Saltar navegación.
Inicio

Bitácoras

Celebración do 25 de Novembro - Día Internacional contra a violencia de Xénero

Mural feito con Pallet coa colaboración de Bea, Marta, Carmen, Elena, Cristina dos Departamentos de Lingua Galega e Literatura, Matemáticas e Economía, FP básica de 1º de Xestión Administrativa e Administrativo, e todolos seus alumnos.

Sexta semana Escolar da Provincia no IES García Barbón

Celabramos a 6ª Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación, este ano adicado ó Reino Suevo. O noso Centro, en colaboración co profesorado de diversos departamentos, especialmente a profesora Tania que elaborou os murais temáticos, levou a cabo unha serie de actividades. Dende o EDL creamos un espazo lector onde os alumnos puideron recoller os manuais e facer unha posta en común dos seus contidos xunto con outras actividades de aula.

Visita TCAE e Anatomía a Barcelona

Os días 13 e 14 de novembro @alumnos de TCAE , Anatomía de 1º BAC e as profes, visitamos Barcelona. Participamos en varias actividades, visita o museo #Cosmocaixa, aprendemos catalán coa conferencia la Magia de la Química en #IQS, resolvemos o asasinato de Manolo Latorre en #GoldenPop, e disfrutamos novamente coa exposición de #HumanBodies. Días intensos e xeniais.

Chega o Magosto O García Barbón!!!

MURAIS DE OUTONO 

Durante este de mes de novembro desenvolvéronse no IES García Barbón diversas actividades relacionadas coa estación outonal. Unha das máis creativas resultou ser a elaboración de varios decorados que ambientaron os corredores do centro cun remuíño de sensacións visuais cargadas de ocres, amarelos, verdes e vermellos saídos das platinas dos alumnos de FP Básica de Automoción e deAdministrativo que da man das súas profesoras Marta, Ana e Carme xunto co EDL puxeron as notas de cor.

Pódese aprender máis sobre a estación do outono: https://gl.wikipedia.org/wiki/Outono

 

SENSACIÓNS DE OUTONO. MAGOSTÍZATE

O Magosto é unha festa tradicional galega en que o lume e as castañas xogan un papel fundamental.Un ano máis o EDL celebramos o Magosto con produtos típicos da nosa zona e este ano quixemos abrir o abano ós doces elaborados con fariña de castaña así que alumnos e profesorado participamos nunha degustación de galletas, bica, tortas, pudin etc. Todo o repertorio tivo como ingrediente base a raíña do outono, a castaña e ao mesmo tempo demos a coñecer empresas que están a comercializar este tipo de produtos e que teñen máis proxección fóra ca dentro das nosas fronteiras así que dende aquí animámosvos a que investiguedes e consumades este tipo de delicias elaboradas en Galicia.

Para saber máis sobre o magosto: https://gl.wikipedia.org/wiki/Magosto

 

 

Actividades de 2ºFPB de Servizos Administrativos

"AUTOCONFIANZA"

Traballamos na hora de titoria, este aspecto tan relevante na adolescencia, xa que é cando a persoa comenza a redescubrir o mundo, emprender accions e resolver problemas cos que nunca antes se enfrentara con tanta autonomía.

Intentouse que comprendesen que as persoas que confían en sí mesmas, pensan que son capaces de faer as cousas ben e, por tanto, non teñen medo de facer esas cousas ou incluso probar cousas novas.

Convocatoria de cursos de Aula Mentor en el marco de formación permanente del profesorado 2018/2019

 

Para máis información abrir o arquivo adxunto.

Unha maneira de planificar o noso tempo es estudo

Unha maneira de planificar o noso tempo es estudo

IES GARCÍA BARBÓN SAMAÍN 20018

             Samaín 2018 no IES García Barbón     

Un ano máis chegou a festividade de orixe celta aos corredores do centro. O EDL en coordinación cos departamentos de FOL, Filosofía, Administrativo, Matemáticas e Lingua e Literatura Galega vestiron de cabazos o centro para dar a benvida ao aninovo celta e despedir o verán.

Foi unha xornada cultural, lúdica, máxica, chea de tradición e festa.

Se queredes saber máis sobre esta tradición celta lede aquí:

https://portaldaspalabras.gal/lexico/mira-que-din/samain/

 

 

Clases de Debuxo Artístico - IES García Barbón

Os Alumnos de Bacharelato do IES García Barbón, Realizan un modelado do seu calzado en clase de Debuxo, coa axuda do seu Profesor D. José Carlos Mato Bugallo.

pincha na imaxe se desexas ver máis traballos!!!

 

Distribuir contido