Saltar navegación.
Inicio

Bitácoras

Programa Orienta 2017-2018 para os estudantes do IES García Barbón

A nova versión actualizada do Programa Orienta 2017-2018 xa esta á disposición dos estudantes do IES García Barbón.

Temos a posibilidade de utilizar unha versión en liña -que se chama Orientaline- e que proporciona unha boa parte da información e dos recursos do programa orixinal.

O recurso está aquí: http://orientaline.es/?yafxb=41564

Tamén se pode descargar a versión completa do Programa Orienta 2017/2018. Para iso tedes que premer na ligazón que se facilita:

                                                                              

O programa presenta unha información moi completa e detallada dos diferentes títulos de Formación Profesional, dos graos universitarios, dobres graos e estudos de máster. Tamén ofrece datos sobre notas de corte, saídas profesionais e mercado laboral.

Complementariamente, dispoñemos de distintos cuestionarios que nos axudan na toma de decisións de futuro  –cuestionarios para estudantes de 4º de ESO, alumnado de Bacharelato e cuestionario de profesións-.

Presenta os múltiples itinerarios académicos a partir de 4º de ESO e facilita información sobre as ensinanzas especiais –artísticas, musicais, danza e arte dramática-. Tamén podemos atopar datos sobre outros estudos (ensinanzas deportivas, policia, idiomas, etc).

Persoas con prazas adxudicadas en Formación Profesional no IES García Barbón

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario.  O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 18 de xullo ata as 13:00 horas do luns 24 de xullo de 2017. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

Distribuir contido