Saltar navegación.
Inicio

Charla 2º CM de Electromecánica de Vehículos

O día 25 de febreiro (xoves) o exalumno Jaime Diéguez Gallego, representante de Taller Agrícola Jaime, ubicado e San Cibrao (Oimbra) impartíu unha charla ós alumnos de 2º CM de Electromecánica de Vehículos sobre a súa traxectoría dende que rematou os estudo no IES García Barbón de Verín(Ourense)  ata o día de hoxe.

Jaime, rematou os estudos de CM de Electromecánica de Vehículos hai catro anos, logo fixo o Ciclo Superior de Automoción. Ó rematar o ciclo superior de Automoción decidíu probar nos talleres de mecánica agrícola onde estivo contratado sobre un ano - nun taller de tractores- e aquí descubríu que esta especialidade era a que mais lle gustaba e así decidíu montar o seu propio taller.

Abríu a empresa en outubro do 2020 e xa empezou con un empregado.

Fíxose énfase na importancia de esforzarse, ser ambiciosos e loitadores para conseguir os obxectivos previstos.