes", impartida por Carmen (traballadora social) e Manoli (educadora social) do Concello de Verín. Moitas grazas as dúas pola vosa colaboración!

Asistencia ás V Xornadas Galegas de Saúde Sexual en Pontevedra

 

O pasado día 7 de novembro, os estudantes do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría do IES García Barbón participaron nas V Xornadas Galegas de Saúde Sexual en Pontevedra.

Podedes ler máis información deste ciclo no Faro de Vigo no seguinte enlace (PREMER AQUÍ)

Distribuir contido